lunes, 12 de junio de 2017

Bibliotecas virtuais e humanidades dixitais en Galicia



 As humanidades dixitais e as bibliotecas virtuais están intrínsecamente relacionadas, xa que a través destas últimas podemos profundizar no ámbito das humanidades accedendo aos contidos dixitalizados que nos ofrecen. En concreto, neste post, centrarémonos no ámbito galego.
As humanidades dixitais (HD) pódense definir como o termo que designa ao campo interdisciplinario que xurde da intersección entre as disciplinas humanísticas e as tecnoloxías da información e comunicación. Aínda que nos seus comenzos as HD foron unidas aos estudios lingüísticos e literarios, actualmente abarcan moitas máis disciplinas, como a historia, a arte, etc. 

Na nosa universidade destacan varios proxectos neste ámbito das HD. O SIELAE (Seminario Interdisciplinar para el Estudio de la Literatura Aurea Española), da Facultade de Filoloxía, e os seus recursos asociados BIDISO (Biblioteca Digital Siglo de Oro) e a revista JANUS, Estudios sobre el Siglo de Oro, constitúen un bo exemplo. En España tamén temos boas iniciativas, como ARACNE, Red de humanidades digitales y letras hispánicas, que aglutina proxectos nacionais como a citada BIDISO, e a Sociedade Internacional Humanidades Digitales Hispánicas.

Entre as bibliotecas nas que podemos profundizar nas humanidades da nosa comunidade destacamos Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, que ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para a nosa comunidade. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europena). Integra, ademáis de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas.

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña tamén ten relevancia, xa que ten como misión reunir, organizar, difundir e conservar todo tipo de información relacionada coa Coruña e temas xerais de Galicia. Conta con fondos dixitalizados sobre a historia de Galicia ou en particular da Coruña que van dende o século XVII ao XIX, ademáis de obras de autores tan destacados para a cultura galega como Manuel Murguía ou Valentín Lamas Carvajal. Pódese acceder a eles a través desta sección de Galiciana.
Tamén os repositorios das universidades galegas, o RUC da UDC, Minerva na USC e Investigo na UVigo, como depositarios dos documentos creados na labor investigadora e docente da comunidade universitaria, son exemplos de recursos que ofrecen acceso aberto ás humanidades dixitais.

Para ampliar a información sobre este tema podedes consultar o seguinte artigo: http://eprints.rclis.org/30933/

No hay comentarios: