martes, 14 de mayo de 2013

Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado do Día das Letras Galegas 2013


O Día das Letras Galegas vén tendo lugar todos os dezasetes de maio desde 1963. A primeira homenaxeada foi Rosalía de Castro, porque precisamente nesta data conmemórase o centenario da primeira edición en 1863 da súa obra Cantares Gallegos.

Este ano 2013, o protagonista das Letras Galegas será o autor, director e actor de teatro Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1950 – Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2002). Vidal Bolaño é unha figura imprescindible para coñecer a dimensión do teatro galego e tamén o dramaturgo máis prolífico da literatura galega, un cineasta que dirixiu teatro porque non puido facer cine.

Se vos interesa coñecer a súa obra podedes consultar no noso catálogo todos os documentos que temos del e sobre el na Biblioteca da UDC. Tamén podedes botarlle un ollo á Guía de lectura elaborada pola Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña ou ao blog que crearon os compañeiros da Universidade de Santiago de Compostela, ademais da páxina da Asociación Roberto Vidal Bolaño, entidade que naceu en 2012 co obxectivo de promover a figura do autor dez anos despois da súa desaparición.

Na Universidade da Coruña haberá diversos actos:

- Hoxe, 15 de maio, na Facultade de Filoloxía ás 13:00 h, inauguración na súa Biblioteca da exposición dos fondos documentais (cartaces, folletos e prensa) do Arquivo-Teatral Francisco Pillado Maior e, a seguir, realizarase unha lectura colectiva de textos.
- O 16 de maio, na Facultade de Economía e Empresa farase o acto de entrega dos premios do II Concurso de relatos curtos, organizado por esta Facultade e que este ano leva como tema a lingua e a empresa. O acto terá lugar na aula 2.11 ás 10.00 h.
- O 22 de maio, na Facultade de Ciencias da Educación, ás 17.00 h, mesa redonda con representantes de diversas asociacións culturais: Lucía Díaz, Zeltia Méndez, Iria López, Álvaro Pérez, María Castro e Abel Vale. Ás 18.30 h, haberá a actuación do grupo Ad Libidum que musicarán poemas do escritor baiés Enrique Labarta Pose.

3 comentarios:

Pedro Incio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Pedro Incio dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Pedro Incio dijo...

Estupendo