Mostrando entradas con la etiqueta Plan Bolonia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plan Bolonia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de noviembre de 2008

MÁIS BOLONIA

Son moitas as cousas que se escribiron sobre o plan Bolonia, a penúltima apareceu onte en El País. O artigo titulado En el nombre de Bolonia fai unha reflexión sobre o emprego do termo Bolonia para fins moi distintos aos que en realidade ten, así: "A Declaración de Bolonia, firmada en 1999 por 29 países, pretende crear, nada máis e nada menos, unha especie de Unión Europea Universitaria ampliada. Pero o seu contido resúmese en só tres puntos: movilidade estudiantil en Europa, estructuración dos estudos en tres niveis (grao, mestrado e doutoramento), e articulación dos programas en créditos europeos (ECTS), que, ademais das horas de clase, inclúen o traballo persoal dos estudantes".
O diario reflicte que se está empregando esta situación para modificar o sistema universitario español, o que nada ten que ver coa proposta europea. O proceso de aprobación destes novos títulos é o que presenta máis complicacións, xa que as universidades deben presentar os seus títulos ao Consello de Universidades para que os homologuen, deben ser enviados á Axencia Nacional de Evaluación (ANECA) para que lle dé o visto e prace, que o Consello universitario os aprobe, e o Consello de Ministros o faga oficial. O curso pasado a ANECA rechazou 60 títulos de 200 que se lle presentaron aínda que máis tarde aprobou outros 23, neste curso as universidades presentaron 406 títulos de grao e 48 mestrados que aínda están por evaluar.
Toda esta reforma provoca todo tipo de protestas tanto de estudantes como de docentes, pedindo moitos deles que se pare este proceso.
Destacamos as declaracións de estudantes que aparecen en El País, que sinala: "Non estamos en contra de que a universidade se renove nin de que responda ás necesidades da sociedade, pero si o estamos de que se axuste ás necesidades das empresas. A universidade non está para formar man de obra con coñecementos específicos. E estánse creando cátedras co nome de empresas, como a da farmacéutica Pfizer. Pedimos que o Estado dedique un maior orzamento á universidade".
Tamén son interesantes as opinións do reitor da Universidade Complutense de Madrid, que sengundo este diario é un dos que menos inconvenientes ten en falar claro, Carlos Berzosa di: " O proceso levouse mal desde o principio e metéronse moitas cousas xuntas, iso é o que o complicou todo. E agora todas as mensaxes de Bolonia que chegan á sociedade son negativas. Incluso xente con certo predicamento intelectual está dicindo que isto é o afundimento da universidade, e iso é una barbaridade. Bolonia é algo positivo e necesario, é unha oportunidade para que os estudantes poidan moverse máis polo mundo e o ministerio non saliu o suficiente a defendelo. Outra cousa son os problemas de orzamento ou os cambios derivados de poñer os títulos de Grao a catro anos, cando na maior parte dos países optouse por un Grao de tres anos e mestrado de dous. Iso creou moitos inconvenientes".
Ao final, como sempre, o problema ven a estar no financiamento, pois o cambio pode provocar que uns títulos sexan máis atractivos que outros, e así estes últimos poidan perdan alumnado. Isto reflexaríase nun menor orzamento para esa titulación, que é o que ninguén quere perder.

lunes, 29 de septiembre de 2008

A UNIVERSIDADE, A EMPRESA E O ALUMNADO ACTUAL

Este domingo 28 de setembro apareceu en El País un suplemento especial sobre “Universidad y Posgrado”.
Neste extra pódense encontrar diversos artigos interesantes sobre a situación universitaria española actual, os seus plans de futuro coa incorporación dos títulos de grao, e cal é a realidade do alumnado na actualidade.

Entre as ideas máis sobresaintes destacan:
- Os novos títulos de grao fan que as carreiras sexan máis curtas, desta forma posibilítase a especalización mediante mestrados oficiais, o que permitirá que un titulado nunca carreira de humanidades acabe especializándose por exemplo en finanzas.
- A inversión de algunhas universidades, como por exemplo a Universidad Carlos III de Madrid, en infraestructuras para adaptar as aulas a este novo sistema de ensinanza é considerable, xa que se converten en aulas máis pequenas con wifi, sistemas de grabación para logo volcar a clase no campus virtual e mobiliario lixeiro que permite cambiar a súa distribución segundo se imparta clase tradicional ou traballo en grupo diante do ordenador.
- O acercamento que a empresa fai ao campus na procura de novos traballadores. Segundo datos da Fundación Universidad Empresa (FUE), a case a totalidade das universidades españolas organizan foros de empleo, que veñen sendo a principal vía de contratación de estudantes.
- Os estudantes españois poden cursar posgraos en universidades extranxeiras tan prestigiosas como Harvard, Georgetown, Oxford, Berkeley, MIT, Stanford, Columbia, etc., gracias ás becas que certas institucións lles ofrecen.
- Crece a oferta de cursos de posgrao con títulos moi diversos, este ano presentáronse polo menos 1300 novas titulacións, ademáis consolídase a formación online como alternativa á presencial, especialmente para aqueles alumnos que están traballando, permitíndolle flexibilidade horaria e xestionar o tempo e o plan de estudos segundo máis lles conveña.

Ademáis destas ideas extraídas do suplemento podemos atopar entrevistas a estudantes que na súa época foron os mellores da súa promoción, o papel dos olleadores ou como é a vida dun investigador.

martes, 13 de mayo de 2008

OS PROXECTOS DE FUTURO DA CONSELLERÍA PARA AS UNIVERSIDADES

Nesta entrevista publicada onte en El País, a Conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, deixa claro que pretende que sexa suficente a financiación autonómica para abordar o Espazo Europeo de Educación Superior, aínda que suliña a necesidade de que as empresas amplien a súa relación económica coas universidades. Tamén aclara que o proxecto de futuro máis importante da consellería e a adecuación das carreiras ao Plan Bolonia para o que xa está prevista a adaptación de 75 titulacións para o curso 2009/2010.
No que concerne á nosa Universidade, pódese dicir que os dous novos graos que se presentaron, Socioloxía e Terapia Ocupacional, xa recibiron da ANECA "un informe favorable".

miércoles, 7 de mayo de 2008

EFECTOS DO PLAN BOLONIA

Savater, neste artigo do País, analiza os cambios que está a provocar o Plan Bolonia na universidade e as reacións dos estudantes ante esta situación.