viernes, 14 de febrero de 2020
Ranking de revistas con selo de calidade FECYT
viernes, 13 de noviembre de 2015
SESIÓN DE FORMACIÓN PRESENCIAL SOBRE SCOPUS (NIVEL EXPERTO)
O pasado 10 de septiembre tivo lugar no Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña) unha nova sesión de formación presencial no uso e funcionalizades avanzadas de Scopus, impartido por unha formadora especializados de Elsevier e organizado pola FECYT.
Tras unha introducción sobre Scopus, a súa cobertura (22.000 revistas e 30,000 libros) e os seus proxectos de expansión de libros y conferencias, a sesión centróuse nas funcionalidades avanzadas de Scopus:
- Busqueda por autor e creación de perfís de autor mediante o Scopus Author Identifier e a sincronización con ORCID.
- Búsqueda por filiación. Universidade da Coruña é o nome normalizado da Universidade en Scopus, de acordo coas Directrices e recomendacións de filiación institucional para as publicacións de investigadores da UDC
- Resumos de citas e sistema de alerta de citas, novas publicaciones dun autor, unha institución, etc.
- Búsca avanzada mediante operadores booleanos e códigos concretos desta base de datos
- Análise de documentos secundarios includos en Scopus: elementos no indexados citados por artigos que si están indexados
- Métricas
- a nivel de revista: SJR (Scimago Journal Rank), IPP (Impact per Publication), SNIP (Source Normalized Impact per Paper)
- a nivel de artigo: Scopus Article Metrics
- Índice H
O sitio web Recursos científicos da FECYT conta cunha sección dedicada aos diferentes ciclos de formación (presencial e en liña) que imparte, na que se recolle o material das distintas sesións.
viernes, 14 de marzo de 2014
Normalizar o nome do autor nas publicacións
- Normalización de autores e institucións (FECYT): recomendacións para fomentar a sinatura normalizada dos investigadores españois nas súas publicacións.
- Recomendacións para os enderezos electrónicos e páxinas web do persoal investigador (Isidro F. Aguillo, CINDOC-CSIC).
- ORCID (Open Researcher & Contributor ID): é un sistema para a identificación inequívoca dos autores de publicacións científicas. Pretende ser o rexistro único mundial de autores, á maneira do Identificador de Obxectos Dixitais (DOI). Conéctase con sistemas actuais de identificación de autor como ResearcherID e Scopus Author Identifier, entre outros. Máis información (Universidade Politécnica de Cataluña).
- IraLIS (International Registry for Authors: Links to Identify Scientist): sistema de estandarización das sinaturas dos autores científicos pensada especialmente para autores españois.
- Researcher ID na Web of Science: perfil individual que pode crear o autor dentro da WoS. Máis información.
- Scopus Author Identifier: asigna un identificador a cada autor que ten artigos publicados na súa plataforma. Máis información.
viernes, 27 de septiembre de 2013
Semana do acceso aberto 2013
martes, 7 de mayo de 2013
Formación presencial sobre Scopus na UDC
lunes, 5 de marzo de 2012
MEDLINE NA FECYT

Medline é o maior componente de PubMed, un sistema de recuperación de información gratuíto que permite buscar, ademáis de nesta, noutras bases de datos compiladas pola NLM. PubMed tamén ofrece acceso a texto completo a numerosos documentos a partir de 1950, a través do seu portal de revistas en acceso aberto PubMed Central
Outras ferramentas de busca en Medline son: Babel MESH, BioMedSearch, Facta+, GoPubMed, iSEEKMedical, MEDIE, novoseek, PubCrawler, PubFocus, PubGet, Quertle, SLIM
A partir do 29 de febreiro de 2012, a FECYT inclúe Medline entre as bases de datos dentro da licenza nacional da Web of Knowledge sen incrementar o custe total desta. A FECYT ofrece esta base de datos por ser moi útil á comunidade investigadora e por complementar positivamente ás outras bases da licenza
Tedes máis información en:
Guía de uso en español de como buscar en Medline con PubMed
PubMed no blog da Biblioteca de Ciencias da Saúde (Oza).
jueves, 14 de octubre de 2010
NOVA LICENCIA DA WEB OF KNOWLEDGE

Dende o pasado mes de agosto unha nova licencia nacional subscrita polo Fecyt coa ISI Web of Knowledge e vixente ata o ano 2013 modifica o listado de bases de datos accesibles dende esta plataforma.
Permanecerán as máis utilizadas: Web of Science, Journal Citation Report e Essential Science Indicator e suprímense Current Content Connect, ISI Proceedings, Derwent Innovation Index e Medline aínda que destas últimas disporemos dos datos históricos ata o ano 2009.
Así e todo, as patentes de Derwent Innovation Index localizarémolas en Scifinder e a base de datos Medline será accesible pola plataforma OvidSP.
viernes, 21 de mayo de 2010
Xornadas de formación no Web of Knowledge

O calendario de actividades de maio péchase o día 31 coa celebración de dous cursos na Universidade da Coruña, nos campus de Ferrol e A Coruña.
Ditas xornadas están destinadas a usuarios avanzados, con coñecementos previos da plataforma da Web of Knowledge. Exporanse as principais novidades en Researched ID, Web of Science e EndnoteWeb e darase formación específica sobre evaluación da investigación e consellos para realizar buscas bibliográficas efectivas na Web of Science.
O curso no campus de A Coruña será en quenda de mañá de 11:00 a 14:00 horas no Edificio Xoana Capdevielle, e de tarde no campus de Ferrol, Facultade de Humanidades, de 18:00 a 21:00 horas. O prazo de inscripcións está aberto dende o 14 de maio. Posto que o aforo de cada curso é limitado a 50 prazas, é necesario rexistrarse.




