A Biblioteca da UDC está a
ofrecer acceso temporal a tres recursos do ámbito da prensa: MyNews,
PressReader e Global Newsstream. Analizaremos a continuación cada un deles.
Proporciónase acceso durante un
mes a esta hemeroteca que recolle todo o publicado na prensa escrita e dixital
en España dende 1996 ata a actualidade, ademais doutros importantes medios
internacionais. Caracterízase por:
- ofrecer acceso a textos
completos e PDF orixinais a todo color.
- ofrecer unha busca tipo Google.
- proporcionar acceso a
diferentes fontes de información de prensa: nacionais, rexionais, económicas,
gratuítas, deportivas, axencias, etc.
Como información complementaria,
podedes consultar esta recensión académica sobre a hemeroteca
realizada por Lluís Codina.
Acceso ata o 6 de xullo a esta
plataforma de prensa que recolle máis de 7000 títulos de periódicos e revistas
de todo o mundo, en máis de 60 idiomas e de moi diversas temáticas. Entre as
súas publicacións atópanse 266 españolas. As revistas e periódicos pódense
seleccionar por países, categorías, idiomas ou tipo de publicación. Ademais da
opción de lectura, ofrece a posibilidade de imprimir páxinas, velas en formato
texto, compartir nalgunha das redes sociais que propón, etc.
É preciso crear unha conta de
usuario para acceder ao contido.
Acceso ata o 17 de xuño a esta
plataforma que recolle novas de todo o mundo desde 1980 ata a actualidade. Os
recursos que recompila son: periódicos, revistas, cables de noticias, novas de
radio e televisión, etc. É unha plataforma idónea para estudos internacionais,
sendo moito máis limitada para estudos de medios en España, xa que só inclúe 6
e cunha cobertura cronolóxica tamén moi limitada.
Como conclusión, podemos sinalar
que estas hemerotecas dixitais son unha importante fonte de información tanto
para os investigadores como para o público en xeral. Grazas á dixitalización da
prensa escrita e á recompilación das fontes dixitais, permítennos coñecer e
consultar os feitos acontecidos no pasado desde diferentes puntos de vista.
Tamén supoñen unha excelente fonte de información para estar ao tanto dos
sucesos máis actuais e obter datos que poden non atoparse aínda noutras fontes
de información.
No hay comentarios:
Publicar un comentario