Mostrando entradas con la etiqueta A Coruña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Coruña. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2015

BIBLIOTECAS DIXITAIS NA CORUÑA


BMEL
A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña, inaugurada en 1991, puxo en marcha un proxecto de dixitalización dunha selección dos seus fondos en colaboración co Ministerio de Cultura. Seleccionáronse documentos dos séculos XVII ao XX relacionados coa historia de Galicia e da Coruña:
A Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia facilitou medios técnicos para a integración do fondo en Galiciana a través dun “micrositio”. En total dixitalizáronse 134 obras que suman 18.440 imaxes.

Na Coruña só hai esta biblioteca ou colección dixital en sentido estrito, o Fondo Local A Coruña (da Biblioteca de Estudos Locais). Conforme se vai reducindo o ámbito xeográfico, hai menos bibliotecas deste tipo, polo coste da infraestrutura tecnolóxica  que supón para as administración correspondentes, e o menor fondo a dixitalizar. 

Pero se consideramos os grandes servizos bibliotecarios da cidade, hai que ter en conta un gran número de bibliotecas híbridas, que poderían considerarse dixitais en sentido amplo. Como bibliotecas híbridas, destacan polos servizos en liña, non polos fondos dixitalizados.