Estes recursos temporais débense
en gran parte á situación de confinamento, que fixo que moitas editoriais
ofrecesen recursos en aberto ou ben de forma temporal. Na web da biblioteca
podédelos atopar na páxina “A BUDC queda na casa”, páxina de información
da biblioteca durante a crise do coronavirus:
- Ebooks Academic Complete: acceso gratuíto ata o 30 de xuño a esta colección de libros electrónicos de Proquest de carácter multidisciplinar. Cobre máis de 150.000 títulos das principales editoriais e todos os libros ofrecen descargas de capítulos sen DRM coa capacidade de resaltar, citar e anotar. Podedes atopar información en castelán sobre esta colección nesta ligazón.
- Walter de Gruyter: acceso gratuíto ata o 30 de xuño a máis de 80.000 libros da colección de Walter De Gruyter, que abrangue diversos campos temáticos.
- ClinicalKey Student: plataforma de ensinanza e aprendizaxe en enfermaría accesible gratuitamente ata o 30 de xuño. Para acceder a este recurso é necesario autenticarse previamente e despois hai que crear unha conta de usuario.
- Health Library: colección de libros de texto, vídeos e outros contidos do ámbito das Ciencias da Saúde da plataforma de Wolters Kluwer. Acceso gratuíto ata o 21 de xuño.
- Acland Anatomy: colección de vídeos de anatomía humana da plataforma de Wolters Kluwer. Tamén accesibles ata o 21 de xuño.
- Factiva: é un dos máis grandes agregadores de novas do mundo, que recolle infomación de máis de 32.000 fontes (periódicos, revistas, teletipos, webs, blogs...) de 200 países en 27 idiomas. Proporciona información de diversas materias: empresas, política, tecnoloxía, etc. A biblioteca ten acceso gratuíto ata o 17 de maio.
- SpringerLink: Springer Nature pon en acceso sen restricións ata finais de xuño uns 500 libros de texto en inglés para dar apoio tanto a docentes como estudantes neste período extraordinario.
- Cambridge Core: proporciona acceso a máis de 700 libros de texto de carácter multidisciplinar en formato HTML para a súa lectura.
- Access Medicina: cobre os ámbitos da Medicina, Ciencias da Saúde, Farmacoloxía, Bioquímica, etc, proporcionando acceso gratuíto ata o 1 de xuño á colección completa.
- JoVE: acceso gratuíto ata o 15 de xuño á súa colección de vídeos educativos no eido do STEM.
No hay comentarios:
Publicar un comentario