viernes, 7 de febrero de 2020

Ranking Web de Universidades - Webometrics: actualización xaneiro 2020


Con motivo da actualización a semana pasada do Ranking Web de Universidades, nesta publicación comentaremos brevemente os resultados obtidos, especialmente os datos que afectan á UDC. Este ranking é publicado polo Laboratorio de Cibermetría, grupo de investigación que pertence ao Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), para medir a presenza na web e a visibilidade das universidades e institucións de educación superior. Dende 2004, publícase dúas veces ao ano: unha a finais de xaneiro e outra a finais de xullo.

As institucións de educación superior aparecen clasificadas de acordo a 4 criterios:
- presenza: número de páxinas web do dominio principal da institución. Inclúe tódolos subdominios. Ten un valor do 5%.
- impacto: constrúese a partir das ligazóns recibidas de terceiros. Ten un valor do 50%.
- apertura: número de citas dos principais autores segundo a fonte Google Scholar Citations. Ten un valor do 10%.
- excelencia: inclúe os artigos de calidade situados entre o 10% máis citado de cada especialidade. Ten un valor do 35%.

No que respecta a España, os primeiros postos ocúpaos a Universidad de Barcelona e a Complutense de Madrid. A UDC atópase no posto 35 de 262 institucións incluídas. As outras universidades galegas, Santiago e Vigo, ocupan as posicións 14 e 56 respectivamente.
A nivel de Europa, liderada pola Universidad de Oxford, a UDC aparece no posto 344 de 4481, e a nivel mundial, no que se atopa en primeiro lugar a Universidad de Harvard, a UDC ocupa o posto 840 das máis de 11000 instituciones incluídas. Estes datos sitúan á UDC entre o 7% das universidades con maior rendemento web do mundo, entre o 7% en Europa e entre o 14% en España.
Por indicadores, a UDC sitúase no posto 462 en presenza (21º posto a nivel de España), no 1258 en impacto (39º posto a nivel España), no 681 en apertura (35º posto a nivel de España), e no 1004 en excelencia (37º posto a nivel de España).

No hay comentarios: