Mostrando entradas con la etiqueta Catálogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Catálogos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de diciembre de 2022


CRUNIA: O NOVO BUSCADOR DA BUDC



Este luns estreamos CRUNIA, a nova interface de busca de recursos na Biblioteca da Universidade da Coruña.

Este lanzamento implicou un longo traballo para gran parte do persoal deste servizo, engadido as súas labores habituais. Detrás hai moitos horas invertidas, reunións, correos, chamadas, esforzo, traballo en equipo, probas, incertidume, dúbidas, e porqué non dicilo, cabreos e tensión acumulada. Foi unha travesía de meses suxeita a contínuos prazos marcados que implicaban unha vertixinosa superación de fases para ter un produto dignamente rematado (ou en gran parte) este 19 de decembro.

A finalidade é proporcionar unha ferramenta de exploración dos recursos mellor que a que tiñamos, adaptada a distintos dispositivos e que permitira contar cun só punto de acceso/consulta para evitar, na medida do posible, que os usuarios tiveran que interrogar distintos recursos por separado. En gran parte esperamos telo conseguido e seguiremos na senda de tentar mellorar. No proxecto están contempladas importantes melloras como a colaboración entre as tres Universidades Galegas.

Desde Crunia poderedes acceder ao todos os recursos da biblioteca: os recursos físicos (libros, revistas, películas), pero tamén aos recursos electrónicos subscritos e a gran parte do material que hai no RUC (teses, traballos fin de grao e mestrado, e a producción científica do Persoal Docente e Investigador da UDC).

Ata o de agora no antiguo catálogo os usuarios podían buscar recursos fonte, é decir, libros e publicación periódicas, pero non era posible consultar o seu contido. Crunia tamén permíte buscar capítulos e artigos, se é que temos acceso a eles, e consultar o texto completo en moitos casos. Tamén se pode buscar a bibliografía recomendada nas materias que se imparten na UDC.

Esta mellora nas buscas, con funcións avanzadas, busca por voz e posibilidade de aplicar filtros nos resultados, ven acompañada de melloras na exportación de rexistros a xestores bibliográficos e cun espazo máis intuitivo para que os usuarios poidan  xestionar os seus préstamos, facer reservas, solicitar documentos dispoñibles, que antes non podían e consultar o seu historial de lectura. Os usuarios agora poden gardar rexistros e buscas en favoritos, crear alertas para recibir avisos cando ingresen documentos do seu interese no catálogo, e ata poden etiquetar documentos  para clasificalos e acceder máis doadamente a eles.

Podedes consultar o material informativo que elaboramos e que trataremos de enriquecer e completar nos próximos meses.

Queremos pedirvos comprensión nestas primeiras semanas. Crunia é una ferramenta nova para vós, pero tamén para o persoal e todos/as temos que tentar cambiar antigas rutinas e adaptarnos a un novo xeito de traballar.

Esperamos que este proceso de adaptación sexa levadeiro e o menos frustrante posible, pero durante o tránsito podedes poñervos en contacto co Servizo, tanto coa Biblioteca Central como coas distintas bibliotecas de centro. Trataremos de vos resolver as dúbidas que teñades.


jueves, 27 de julio de 2017

O Catálogo Galicia da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela




O Catálogo Galicia da USC é a maior fonte documental para os estudos galegos, e polo tanto, a base de datos de máis interese para a investigación sobre a nosa comunidade autónoma. Os antecedentes deste catálogo remóntanse a finais dos anos 70, coa demanda de investigadores interesados na temática galega, que fixo posible a formación dun ficheiro interno cos datos dos libros galegos existentes nos fondos da Biblioteca Xeral. Xa nos anos 80 créase a Sección Galicia e decídese facer un catálogo dedicado aos fondos galegos da biblioteca, tanto das monografías como das publicacións periódicas.

Os criterios para a inclusión dunha obra neste catálogo é que cumpra algún dos seguintes requisitos:

  • Estar escrita en lingua galega
  • O autor é galego, independentemente da lingua na que escriba e de que resida ou non en Galicia
  • O autor reside en Galicia, sen ter nacido aquí, e a súa vida e/ou a súa obra está vinculada a Galicia
  • O autor desenvolveu a súa actividade profesional temporalmente en Galicia
  • Obras editadas en Galicia por calquera editorial ou institución, sexa cal sexa o idioma da publicación
  • Obras sobre Galicia ou sobre autores ou personaxes galegos, sexe cal sexa o país ou a lingua de publicación

Hai que destacar a gran riqueza deste fondo, non só polo seu tamaño, senón  tamén pola súa calidade, xa que é posuidor de primeiras edicións, fondo patrimonial, literatura non comercial, separatas, etc., con moitos exemplares únicos. É, polo tanto, un catálogo que serve de referencia non só a comunidade universitaria, senón tamén á sociedade galega, ao ser dalgunha maneira a bibliografía nacional galega.

Nos últimos anos a BUSC está traballando no acceso dixital ao seu fondo galego e patrimonial; como resultado, parte do fondo está presente en Minerva, o repositorio institucional da USC, e tamén no apartado Coleccións dixitais do catálogo da BUSC. Nestas últimas, poden consultarse as seguintes coleccións con presenza de fondo galego:

  • Galicia: títulos dos libros dixitalizados do fondo galego de manuscritos e impresos publicados entre 1483 e 1900 
  • Prensa galega: títulos de prensa e revistas dixitalizadas de fondo antigo galego
  • Bibliografías Letras Galegas: catálogos bibliográficos elaborados pola biblioteca correspondentes a diferentes mostras bibliográficas organizadas anualmente con motivo do Día das Letras Galegas

Tamén existe fondo galego nalgunha das outras coleccións, como en Incunables, Literaturas Hispánicas ou Biblioteca América.

Ademáis deste catálogo, temos que citar a base de datos Autores galegos na BUSC, que actúa como directorio de autores galegos, ofrecendo información bio-bibliográfica daqueles autores que, figurando no catálogo da BUSC, son naturais de Galicia, teñen vinculación coa cultura galega, ou desenvolven en Galicia a súa actividade profesional ou creativa. 

Para obter máis información sobre estas bases de datos podedes consultar o artigo “Os fondos galegos da Biblioteca Universitaria de Santiago”, publicado por Pedro Incio en Murguía: revista galega de historia.

martes, 29 de noviembre de 2016

O catálogo da Biblioteca Universitaria

O catálogo da Biblioteca da Universidade da Coruña contén os datos bibliográficos e a localización de todos os documentos que se atopan nas nosas bibliotecas.
Experimentou numerosos cambios dende o seu comezo  en 1995 co sistema de xestión bibliotecaria Sabini ata o día de hoxe, con Millennium.
Actualmente a súa colección alberga 875.000 libros, 29.000 ebooks  e  48.000 documentos noutros formatos, como mapas, DVD, etc. Conta tamén con 9.300 revistas en papel e 24.000 en formato dixital, ademáis de dar acceso a 48 bases de datos de diferentes disciplinas científicas.
O catálogo ofrece diversas funcionalidades, entre as que destacan:
  • Novidades no catálogo: fondos incorporados ao catálogo durante o último mes e clasificados por biblioteca.
  • Bibliografía recomendada: coa opción de facer as búsquedas tanto por materia de clase como por profesor.
  • O meu rexistro: queremos salientar especialmente esta opción, moi interesante para os nosos usuarios, xa que permite consultar qué documentos se teñen en préstamo, renovalos, reservar documentos que estean prestados nese momento, consultar o historial de préstamos, crear alertas de buscas, etc.

