viernes, 13 de marzo de 2020

O impacto da actividade científica da UDC: actualización 2019


Continuando coa análise da actividade científica da nosa universidade, nesta entrada do blog mediremos a repercusión da produción científica da UDC mediante a análise de citas da Web of Science (Wos).
Limitamos a produción aos anos 2011-2019. Neles e segundo a WoS, publicáronse 9.982 títulos:  

Vemos que a cifra mantense estable nos últimos anos, cunha pequena subida no último ano:

anos 
2011 
2012
2013 
2014
2015 
2016 
2017 
2018 
2019 
publicacións 
814
847
909
834
1221
1258
1304
1326
1469

No seguinte gráfico pode verse para cada ano o número de citas que recibiron os documentos da UDC publicados nese período, que é progresivamente máis alto:  


anos 
2011 
2012
2013 
2014
2015 
2016 
2017 
2018 
2019 
citas 
280
1529
3395
5457
7944
10749
14142
17816
22591


Tamén son relevantes os índices h anuais, que establecen un número concreto de artigos publicados nun ano que ao longo do tempo foron citados ese número concreto de veces:

anos 
2011 
2012
2013 
2014
2015 
2016 
2017 
2018 
2019 
Índice h 
50
49
42
39
39
35
27
23
10

No período 2011-2019 o índice h é 81, a mesma cifra que o ano pasado no estudo do período 2009-2018.
Nos últimos anos (2017-2019), o índice h diminúe bastante porque foi calculado cando os artigos apenas tiveron tempo de ser citados. Un reconto posterior dos índices ofrecerá valores comparables.
Do informe de citas tamén se poden extraer os seguintes índices de impacto:
Número de citas recibidas polos artigos da UDC indexados nos SCI, SSCI, A&HSCI da WoS: 87.119 (79.466 na análise do pasado ano).
Media de citas por ítem indizado na WOS: 8,73 (8,14 na análise do pasado ano).

Para estudar o impacto da produción científica da UDC tamén é importante analizar os datos do Informe 2019 do Observatorio IUNE concernentes á UDC. Como xa recollimos hai uns meses os datos do Informe 2019 e para non reiterar a información, limitámosnos a ofrecer esta ligazón ao post do blog coa análise do último informe.


No hay comentarios: