Mostrando entradas con la etiqueta Revistas electrónicas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Revistas electrónicas. Mostrar todas las entradas

viernes, 2 de febrero de 2018

Revistas científicas españolas: criterios de calidade




Dada a importancia que teñen as revistas científicas como principal medio de reprodución da investigación e da comunicación científica, ademais de constituir o instrumento máis utilizado pola comunidade científica para dar a coñecer os seus traballos, dedicamos este post a facer un percorrido polos principais criterios que son propios das revistas de calidade, concretamente das revistas españolas.

Os máis coñecidos son os de Latindex, sistema de información sobre as revistas de investigación científica, técnico-profesionais e de divulgación científica e cultural que se editan en América Latina, Caribe, España e Portugal. No seu directorio inclúense os datos bibliográficos e de contacto de tódalas revistas rexistradas, publicadas tanto en soporte impreso ou electrónico. No caso de España, constan 4471 revistas rexistradas. Tamén proporciona un catálogo, que inclúe únicamente as revistas (impresas ou electrónicas) que cumpren os criterios de calidade editorial diseñados por Latindex. No caso de revistas españolas, aparecen 2304.
O dato fundamental da avaliación de revistas en Latindex é o número de criterios cumpridos dos 33 criterios de calidade propostos pola base de datos (36 no caso de revistas electrónicas).

Aínda que os criterios de Latindex son os máis destacados, en España desenvolvéronse unha serie de recursos para a avaliación de revistas científicas, especialmente no ámbito das ciencias sociais e humanidades. A maioría destes recursos baséanse no cumprimento dunha serie de criterios formais relacionados coa edición da revista, a súa visibilidade internacional, etc. Os máis destacados son:
- CIRC: clasifica as revistas en 5 grupos (A+, A, B, C, D), integrando os productos de avaliación existentes considerados positivamente polas axencias de avaliación como a CNEAI ou ANECA. Céntrase nas humanidades e ciencias sociais.
- MIAR: considerada unha das plataformas de avaliacion científica máis importantes de España, ofrece información de tódalas disciplinas. Presenta un indicador propio, o ICDS, que mostra a visibilidade das revistas en diversas bases de datos internacionais.
- RESH: integra indicadores de calidade para revistas científicas españolas de ciencias sociais e humanidades, que son, por unha parte, aqueles que CNEAI, ANECA e Latindex teñen en conta nos seus respectivos sistemas de avaliación. 

No apoio á profesionalización e internacionalización das revistas científicas españolas temos que destacar a labor de FECYT, que desenvolve dende o 2006 unha liña de actuación destinada a estes obxectivos a través do proxecto ARCE. Un dos instrumentos fundamentais para articular o mencionado proxecto é a Convocatoria de Evaluación de la Calidad Editorial y Científica de las Revistas Científicas Españolas, que pretende proporcionar un recoñecemento das mesmas, fomentando a súa visibilidade e presenza nas bases de datos internacionais. Así, as revistas que superen con éxito o proceso de avaliación obteñen o Sello de Calidad FECYT. 

Tampouco podemos esquecernos das dúas principais bases de datos multidisciplinares a nivel mundial, Web of Science e Scopus. Da primeira destacamos o Emerging Source Citation Index, que proporciona visibilidade a tódalas revistas de importancia rexional que cumpran cuns criterios básicos de calidade: ter revisión por pares, contidos de interese elevado para a comunidade científica, etc. É importante sinalar que nas últimas convocatorias da CNEAI, a inclusión en ESCI é considerada como referencia de calidade (nos campos 10 e 11). Tamén se incluíu como mérito para as acreditacións da ANECA, en concreto para ciencias sociais.
Pola súa banda Scopus conta cun Comité Asesor de Contidos que cubre as principais disciplinas científicas. Os criterios de avaliación de revistas agrúpanse en 5 categorías: política da revista, calidade de contido, prestixio, dispoñibilidade en liña e regularidade, explicados con máis detalle nesta ligazón.

jueves, 6 de octubre de 2016

AS REVISTAS ELECTRÓNICAS NA WEB DA BUDC

Nas últimas entradas do blog falamos da clasificación dos recursos de información no sitio web da BUDC en coleccións dixitais e recursos gratuítos dispoñibles en internet, entre os que se atopan os materais en acceso aberto. Os recursos tamén poden agruparse por tipoloxía documental, e así falamos de bases de datos, revistas e libros electrónicos, etc.

Ahora imos tratar das revistas electrónicas, deixando os restantes para máis adiante.

Ao introducir o tema das revistas electrónicas soen aparecer unha serie de problemas ou cuestións básicas. Por exemplo, no apartado “Economics of Scholarly Publishing” da última edición do Scholarly Communication Toolkit empréganse as expresións "serials crisise "big deal". A crise das publicacións seriadas é o resultado dunha serie de factores:
  • As universidades pagan dúas veces polos seus artigos: unha cando financian as investigacións e outra cando teñen que comprar os xornais que publican os resultados das mesmas
  • Os problemas dese dobre gasto o aumentan en época de crise, cando os orzamentos das bibliotecas diminúen mentras o prezo dos xornais segue subindo
  • O paso do papel ao formato electrónico non supuso unha desaceleración de esa suba de prezos. Ao contrario, seguiron crecendo no marco dun mercado oligopolístico dominado por cinco grandes empresas  -Big five- con capacidade para fixar os prezos

lunes, 3 de octubre de 2016

CLASIFICACIÓN DOS RECURSOS NA WEB DA BUDC (II)


A sección Recursos de información do sitio web da Biblioteca da BUDC divídese en “Coleccións dixitais da Biblioteca”, “Outros recursos electrónicos” e “Recursos en acceso aberto”. Na entrada anterior do blog falamos das dúas últimas subseccións. Nesta trataremos das coleccións dixitais da Biblbioteca da UDC, e dicir, dos recursos contratados ou producidos pola UDC.

Os recursos externos subscritos agrúpanse en:
Procúrase uniformizar a presentación das páxinas correspondentes a cada grupo en
  • Procura e índices
  • Guías e titoriais
  • Listaxes (de recursos se son poucos, de editores noutro caso)
Na entrada pasada do blog viramos a clasíficación por materias dos “Outros recursos electrónicos” –selección de recursos gratuitos de Internet-; tamén as coleccións dixitais clasifícanse por materias no sitio web da BUDC:

O RUC, o repositorio da UDC, aloxa en acceso aberto produción científica da institución, formando parte das coleccións dixitais da Biblioteca.








[1] Segundo o listaxe da web en setembro  de 2016
[2] Estatísticas REBIUN de 2015

viernes, 11 de diciembre de 2015

WEBINAR SOBRE O EMERGING SOURCES CITATION INDEX (ESCI)



Volvemos a tratar do novo índice Emerging Sources Citation Index (ESCI) do que xa falamos anteriormente, con motivo da apertura do prazo de presentación de solicitudes de sexenios e do incremento de información sobre este produto bibliométrico.

O pasado 8 de decembro tivo lugar un webinar sobre o ESCI, impartido pola Xefa de Research Discovery de Thomson Reuters e coa colaboración dun editor da revista Complex Adaptive Systems Modeling, incluída no índice.

Aínda non hai moita información sobre o Emerging Sources Citation Index, xa que tras o seu lanzamento o pasado novembro aínda está asentando o seu funcionamento. Decotío aumenta o número de revistas (das 3.000 iniciais as 4.100 actuais), de artigos indexados por revista, etc.

A formadora dedicou a primeira parte da súa exposición a cuestións xerais do novo índice como:
  • As vantaxes para os editores: estar na Colección principal da Web of Science; nun índice especializado en contidos emerxentes; na lista de editores fiables de Thomson Reuters. O editor da revista CASM que falou en primeiro lugar confirmou esta mellora na visibilidade e referiu un aumento de envío de manuscritos trala inclusión no ESCI. 
  • Aos dous obxectivos principais da selección de revistas na WOS Core Collection (selección dos mellores contidos, provisión de estándares obxectivos á comunidade editorial) engádese un terceiro: que a colección reflicta o conxunto global da actividade científica, mediante a mostra de contido rexionalmente importante, o que supón un aumento da transparencia no proceso de selección. Hai 7 novos editores de fóra de Estados Unidos (un en Barcelona)  a través de relacións con gobernos, financiadores e editores comproban que se están avaliando liñas emerxentes e que se cubre toda a literatura avaliada por pares. 
  • Na entrada anterior sobre o índice mencionabamos os catro requisitos para a inclusión no mesmo; estes forman parte dos 16 criterios de selección para los outros índices (SCI, SSCI, A&HCI), polo que na charla falouse da selección para a WOS como un proceso continuo con dúas fases: unha primeira de avaliación rápida para o ESCI e outra posterior de valoración completa, polo que o ESCI é un primeiro escalón de cara a inclusión definitiva nos principais índices da WOS.

martes, 27 de octubre de 2015

NOVOS TIPOS DE REVISTAS EN ACCESO ABERTO



Previamente á Semana Internacional do Acceso Aberto tivo lugar o 12 de outubro en Bruselas o EC Workshop on Alternative Open Access Publishing Models, un seminario sobre modelos alternativos para a publicación en acceso aberto, dentro da Axenda Dixital Europea. Nel analizáronse novos modelos emerxentes que, por exemplo, permitan mellorar o sistema de revistas en acceso aberto baseado en pagos do autor para a publicación ou article processing charges

O sitio web da BUDC ven de engadir unha páxina dedicada aos Novos tipos de revistas en acceso aberto, distinguindo os seguintes:

Megajournals
Son publicacións que nacen no medio dixital do accesso aberto. Spinak a define como "revista académica arbitrada en acceso abierto que está diseñada para ser mucho más amplia que una revista tradicional, ejerciendo una selectividad más baja en la aceptación de artículos”. 

Overlay journals
Tim Govers anunciou recentemente no seu blog a creación da revista Discrete Analysis, unha revista superposta –overlay journal- a arXiv. Unha revista superposta non produce o seu contido: o evalúa e engade un enlace ao pre-print que sigue no repositorio ArXiv. Hai dúas revistas deste tipo xa en funcionamento: SIGMA e Logical Methods in Computer Science.

RIO (Research Ideas and Outcomes) journal posibilita a publicación de tódolos outputs do ciclo de investigación científica, dende ideas a artigos (propostas de proxectos, datos, métodos, software, informes de proxectos, etc.)  

Cun obxecto e ámbito máis reducido, surdiron xa hai años revistas de resultados negativos, como The All Results Journals (Chem, Phys,  Nano e Biol) ou o Journal of Negative Results in Biomedicine. Unicamente recollen experimentos ou artigos con resultados negativos, non aceptados ou non presentados para publicación con anterioridade. Teñen especial interese nos campos da medicina e da bioquímica.

As revistas de datos abertos "publican artigos arbitrados por pares que describen conxuntos de datos dispoñibles en aberto para a súa futura reutilización."

viernes, 6 de febrero de 2015

"RECURSOS DE INFORMACIÓN" NO SITIO WEB DA BIBLIOTECA DA UDC



A páxina Recursos de Información da Biblioteca da UDC estrutúrase en dous grupos fundamentais:
Tamén hai uhna clasificación deses recursos por materias.
  • Recursos electrónicos gratuítos, contidos en "Outros recursos electrónicos" e agrupados en:
    • Recursos xerais: recursos gratuítos como mapas, bibliotecas virtuais, directorios de bibliotecas, dicionarios, normas, patentes, prensa, teses de doutoramento, etc. 
    • Recursos por áreas: clasificación tradicional no sitio web da Biblioteca dos “recursos de apoio á aprendizaxe e á investigación, materiais gratuítos de interese”.
    • Guías temáticas (Fiador): nova ferramenta da UDC implementada polo Consorcio de Bibliotecas de Galicia (CBUG-BUGalicia) mediante o software libre Subjects Plus que permite:

Por último, en "Recursos en acceso aberto" teñen cabida recursos tamén gratuítos pero coa nota distintiva de ser manifestacións do Open Access: “movemento que empezou co acceso ao código fonte das ferramentas informáticas e que ten crecido ata chegar a todos os espazos do coñecemento: texto, imaxes, ciencia, revisión por pares”
 

lunes, 16 de junio de 2014

Os recursos de información na Biblioteca da UDC, parte 3: as revistas



Continuamos co repaso aos recursos que ofrecemos na Biblioteca falando das revistas, tanto en soporte papel, como en soporte electrónico.

Revistas en papel

Cada biblioteca de centro ou intercentros conta cunha hemeroteca, onde se atopan as revistas científicas das áreas temáticas correspondentes.

As revistas poden consultarse libremente pero non se prestan, por este motivo ofrécese o uso de máquinas auto-fotocopiadoras para a reproducción dos artigos que consideredes de interese. (Máis información sobre o servizo de reprografía.)

Para buscar unha revista concreta, podes consultar o catálogo da Biblioteca.

Revistas electrónicas

As revistas electrónicas son publicacións periódicas cuxa edición é dixital e en liña.

A maioría das suscritas pola BUDC están dispoñibles a texto completo, aínda que nalgúns casos o acceso está limitado a un período de datas concreto (a información das datas de acceso atópase na páxina de cada revista).

As revistas electrónicas pódense consultar a través de:

martes, 3 de junio de 2014

Os recursos de información na Biblioteca da UDC, parte 1: introdución





O sitio web do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña (BUDC) recompila e clasifica unha grande cantidade de información que serve de apoio ao estudo e á investigación. Antes de presentar todos os recursos que ofrecemos desde a páxina web da Biblioteca, queremos facer un resumo deles.

Os recursos documentais, tanto de pago como gratuítos, inclúen as coleccións en papel accesibles a través do catálogo e as coleccións dixitais (bases de datos, revistas-e, libros-e e repositorio institucional RUC); outros recursos por áreas; e recursos en acceso aberto  (portais de revistas en acceso aberto, libros académicos en acceso aberto, repositorios de documentos en acceso aberto, etc.).

Dentro dos recursos de pago atopamos bases de datos, revistas electrónicas e libros electrónicos (só os integrantes da comunidade universitaria terán acceso a eles desde fóra da Universidade).

Os recursos gratuítos intégranos unha selección de páxinas web organizadas por disciplinas e por tipos de materiais. Son recursos de apoio á aprendizaxe e de apoio á investigación, documentos gratuítos de interese para todas as disciplinas e para materias concretas, dirixidos ao estudantado e ao persoal docente e investigador.

Para buscar información completa sobre un tema específico o mellor é buscar nas bases de datos, que dan acceso a toda a información publicada nas revistas. Case todas as disciplinas teñen as súas bases de datos específicas. Podedes consultar as bases por materias na seguinte listaxe: bases de datos por materias.