En canto as opcións de busca, podemos distinguir catro tipos:
  • Busca simple: permite atopar calquera obra a través dos distintos índices (autor, título, materia…), así como poder limitala por ubicación, ben realizando a busca no catálogo completo ou en bibliotecas concretas.
  • Busca avanzada: é un tipo de busca máis personalizada ca anterior, podendo establecer filtros polo tipo de material, o idioma, o ano, etc.
  • Busca guiada por: moi similar á busca simple, coa particularidade de que se mostran indicacións e exemplos de cómo encher os campos.
  • Busca de: nesta opción pódese limitar a busca dende o comezo por teses, traballos  de fin de carreira/grao, recursos en liña, etc.
Para finalizar, queremos citar un catálogo imprescindible no ámbito das bibliotecas universitarias e do que forma parte a UDC dende o ano 2000, o de REBIUN (Rede de Bibliotecas Universitarias Españolas), que actualmente agrupa os catálogos de 95 bibliotecas (76 bibliotecas universitarias, o CSIC e unha vintena máis de bibliotecas de institucións asociadas) e constitúe unha ferramenta fundamental para realizar búsquedas bibliográficas a escala nacional.

jueves, 23 de junio de 2016

O Catálogo Galicia e a base de datos Autores Galegos da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela

Os antecedentes do Catálogo Galicia da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela remóntanse a finais dos anos 70, coa formación dun ficheiro interno cos datos dos libros galegos existentes nos fondos xerais da Biblioteca Xeral. Nos anos 80 créase a Sección Galicia e decídese facer un catálogo dedicado aos fondos galegos da biblioteca, tanto das monografías como das publicacións periódicas.

Os datos do Catálogo Galicia tomados da Memoria da BUSC de 2013 reflicten a importancia do seu fondo galego:
  • Número total de rexistros: 319.301, dos que
    • 96.607 corresponden a monografías
    • 2.996 a títulos de revistas
    • 219.698 son rexistros analíticos de artigos e partes de libro
O fondo tamén destaca pola súa calidade: primeiras edicións, fondo patrimonial, literatura non comercial, separatas, etc., con moitos exemplares únicos.

O Catálogo Galicia reúne obras que cumpren algún dos seguintes requisitos:
  • estar escrita en galego
  • o autor é galego, independentemente da lingua na que escriba
  • o autor reside en Galicia, e a súa vida e/ou a súa obra está vinculada a Galicia
  • o autor desenvolveu a súa actividade profesional temporalmente en Galicia
  • obras editadas en Galicia
  • obras sobre Galicia ou sobre autores ou personaxes galegos

Nos últimos anos a BUSC está traballando no acceso dixital ao seu fondo galego e patrimonial; deste xeito, parte do fondo está presente en Minerva, o repositorio institucional da USC, e tamén no apartado Coleccións dixitais do catálogo da BUSC

A base de datos de AutoresGalegos na BUSC é accesible dende xuño de 2007, cando comezou con 8.000 nomes; na actualidade conta con máis de 10.000 rexistros. Esta base de datos ofrece información biobibliográfica dos autores que, figurando no catálogo da BUSC, son naturais de Galicia, teñen vinculación coa cultura galega, ou desenvolven en Galicia a súa actividade profesional ou creativa.

A súa orixe está no ficheiro de autoridades que, a principios dos anos 90, comeza a elaborarse có obxectivo principal de unificar as diversas formas dos nomes dos autores que viñan xurdindo, debidas en parte ao novo estatus do galego como lingua oficial de Galicia, ás variantes dos autores lusistas e tamén aos cambios na normativa ortográfica.

Este directorio está vinculado ao Catálogo Galicia, seleccionando aos autores galegos con bibliografía presente nese catálogo; a partir dos rexistros de autoridade do programa edítanse os rexistros na páxina web. Estas fichas de autor están ademais vinculadas a Dialnet e tamén a ORCID.

viernes, 15 de enero de 2016

2016: AS BIBLIOTECAS DIXITAIS EN CIFRAS

The interior of the José Vasconcelos Library / Eneas De Troya. CC BY 2.0
Na última entrada do blog recollíamos os datos dispoñibles ao inicio de 2016 de libros e monografías catalogados en bibliotecas, tanto en papel como electrónicos, desde o ámbito global ao local (BUDC).
Facemos agora o mesmo cos obxectos dixitais presentes nas bibliotecas virtuais de todo o mundo:
  • Europeana reúne unha colección de 48.519.827 recursos dixitais de arquivos, museos, bibliotecas e coleccións audiovisuais europeas. Desagregación polo modo de transmisión da información:
    • Imaxe: 27.453.288 
    • Texto: 19.398.095 
    • Vídeo: 895.664 
    • Son: 747.011 
    • 3d: 25.769
  • Library of Congress: 7 millóns de items integran as súas sus coleccións dixitais (Digital Collections) 
  • Biblioteca Digital Hispánica: biblioteca dixital da Biblioteca Nacional de España. Desagregación por tipo de documento (marzo 2015):
    • Monografías impresas: 68.569
    • Manuscritos: 11.418
    • Debuxos, gravados e fotografías: 30.949
    • Partituras: 31.016
    • Material cartográfico: 5.046
    • Registros sonoros: 15.334
    • Prensa e revistas: 1.077  
  • Hispana: portal de acceso ao patrimonio dixital e agregador nacional de Europeana: recolectou 6,213,325 obxectos dixitais de 209 repositorios. 
  • Recolecta: Recolector de Ciencia Aberta da FECYT, que agrupa a todos los repositorios científicos nacionais; conta con 840.000 documentos electrónicos de 85 repositorios 
  • Galiciana (biblioteca dixital de Galicia):
    • Número de obras: 5.309
    • Número de grupos de obxectos multimedia: 174.897
    • Número de obxectos multimedia: 1.691.761

viernes, 8 de enero de 2016

2016: OS CATÁLOGOS DAS BIBLIOTECAS EN CIFRAS



Recompilación dos últimos datos dispoñibles de títulos y exemplares en bibliotecas, a nivel global, europeo, nacional, galego e da UDC:

Globais
O WorldCat do OCLC, o maior catálogo en liña do mundo, contén máis 347 millóns de rexistros bibliográficos, que representan máis de 2,300 millóns de exemplares en 485 idiomas, en xaneiro de 2016.

Europa
The European Library (TEL) ofrece acceso aos recursos de 48 bibliotecas nacionais de Europa e a bibliotecas de investigación europeas; reúne 163 millóns de rexistros bibliográficos. 

España
Galicia

Biblioteca da UDC: 915.828 exemplares

Revistas   

viernes, 29 de noviembre de 2013

Os catálogos hoxe


Tras os catálogos manuais, en papel e en fichas, apareceron os catálogos en liña de acceso público (OPACs). Do seu comezo en 1984 ata hoxe, experimentaron numerosos cambios.

Na actualidade temos os que se dan en chamar OPACs enriquecidos que ofrecen:
  • Información asociada ao rexistro bibliográfico (cubertas dixitalizadas, resumos, táboas de contido, etc.).
  • A integración de recursos electrónicos como libros e revistas.
  • Unha experiencia de busca mellorada con novas formas de visualización da información e navegación.
Catálogos moi interesantes son o WorldCat, o maior catálogo do mundo, con máis de dous billóns de rexistros disponibles; e un pouco máis modesto, pero utilísimo para obter información sobre documentos relacionados con Galicia (de ou sobre Galicia, de ou sobre autores galegos, …), o Catálogo Galicia da Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, que busca en todo o seu fondo galego.

O catálogo da Biblioteca da Universidade da Coruña contén os datos bibliográficos e a localización de todos os documentos (libros, revistas, mapas, películas, etc.) que se atopan nas nosas bibliotecas. Conta con diversas opcións: