Mostrando entradas con la etiqueta dicionarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dicionarios. Mostrar todas las entradas

viernes, 26 de abril de 2013

Libros electrónicos de pago e gratuítos


A Biblioteca da UDC conta cunha ampla colección de libros electrónicos de pago que inclúe obras de referencia e coleccións temáticas e multidisciplinares.

Dentro das obras de referencia están incluídas:
- A ferramenta Visión Médica Virtual en 3D, sobre anatomía humana.

Nas coleccións multidisciplinares temos a Ebook Collection de EbscoHost e Netbiblo; e nas de temas concretos temos a ACM Digital Library, de informática; a AMS, de matemáticas; a IEEE Xplore, de enxeñaría eléctrica e electrónica; LION, de literatura; e Springer Economía e Empresa.

En relación cos libros electrónicos gratuítos, no blog Universo Abierto falaron hai pouco de libros libres, gratuítos, open access e buscadores de ebooks. Se vos interesa este tema, recomendámosvos que vexades a presentación que fixo Julio Alonso Arévalo sobre isto en Slideshare.

Nela fala de tendencias e patróns xerais nas iniciativas editoriais e modelos de negocio de ámbito internacional que dan acceso aberto aos títulos individuais de pleno dereito. Estuda algunhas destas iniciativas a partir dos conceptos básicos de acceso aberto e a súa aplicación aos libros. Finalmente recolle algúns dos sitios onde se poden atopar libros electrónicos gratuítos.

Os proxectos de acceso aberto teñen como obxectivo poñer a información en repositorios dixitais en beneficio da comunidade e a máis alta visibilidade dos autores.

Destaca os seguintes buscadores de libros electrónicos: 
Luzme: permite comparar prezos, formatos e condicións de dereitos de uso dos libros electrónicos.
- Inkmesh: motor de busca para atopar libros electrónicos gratuítos e comparar os prezos para Kindle, iPhone, Nook e Sony en tendas virtuais como Amazon.com, Sony eBook Sorte, Barnes & Noble, iBookStore, etc.
- Neotake: buscador que permite atopar máis de cinco millóns de libros electrónicos coa posibilidade de buscar libros gratuítos “Free”.

Podedes consultar aquí a entrada do blog completa.

lunes, 20 de octubre de 2008

OXFORD ENGLISH DICTIONARY ONLINE

Xa contamos na nosa biblioteca do Oxford English Dictionary Online, este dicionario é moi coñecido e considerado como unha das máximas autoridades no idioma inglés.
É o maior dicionario de calquer lingua no mundo, recolle todos os usos, variantes, evolución, etimoloxía e pronunciación de máis de 600.000 palabras nos últimos 1500 anos.
Este recurso pódese consultar en diferentes seccións da nosa biblioteca: NOVEDADES, RECURSOS EN INTERNET- XERAIS-ENCICLOPEDIAS E DICIONARIOS, BIBLIOTECA DIXITAL-SUMARIOS ELECTRÓNICOS