viernes, 17 de julio de 2020

Informe IUNE 2020





Vense de publicar a nova versión do Observatiorio IUNE cos datos da actividade investigadora das universidades españolas, tanto públicas como privadas, baseados en catro grandes indicadores: produtividade, colaboración, impacto da investigación e visibilidade. O informe do 2020 presenta os datos que abarcan do ano 2009 ata o 2018, ambos incluídos. Pódese consultar a metodoloxía empregada para a súa realización na seguinte ligazón.

Como cada ano, presentamos os datos de rendemento da UDC para cada un dos indicadores especificados, coa fin de ver a súa evolución grazas á comparación cos informes precedentes. Hai que ter en conta, como xa fixemos constar no post para o informe do 2019, que desde a edición pasada non se rexistran automaticamente os datos dos Institutos de Investigación Sanitaria e/ou Biomédica, xa que, segundo se indica na Nota metodolóxica, estes considéranse consorcios dos que as universidades non son totalmente responsables, aínda que formen parte deles.

Así, na seguinte táboa, de elaboración propia, amósanse os resultados da UDC para cada un dos puntos de avaliación que toma como referencia o IUNE, segundo as estatísticas que se obteñen da base de datos Web of Science:




A continuación, ofrecemos a comparativa xeral da clasificación nos diferentes indicadores entre o informe deste ano e o anterior:




Os números en vermello indican os puntos onde baixou a posición. Polo xeral, esta baixada non é demasiado indicativa, dada a proximidade temporal dos datos analizados, especialmente no que concerne as citas, e o comportamento do resto das universidades, que evidentemente provoca fluctuacións dun ano para outro. De feito, se se observan os datos, pódese comprobar que os valores para cada indicador van subindo practicamente cada ano. Cabe destacar, con todo, a baixada de 5 puntos na colaboración nacional, que si podería indicar un cambio de tendencia, pero haberá que esperar a informes posteriores para saber se esta se consolida ou non.

Para rematar, recordamos que para varios dos indicadores tamén se poden consultar no informe os resultados por áreas de investigación.

No hay comentarios: