Coa chegada da fase 2, o sector
cultural da cidade vai retomando a súa actividade presencial. O Museo de Belas Artes, pertencente á Xunta,
foi o primeiro en reanudar a súa actividade dende finais da fase 1. Fíxoo con
certas medidas como a restrición dun terzo do aforo, non poder tocar ningún
elemento do museo ou a imposibilidade de realizar visitas de grupos. A corentena
tivo como consecuencia que a exposición temporal “O legado de Maruxa Seoane” se prorrogue polo
menos ata o outono.
A Fundación
Barrié tamén retomou esta semana a súa actividade cun aforo reducido
a un terzo do total. As mostras que o público pode visitar de novo son “Chagall. Fábulas y
sueños”, “Francisco Llorens”
e unha selección de “La Colección de
Pintura Contemporánea Internacional”. Nesta fundación os
folletos en pLa Colección de Pintura Contemporánea Internacionalapel
substituíronse por códigos QR nas salas de exposición e manterase polo momento
a suspensión das visitas guiadas e talleres didácticos.
A Fundación
Luis Seoane prevé reabrir as súas portas nos vindeiros días e farao
coa ampliación do prazo para ver “Gabinete Voula
Papaioannou” e “Mapa de desexos” de Luis Seoane.
Ademais, hoxe venres reabren
varias salas de exposicións municipais:
- Casa de Cultura Salvador de
Madariaga: inaugúrase a exposición “Desde
mi mirada”, de José Yáñez.
- Kiosco Alfonso: poderá
visitarse a mostra do artista Miguel Zelada.
- Palacio Municipal de María
Pita: acolle unha exposición do pintor Fermín Encinar.
Outros dos museos máis
representativos da cidade, os Museos Científicos (que comprenden a Casa das
Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae), aínda non anunciaron data de
apertura, xa que esperan instrucións ao tratarse de centros interactivos. Dende
o inicio do confinamento a actividade destes museos continuou a través das
redes sociais dunha forma moi activa, difundindo vídeos sobre o coidado dos
animais do Aquarium ou observacións astronómicas, entre outros.
No que respecta aos museos
históricos, como o Arqueolóxico, está previsto que reanuden a súa actividade o
día 2 de xuño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario