viernes, 13 de mayo de 2022

Florencio Delgado Gurriarán, Día das Letras Galegas 2022

Fonte: Real Academia Galega. Imaxe cortesía de Ricardo Gurriarán

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), poeta e intelectual activo no exilio mexicano. Da personalidade de  Florencio  destacouse o seu compromiso coa súa terra, que o levou a vincularse ás Irmandades da Fala, ao Partido Galeguista e ao Partido Nacionalista Republicano de Ourense.

Como poeta escribiu entre dous lugares: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Comezou a publicar poesías en revistas e xornais da súa época como A Nosa Terra ou Heraldo de Galicia, ata que 1934 publica o poemario Bebedeira, obra inspirada na contorna valdeorresa. 

Tras finalizar a Guerra Civil tivo que exiliarse en México, país no que se estableceu definitivamente. No exilio foi responsable intelectual da primeira publicación do Partido Galeguista en México, Cancioneiro da loita galega (1943), obra á que o Consello da Cultura Galega dedica este ano o seu tradicional volume conmemorativo, cunha edición facsímile precedida dun estudo que se pode descargar nesta ligazón.

No exilio tamén participou na fundación e redacción dalgunhas das súas publicacións culturais máis simbólicas, como Vieiros ou Saudade. En 1963 publica o libro de poemas Galicia Infinda, no que o autor mostra a súa admiración polo pobo mexicano.

Xa en 1986 publica O soño do guieiro, libro de poesía no que reflicte a súa defensa da lingua galega e a loita contra o fascismo.

Entre as actividades conmemorativas organizadas con motivo deste día destacamos as seguintes:

  • O Concello da Coruña organiza o 16 de maio dúas visitas ao cemiterio de San Amaro, que este ano cumple 210 anos. Nas visitas se pretende achegar aos visitantes a figuras relevantes da cultura e literatura galegas, todas elas vinculadas ao cemiterio, onde repousan Manuel Murguía, Eduardo Pondal e Curros Enríquez, entre outros.
  • Nas bibliotecas da UDC, a Biblioteca de Filoloxía acolle unha exposición dedicada ao homenaxeado, cos seus poemarios e algúns poemas que apareceron no seu día en distintas publicacións periódicas, ademais de ensaios sobre a súa figura e obra.

Para finalizar, deixámosvos dúas ligazóns ao noso catálogo da biblioteca coas obras que temos de e sobre Florencio Delgado:

- Obras de Florencio Delgado na Biblioteca da UDC

- Obras sobre Florencio Delgado na Biblioteca da UDC

 

Outras ligazóns de interese:

- Blog da Biblioteca da USC adicado á figura e obra de Florencio Delgado Gurriarán                         

- Real Academia Galega-Letras Galegas 2022, con información biográfica, vídeos ou ligazóns de interese sobre o homenaxeado.

- Primavera das Letras: proxecto da RAG para achegar ao público infantil a figura de Florencio Delgado a través de recursos lúdicos e didácticos.

- Consello da Cultura Galega-Florencio Delgado: apartado da web do Consello con toda a información xenerada pola institución acerca do autor: audios con entrevistas, fotografías, etc.

- Novidades editoriais para coñecer a Florencio: recopilación da Real Academia Galega dos volumes publicados nas diferentes editoriais galegas para dar a coñecer a súa figura.

- A poesía de Florencio Delgado faise canción: propostas musicais baseadas na obra de Florencio.

 

No hay comentarios: