viernes, 10 de julio de 2020

O impacto da actividade científica da UDC: actualización 2019


Neste post imos actualizar os datos do impacto das publicacións científicas da UDC mediante a análise de citas da Web of Science (WoS).
Limitamos a produción aos anos 2011-2019. Neles e segundo a WoS, publicáronse 9.885 títulos: 
Observamos que a cifra sobe progresivamente nos últimos anos:  

anos 
2011 
2012 
2013 
2014 
2015 
2016 
2017 
2018 
2019 
publicacións 
800
834
906
819
1.214
1.239
1.283
1.313
1.477

En canto ao número de citas anual, é cada vez máis alto. No gráfico pode verse para cada ano o número de citas que recibiron os artigos da UDC publicados nese periodo de tempo:  

anos 
2011 
2012 
2013 
2014 
2015 
2016 
2017 
2018 
2019 
citas 
269
1.517
3.357
5.414
7.850
10.630
14.008
17.685
22.729

O número total de citas foi de 95.258 (79.466 na última actualización de 2018); sen citas propias: 84.937.
O número total de artigos nos que se cita foi de 76.679; sen citas propias: 72.730.
O índice h é 87 (81 na última actualización de 2018).
Por anos, o índice h é o seguinte: 

anos 
2011
2012
2013 
2014 
2015 
2016 
2017 
2018 
2019 
Índice h 
50
51
44
41
41
38
30
27
15

Pode observarse que o índice h descende a medida que nos achegamos á data actual, pero subirá co tempo a medida que se vaian recollendo máis citas.  

Os principais tipos de documentos publicados foron os artigos de revista, seguidos a moita distancia dos resumos de comunicacións 
Por último, as principais fontes de publicación do persoal científico da UDC foron:

No hay comentarios: