Magius, gañador do Premio
Nacional de Cómic 2021, é o creador do cartel
desta primeira edición, que se pode ver na imaxe que acompaña a esta publicación.
Para Sectorial del Cómic,
asociación integrada por persoas e entidades procedentes de diversas áreas
profesionais que compoñen o sector do cómic en España, este acto é unha
ferramenta fundamental para acadar os obxectivos de visibilidade e
recoñecemento que o sector reclama. Habilitouse a páxina web www.DiaDelComic.es,
con información sobre este día e cunha relación de actividades que terán lugar
por toda España. Ademais, as publicacións en redes sociais etiquetaranse co
hashtag #DiaDelComic.
Na actualidade, o cómic en España
é unha industria con máis de 50 editoriais especializadas e un grupo de
librarías especializadas, Zona Cómic.
Ademais, as cifras indican que a cantidade de cómics publicados en España foi
crecendo durante os últimos anos. Así se reflicte nesta ficha
da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Tamén hai máis feiras do cómic, como Viñetas desde o Atlántico,
que se celebra na Coruña anualmente en agosto desde o ano 1998.
No ámbito galego, cómpre destacar
a recente publicación hai uns meses da obra A historia do
cómic en Galicia de Octavio Beares, que conta a evolución da banda deseñada
desde a súa prehistoria ata a actualidade e que temos na colección da
biblioteca. Tamén queremos lembrarnos da exposición BDG70:
a revolta do cómic galego, realizada na Sala Normal da UDC no ano 2016 e da
que xurdiu esta publicación
a modo de memoria gráfica do proxecto expositivo.
No que respecta ao Servizo de
Biblioteca da UDC, algunhas das nosas bibliotecas ofrecen unha moi boa
colección de cómics. É o caso da Biblioteca de Arquitectura Técnica ou da Biblioteca
de Filoloxía. A primeira ofrece nas súas guías temáticas Mulleres
e cómic e Cómic
gallego unha mostra dalgúns dos fondos que alberga. Por outra banda, a
Biblioteca de Filoloxía ofrece no seu Pinterest
os cómics da súa colección.
Outras ligazóns de interese:
- Historia del cómic: guía bibliográfica: elaborada pola Biblioteca Nacional de España, trátase dunha introdución ao mundo da historieta que inclúe un repaso ao seu desenvolvemento a través de máis de 700 títulos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario