Mostrando entradas con la etiqueta Google Académico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Google Académico. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de marzo de 2017

Cómo incrementar a visibilidade científica do PDI da UDC



Á hora de incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados de investigación do PDI da UDC, existen unha serie de accións que deben implementar os autores. Sinalaremos neste post as principais:

1. Crear un perfil en ORCID: permite ó autor ter unha identidade dixital unívoca e o seu obxectivo é chegar a ser o rexistro único mundial de autores. Conéctase con outros sistemas de identificación de autor como ResearcherID da Web of Science e Author ID de Scopus, ademáis de garantir unha interacción entre os diversos sistemas de recuperación de información como as bases de datos. ORCID, aparte de identificar ao autor, permite a creación dun perfil bibliográfico dixital completo: formación académica, publicacións, etc. Calquera autor pode crear un rexistro ORCID de forma libre e gratuíta.
En relación coa normalización, tamén temos que citar a Instrucción para os autores da UDC sobre a filiación institucional de publicacións científicas, que contribúe á correcta identificación da autoría e á vinculación da súa produción coa universidade. Isto facilitará o seguimento da produción científica da UDC e a visibilidade dos autores nas bases de datos, repositorios, etc.

2. Crear un perfil en Google Académico: trátase dun perfil persoal no que se mostra a produción científica dun investigador, así como as súas métricas (número de citas, índice h e índice i10). Debido a que Google Scholar é un dos buscadores científicos máis utilizados, é recomendable crear dito perfil, permitindo así incrementar a visibilidade e impacto da produción científica. Aínda que se poden engadir manualmente publicacións propias no perfil, éstas alcanzan unha visibilidade mínima nos resultados do buscador se non se encontran aloxadas en páxinas web académicas. Por iso é importante incluir as publicacións en bases de datos en aberto como Dialnet, subir os artigos ao repositorio institucional (o RUC), etc.

3. Depositar no RUC, repositorio institucional da UDC: supón unha excelente oportunidade para o autor, ó cal garantízalle unha alta visibilidade da súa producción. O depósito dunha publicación no RUC permite a súa presenza noutros recolectores e tamén garante que sexa atopada en Google, Google Scholar, e outros motores de busca de forma que a publicación faise máis visible. Ademáis, permite elixir unha licenza Creative Commons para poder detallar os usos que o autor quere permitir das súas publicacións. O depósito pode realizarse mediante autoarquivo (os autores da UDC depositan eles mesmos os seus documentos) ou arquivo delegado (solicitan á biblioteca que realice o depósito dos seus documentos).

4. Divulgar en redes científicas: son plataformas específicas para investigadores que funcionan da mesma forma que as redes de ámbito xeral, pero nas que só participan persoas que realizan de forma regular proxectos de investigación. Os usuarios crean o seu propio perfil persoal, no que describen os seus datos, intereses de investigación, actividades nas que traballan etc. O seu obxectivo é promover a colaboración e o intercambio de coñecementos entre os investigadores e as institucións, así como facilitar a difusión e o acceso á investigación. En xeral, estas redes científicas permiten compartir bibliografía, acceder ó texto completo dalgúns documentos, construír grupos con intereses afíns, acceder a noticias científicas, novidades… Algunhas das redes científicas máis coñecidas son Academia.edu, ResearchGate e Mendeley Research, entre outras. Un caso destacado é Science Open, que ademáis dunha rede de investigación de libre acceso, permite publicar un manuscrito mediante un proceso de revisión por pares post-publicación.

lunes, 12 de diciembre de 2016

Google Académico


Google Académico (ou Google Scholar) é un buscador de publicacións científicas enfocado no mundo académico e soportado por unha base de datos que almacena un amplo conxunto de traballos de investigación científica de diferentes disciplinas e formatos de publicación.
Apareceu en 2004, e pola súa exhaustividade e multidisciplinariedade,  poderíamos dicir que é o equivalente gratuíto á Web of Science e Scopus, e indiza moitos más artigos a non limitarse só ós dunha selección de revistas.

As súas características máis destacadas son:
-     Busca en diversas fontes dende un único sitio.
-     Atopa traballos académicos, artigos, autores, resumos e citas.
-    Localiza o documento a texto completo (se o hai) a través da túa biblioteca ou na rede. Os recursos electrónicos subscritos pola BUDC están dados de alta en Google Académico, polo tanto, se entre os resultados da procura hai algún cuxo texto completo se atopa nela, sairá unha mensaxe que o indicará, sempre que a busca se faga no dominio udc.es.
-     Grazas á posibilidade de crear alertas, mantén aos investigadores ao día.

Unha das súas funcionalidades a destacar son as análises de citas, a través das que se poden consultar as citas recibidas polos traballo dun autor. Para acceder a elas, os pasos serían:
  • Na opción 'Busca avanzada', combinar os diferentes termos de busca: autor, publicación, data, etc.
 
  • No caso de que o traballo teña citas, aparecerá a ligazón 'Citado por'.
  • Ó facer clic en 'Citado por', aparecen os artigos que citaron o traballo.
Unha  opción interesante nos resultados da busca é a de "Artigos relacionados", a través da que Google Académico presenta unha lista de artigos estreitamente relacionados, a cal se ordea polo similares que sean estos artigos ó resultado orixinal e tamén tendo en conta a relevancia de cada documento.
Como conclusión, destacamos como vantaxes deste buscador a súa utilidade para localizar documentos dispoñibles en acceso aberto en Internet, a inclusión de moita información de ámbito español, o seu gran alcance na rede ou a súa focalización no ámbito da documentación científica. Pola contra, algunha das súas debilidades poderían ser que o seu sistema de busca é demasiado simple ou a heteroxeneidade dos seus contidos.