viernes, 28 de febrero de 2020

O output da actividade científica da UDC na Web of Science e Scopus: 2009-2019


Con esta publicación, iniciamos as series anuais que viñamos dedicando ao estudo da produción científica da UDC. Comezamos coa análise dos datos relativos ó output da actividade científica da UDC nos últimos 10 anos segundo as bases de datos da Web of Science (WoS) e Scopus. Constitúen o seu output os artigos, actas de congresos, libros e capítulos de libros…elaborados polo seu PDI, é dicir, a produción científica da universidade. 
Segundo a base de datos Web of Science, na década transcorrida entre 2009 e 2019 atopamos en WoS 11.358 documentos, dos que 3.361 están en acceso aberto. Se comparamos estes datos coa análise do período 2008-2018 realizado o ano pasado nestas datas, observamos un lixeiro ascenso tanto no número de documentos como na súa dispoñibilidade en aberto (10.233 documentos e 2.500 en acceso aberto no período 2008-2018).
Tendo en conta as áreas de investigación, na seguinte imaxe podemos comprobar que as 3 áreas cun maior número de documentos seguen sendo Enxeñaría, Ciencias da Computación e Química:


Respecto aos tipos de documentos, os artigos son claramente a tipoloxía máis numerosa, con 7.986 documentos (o 70,31%), seguidos das ponencias de congresos con 1.366 (o 12,02%) e os resumos de comunicacións con 1.216 (o 10,70%), tal e como se observa nesta táboa:



No seguinte gráfico podemos ver o número de documentos por ano. Debemos especificar que os datos de 2019 aínda non son comparables aos dos anos anteriores, xa que non recollen tódolos traballos publicados en 2019, dado o breve lapso de tempo transcorrido dende o fin de ano. Os datos dos anos entre 2009 e 2018 xa se poden considerar consolidados polo paso de polo menos un ano:  

Pola súa banda, na base de datos Scopus, na década transcorrida entre 2009 e 2019 figuran 11.427 documentos, dos que 2.389 están en acceso aberto. Do mesmo xeito que sucedía con WoS, obsérvase un aumento do número de documentos con respecto a análise do período 2008-2018.
Segundo as áreas de investigación, o seguinte gráfico amosa que a maioría de documentos pertencen a “outros”, é dicir, non pertencerían a ningunha das materias sinaladas. Medicina e Ciencia da Computación serían as outras dúas áreas con máis representación:  

Se temos en conta os tipos de documentos, ao igual que no caso de WoS, os artigos son a tipoloxía máis numerosa, cun 70,8%, seguidos moi de lonxe das ponencias de congresos (15,4%):


A evolución do número de documentos por ano podémola analizar no seguinte gráfico, no que observamos que, agás no ano 2014 que hai unha pequena baixada, a tendencia habitual é en aumento:

 

No hay comentarios: