En anteriores publicacións deste
blog difundiamos as principais coleccións estranxeiras de libros electrónicos
subscritas pola biblioteca (Wiley, Ebsco, Springer e Elsevier), así como outras
plataformas que se incorporaron recentemente á colección, como Unebook ou eLibro. Neste novo post presentámosvos
aquelas outras plataformas de libros electrónicos tanto multidisciplinares como
temáticas ás que a biblioteca ten acceso habitualmente, non relacionado cos
recursos en aberto que diversas editoriais están a ofrecer temporalmente debido
ao confinamento.
Nas coleccións multidisciplinares contamos con:
- Cambridge Core: contén 76 ebooks da editorial Cambridge University Press, permitindo a descarga por capítulos en formato pdf.
- Dawsonera: contén 28 libros de editoriais internacionais. Os libros pódense ler en liña ou descargar, así como imprimir un determinado rango de páxinas.
Pola súa parte, nas coleccións temáticas contamos con:
- ACM Digital Library (Association for Computing Machinery): inclúe publicacións relativas ás Ciencias da Computación e da Tecnoloxía Informática. Ademais dos libros electrónicos, inclúense outras publicacións da ACM como revistas, actas de congresos, etc.
- AMS (American Mathematical Society): ofrece unha extensa colección de libros sobre a historia das matemáticas (gratuítos e de pago).
- Biblioteca Virtual Tirant lo Blanch: especializada en dereito, a través dela se pode acceder en formato electrónico a tódolos libros publicados pola editorial Tirant lo Blanch.
·
IEEE
Conferences and Proceedings: biblioteca dixital das actas
de congresos editados polo IEEE (Institute of Electrical and Electronic
Engineers) e o IEE (Institute of Electrical Engineers).
·
IEEE
Standards:
biblioteca dixital das normas
editadas polo IEEE (Institute of Electrical and Electronic Engineers) e o IEE
(Institute of Electrical Engineers).
·
INGeBOOK: plataforma de libros electrónicos
en español, fundamentalmente manuais universitarios. Actualmente a biblioteca
está subscrita a 9 libros da área de Economía, pero a plataforma tamén da
acceso libre a libros doutras materias. Polo tanto, poderanse visualizar e
consultar tanto os libros adquiridos pola biblioteca como os de acceso libre.
Permite a consulta online dos documentos pero non se poden descargar.
·
LION (Literature Online): obras a texto
completo de literatura en lingua inglesa dende o século XVIII ata os nosos
días.
·
Mementos Francis Lefebvre: portal xurídico
que proporciona acceso aos Memento Inmobiliario, Memento
Fiscal, Memento Inspección de Trabajo e Memento IRPF.
·
Walter de Gruyter Books:
3 libros de Walter de Gruyter do ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais.
Todos estes
libros poden consultarse a través da páxina web da biblioteca na sección de Libros electrónicos, ou
ben a través do xestor de enlaces SFX de
Pórtico.
No que respecta ao acceso a
estes recursos, na maioría dos casos a biblioteca dispón dun número ilimitado
de licenzas, é dicir, non hai un
límite de usuarios simultáneos, aínda que nalgunhas plataformas como é o caso
da Biblioteca Virtual Tirant lo Blanch existe un límite de usuarios
simultáneos; nestes casos, esta información aparece especificada nos termos de
uso na páxina descriptiva de cada recurso.
Finalmente, como en anteriores
post, lembrámosvos unha vez máis que para acceder a estes recursos electrónicos
dende fóra da universidade é necesario autenticarse previamente coas vosas
credenciais persoais da UDC premendo na ligazón Acceso desde fóra da UDC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario