Mostrando entradas con la etiqueta Cultura aberta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura aberta. Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de junio de 2017

Bibliotecas virtuais e humanidades dixitais en Galicia



 As humanidades dixitais e as bibliotecas virtuais están intrínsecamente relacionadas, xa que a través destas últimas podemos profundizar no ámbito das humanidades accedendo aos contidos dixitalizados que nos ofrecen. En concreto, neste post, centrarémonos no ámbito galego.
As humanidades dixitais (HD) pódense definir como o termo que designa ao campo interdisciplinario que xurde da intersección entre as disciplinas humanísticas e as tecnoloxías da información e comunicación. Aínda que nos seus comenzos as HD foron unidas aos estudios lingüísticos e literarios, actualmente abarcan moitas máis disciplinas, como a historia, a arte, etc. 

Na nosa universidade destacan varios proxectos neste ámbito das HD. O SIELAE (Seminario Interdisciplinar para el Estudio de la Literatura Aurea Española), da Facultade de Filoloxía, e os seus recursos asociados BIDISO (Biblioteca Digital Siglo de Oro) e a revista JANUS, Estudios sobre el Siglo de Oro, constitúen un bo exemplo. En España tamén temos boas iniciativas, como ARACNE, Red de humanidades digitales y letras hispánicas, que aglutina proxectos nacionais como a citada BIDISO, e a Sociedade Internacional Humanidades Digitales Hispánicas.

Entre as bibliotecas nas que podemos profundizar nas humanidades da nosa comunidade destacamos Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, que ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para a nosa comunidade. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europena). Integra, ademáis de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas.

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña tamén ten relevancia, xa que ten como misión reunir, organizar, difundir e conservar todo tipo de información relacionada coa Coruña e temas xerais de Galicia. Conta con fondos dixitalizados sobre a historia de Galicia ou en particular da Coruña que van dende o século XVII ao XIX, ademáis de obras de autores tan destacados para a cultura galega como Manuel Murguía ou Valentín Lamas Carvajal. Pódese acceder a eles a través desta sección de Galiciana.
Tamén os repositorios das universidades galegas, o RUC da UDC, Minerva na USC e Investigo na UVigo, como depositarios dos documentos creados na labor investigadora e docente da comunidade universitaria, son exemplos de recursos que ofrecen acceso aberto ás humanidades dixitais.

Para ampliar a información sobre este tema podedes consultar o seguinte artigo: http://eprints.rclis.org/30933/

jueves, 21 de julio de 2016

GRANDES BIBLIOTECAS DIXITAIS (E IV)

Rematando a serie de entradas sobre grandes bibliotecas dixitais na que, partindo do ámbito galego (Galiciana) chegamos a pasada semana ao europeo (Europeana),  imos tratar das grandes bibliotecas virtuais a nivel global, e de outras non europeas. Dicimos “grandes” e non “grande” porque, a diferenza do que sucede nos outros ámbitos, non existe un gran recolector mundial que recolla tódolos obxectos dixitais das bibliotecas de nivel inferior, como sucede con Europeana e os agregadores nacionais. É lóxico que non o haxa, ao non existir fóra de Europa e Estados Unidos grandes sistemas rexionais multinivel de recolección de datos.

O máis parecido a unha Europeana de ámbito global é a Biblioteca Dixital Mundial (World DigitalLibrary, WDL), creada en 2009 pola Biblioteca do Congreso e a UNESCO e coa que colaboran bibliotecas, arquivos, museos, institucións educativas e organizacións internacionais de todo o mundo. A filosofía que inspira a formación desta biblioteca é, como dicíamos, diferente á de Europeana ou a do Internet Archive, está inspirada en parte nas ideas de James H. Billington, antigo director da Biblioteca do Congreso, e lembra outras iniciativas da UNESCO como “Memoria del Mundo”. As ideas de Billington[1] tamén inspiran as peculiaridades das coleccións dixitais da Biblioteca do Congreso, da que falaremos máis adiante.

A súa misión é facer accesible en Internet “materiais primarios significativos de tódolos paises e culturas”; reúne “tesoursos culturais e documentos históricos significativos nun só sitio”. É dicir, a WDL selecciona os obxectos de maior valor histórico, os tesouros do patrimonio histórico. A recompilación de documentos é polo tanto selectiva e non exhaustiva[2]. Isto mesmo, aplicado aos Estados Unidos durante o mandato do Bibliotecario James H. Billington, é a causa de que a Biblioteca del Congreso non teña unha biblioteca virtual propiamente dita, senon 224 coleccións dixitais. Estas coleccións dixitais seleccionan obxectos dos fondos da Biblioteca del Congreso segundo un tema (p. ex., historia e cultura afroamericana) ou tipoloxía documental (fotografías); non hai plans masivos de dixitalización senon que vanse creando coleccións arredor de proxectos concretos.

En cambio, a Digital PublicLibrary of America  (DPLA), iniciada en 2010 polo Berkman Center for Internet & Society da Universidade de Harvard e lanzada oficialmente en 2013, é un esforzo colaborativo de bibliotecas e institucións de EE.UU., crea un portal de acceso único as coleccións dixitais do país, e segue as políticas de recompilación masiva de Europeana, coa que colabora activamente. É máis unha biblioteca pública dixital co obxectivo de acercar o contido en aberto aos usuarios, non unha especie de museo ou arquivo histórico encargado da selección e preservación das obras más emblemáticas da cultura universal: neste senso, a World Digital Library lembra a outra acción da UNESCO, en consonancia coas labores de preservación y divulgación propias deste organismo especializado das Nacións Unidas, o proxecto Memoria del Mundo, que ten por misión:
  • facilitar a preservación do patrimonio documental mundial mediante as técnicas máis adecuadas
  • facilitar o acceso universal ao patrimonio documental
  • crear unha maior conciencia en todo o mundo da existencia e importancia do patrimonio documental.

miércoles, 6 de julio de 2016

Grandes bibliotecas dixitais (II): Hispana

Nesta entrada do blog trataremos do principal recolector español: Hispana. Antes, falaremos dos recolectores en xeral e dos españois en partícular.

Os recolectores non almacenan nun servidor propio os documentos: son portais que recollen ficheiros de metadatos con referencia á obra na biblioteca dixital orixinal (agregador). O buscador destes portais permite a procura dos obxectos colleitados nunha biblioteca dixital integrada. O desenvolvemento de estándares técnicos (OAI-PMH, EDM) posibilitou a creación destes servizos.

En España temos dos bibliotecas dixitais con obxectos dixitais recollidos de diversas coleccións: Hispana, de ámbito xeral e que abrangue os obxectos culturais, e Recolecta, para artigos científicos.

Recolecta, Recolector de Ciencia Aberta da FECYT, agrupa a todos os repositorios científicos nacionais. Conta con 840.000 documentos electrónicos de 85 repositorios.  Nace en 2007 froito da colaboración entre a FECYT e REBIUN co obxectivo de crear unha infraestrutura nacional de repositorios científicos de acceso aberto. Ofrece servizos a xestores de repositorios, investigadores e autoridades públicas.

Hispana é o portal de acceso á cultura dixital española e o agregador nacional de contidos para Europeana, pois reúne as coleccións dixitais de arquivos, bibliotecas e museos españois. É un dos resultados do Grupo de Traballo de Coleccións Dixitais do Consejo de Cooperación Bibliotecaria, coordinado pola Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas, e no que participan todas as Comunidades Autónomas. Entre as coleccións que Hispana colleita destacan os repositorios institucionais das universidades españolas e as bibliotecas dixitais das Comunidades Autónomas, que ofrecen acceso a conxuntos crecentes de todo tipo de materiais do patrimonio bibliográfico español.

Hispana inclúe un directorio dos proxectos de dixitalización que se están a facer en España e na actualidade ten 620 iniciativas das mais diversas institucións, dende A Estrada miscelánea histórica e cultural, feito polo Museo do Pobo Estradense, a Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico e a Biblioteca Virtual de Prensa Histórica do Ministerio de Cultura, ata a Biblioteca Digital Hispánica e a súa Hemeroteca Digital, da Biblioteca Nacional de España, pasando polo RUC, o repositorio institucional da Universidade da Coruña.  Constitúe por isto un instrumento que permite a coordinación entre as biblioteca dixitais, evitando a dixitalización repetida da mesma obra. Un problema non menor debido á carestía destes proxectos.

Entre as últimas contribucións a Hispana destacan dúas coleccións galegas. A xa citada Biblioteca Digital de Emblemática Hispánica e Inventarios y Bibliotecas del Siglo de Oro, ambos os dous proxectos  da Universidade da Coruña integrados na Biblioteca Digital Siglo de Oro.

A base de datos da acceso a seis millóns de obxectos dixitais pertencentes a 208 repositorios, mais como no caso da biblioteca dixital galega, o número de documentos da biblioteca é moito menor, aínda que non sabemos canto. A diferenza de Galiciana, que é un só repositorio, Hispana é recolector, recolle os obxectos como son enviados polos produtores. Isto leva a que non teñamos datos desagregados e non poidamos saber cantos documentos das diferentes tipoloxías se  inclúen nese total de 6 millóns de obxectos. O que se pode inferir cos datos de Europeana é que Hispana ten tres millóns e medio de documentos.

Hispana estivo presente en Europeana desde o seu inicio; é o primeiro agregador nacional a Europeana por número de obxectos.

miércoles, 29 de abril de 2015

HUMANIDADES DIXITAIS



Hai unha correlación entre o desenvolvemento das bibliotecas dixitais e o xurdimento das humanidades dixitais (Dixital Hummanities, DH) como nova disciplina. Pola súa novidade, aínda non ten claramente definido o seu obxecto. En sentido estrito, supón unha evolución respecto da lingüística computacional ou Humanities Computing que, mediante a análise e a minería de textos literarios, permitía extraer información e conclusións sobre autoría, estilo, época, etc. Ao aumentar as fontes e a cantidade de textos dixitalizados, os métodos informáticos de minería e as conclusións aumentan tamén cualitativamente.

Na Universidade de A Coruña, o SIELAE (Seminario interdisciplinar para el estudio de la Literatura áurea española) e os seus recursos asociados BIDISO (Biblioteca Digital Siglo de Oro) e JANUS, Estudios sobre el Siglo de Oro,  constitúen un bo exemplo desta concepción das HD, como tamén o son ARACNE (Red de humanidades digitales y letras hispánicas, que aglutina proxectos nacionais como BIDISO) e HDH, Humanidades Digitales Hispánicas.

Nun sentido amplo, as humanidades dixitais non se circunscriben á área das letras (lingüística, literatura). Por exemplo, o emprego en arqueoloxía de técnicas de modelización en 3-D, de programas e instrumentos informáticos,  permite crear reproducións dixitais de calquera obxecto cultural; así, xa se fala de patrimonio dixital ou Digital Heritage. Hai diversos métodos para esas reconstrucións dixitais (ranged-based  digitales (ranged-basedescáner láser, lidar- ou image-based –cámaras dixitais-) e instrumentos adecuados para cada un (dende os mencionados iPhones ata os caros escáneres láser). Actualmente xa se fala de reexcavacións dixitais.    

Tamén a dixitalización de múltiples obras de arte contidas en sitios como Europeana (con reproducións de alta resolución e rexistros detallados de metadatos feitos polos museos que aloxan as obras) facilita o seu estudo. A European Association for Dixital Humanities (EADH) recolle esta concepción ampla da disciplina, ao incluír nela "historia da arte, estudos culturais, historia, procesamiento de imaxes, estudos de lingua e literatura, estudos de manuscritos, e musicología, entre outros."

Falabamos ao principio da relación entre as humanidades dixitais e as bibliotecas virtuais. O que naceu como un conxunto illado de proxectos de dixitalización en bibliotecas nacionais ou especializadas foi converxendo -grazas ao desenvolvemento de estándares internacionais de metadatos descritivos e de preservación,  de políticas cooperativas e masivas de dixitalización, de protocolos de intercambio e de recolección de rexistros- cara á Bibliografía Universal soñada por Otlet e La Fontaine. A biblioteconomía bascula cada vez máis cara ao dixital, tanto neste campo como no da catalogación, adaptada a Google e Internet; as bibliotecas, cos seus sistemas informáticos de xestión e OPACs, están cada vez máis na Rede, mediante o emprego e oferta de Internet, das súas redes sociais e da nova Web de Datos.

viernes, 3 de octubre de 2014

HACIA OUTRA REVOLUCION CIENTIFICA

Todo empezou con una certa excelencia no nonsense: a da competición entre as  publicación na ciencia moderna e  semella  que  remata coa expansión da ciencia aberta a todolos ámbitos da creación de  coñecemento.
Na web da BUDC temos feith una selección de  recursos que non para de medrar. Comenzamos cos portais de revistas, libros académicos e repositorios de documentos en acceso aberto, pero enseguida engadimos apartados adicados aos datos abertos (open data) e de materiais docentes. Falase xa de  ciencia aberta e tamén de cultura aberta.
A última incoropración na nosa web e a da revisión en aberto e pronto poñeremos un novo aparatado, adicado á financiación en aberto.
Moi recomendable é a  monografía: Opening Science: The Evolving Guide on How the Internet

is Changing Research, Collaboration and Scholarly Publishing

lunes, 8 de septiembre de 2014

DO SOFTWARE LIBRE A CULTURA ABERTA

O movemento que empezou co acceso ao código fonte das ferramentas informáticas ten crecido ata chegar a todos os espacios do coñecemento: texto, imáxenes, ciencia, e hoxe en día temos xa portais de Cultura aberta (open culture)
Na web da BUDC puxemos un novo apartado adicado a estos temas de Open culture, que remata o círculo do coñecemento, dende as linguaxes de programación ata as grandes obras da alta cultura.
No medio, temos una serie de apartado de interés para os nosos usuarios:

Unha listaxe de portais de revistas en acceso aberto; unha listaxe de libros académicos en acceso aberto;  de repositorios de documentos en acceso aberto;  información sobre políticas e repositorios de open data. Materiais docentes: listaxe de documentos de investigación, cursos, recursos de aprendizaxe, etc.; e páxinas sobre revisión en aberto e ciencia aberta.