lunes, 5 de junio de 2017

O impacto da actividade científica da UDC: actualización 2017



Como comentabamos no post da semana pasada, e continuando coa análise da actividade científica da nosa universidade, nesta entrada do blog mediremos a repercusión da produción científica da UDC mediante a análise de citas, non sen antes reiterar a puntualización feita na anterior entrada do blog sobre as variacións debidas a regularización dos datos da filiación dos investigadores da UDC nos últimos anos.
No seguinte informe de citas  relativo á UDC, elaborado automáticamente pola base de datos Web of Science, pódense extraer os seguintes índices de impacto:











Número de citas recibidas polos artigos da UDC indexados nos SCI, SSCI, A&HSCI da WOS: 105992 (83876 en 2015)
Media de citas por ítem indizado na WOS: 10,87 (8,77 en 2015)
Índice h: 97 (85 en 2015)

Vemos que xunto ao gráfico de citas é necesario considerar o número de ítems publicados, que ten utilidade para o cálculo da promedio de citas pero, sobre todo, para o do índice h.
Tamén son relevantes os índices h anuais, que establecen un número concreto de artigos publicados nun ano que ao longo do tempo foron citados ese número concreto de veces:






É importante especificar que nos últimos anos o índice h diminúe bastante porque foi calculado cando os artigos apenas tiveron tempo de ser citados. Un reconto posterior dos índices ofrecerá valores comparables.

A páxina do Observatorio IUNE ofrece indicadores da actividade científica, moi útiles ao reflectir valores anuais, polo que a continuación realizaremos unha análise dos datos do Informe 2016 deste observatorio atinxentes á UDC. Compre sinalar que dito informe contén datos do período comprendido entre 2005 e 2014.
Como sucede cos índices h anuais, vemos que nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores non relacionada cun descenso do impacto senón coa proximidade da produción científica analizada. Con esta precaución, podemos extraer os seguintes valores para a UDC:
Táboa de elaboración propia que reúne estatísticas do Observatorio IUNE, elaboradas a partir de datos extraídos da Web of Science



A seguinte táboa resume a evolución da producción científica da UDC nos diferentes indicadores mediante a evolución dos rankings respectivos: 



Pódese observar que se mantén nos mesmos postos nos rankings de publicacións por profesor, publicacións en primer cuartil e en TOP3, baixa mínimamente no promedio de citas por profesor ou de  publicacións UDC e sube un posto no de colaboración nacional; pola contra, baixa dous postos na colaboración internacional.


No hay comentarios: