Mostrando entradas con la etiqueta Fontes de información. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fontes de información. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de junio de 2017

O impacto da actividade científica da UDC: actualización 2017



Como comentabamos no post da semana pasada, e continuando coa análise da actividade científica da nosa universidade, nesta entrada do blog mediremos a repercusión da produción científica da UDC mediante a análise de citas, non sen antes reiterar a puntualización feita na anterior entrada do blog sobre as variacións debidas a regularización dos datos da filiación dos investigadores da UDC nos últimos anos.
No seguinte informe de citas  relativo á UDC, elaborado automáticamente pola base de datos Web of Science, pódense extraer os seguintes índices de impacto:











Número de citas recibidas polos artigos da UDC indexados nos SCI, SSCI, A&HSCI da WOS: 105992 (83876 en 2015)
Media de citas por ítem indizado na WOS: 10,87 (8,77 en 2015)
Índice h: 97 (85 en 2015)

Vemos que xunto ao gráfico de citas é necesario considerar o número de ítems publicados, que ten utilidade para o cálculo da promedio de citas pero, sobre todo, para o do índice h.
Tamén son relevantes os índices h anuais, que establecen un número concreto de artigos publicados nun ano que ao longo do tempo foron citados ese número concreto de veces:






É importante especificar que nos últimos anos o índice h diminúe bastante porque foi calculado cando os artigos apenas tiveron tempo de ser citados. Un reconto posterior dos índices ofrecerá valores comparables.

A páxina do Observatorio IUNE ofrece indicadores da actividade científica, moi útiles ao reflectir valores anuais, polo que a continuación realizaremos unha análise dos datos do Informe 2016 deste observatorio atinxentes á UDC. Compre sinalar que dito informe contén datos do período comprendido entre 2005 e 2014.
Como sucede cos índices h anuais, vemos que nos últimos anos prodúcese unha diminución de valores non relacionada cun descenso do impacto senón coa proximidade da produción científica analizada. Con esta precaución, podemos extraer os seguintes valores para a UDC:
Táboa de elaboración propia que reúne estatísticas do Observatorio IUNE, elaboradas a partir de datos extraídos da Web of Science



A seguinte táboa resume a evolución da producción científica da UDC nos diferentes indicadores mediante a evolución dos rankings respectivos: 



Pódese observar que se mantén nos mesmos postos nos rankings de publicacións por profesor, publicacións en primer cuartil e en TOP3, baixa mínimamente no promedio de citas por profesor ou de  publicacións UDC e sube un posto no de colaboración nacional; pola contra, baixa dous postos na colaboración internacional.


martes, 15 de noviembre de 2016

Libros electrónicos na BUDC


Nesta nova entrada que dedicamos no blog as distintas tipoloxías de recursos de informacíon na web da Biblioteca da UDC imos falar dos libros electrónicos  .
Inda que no ámbito universitario os libros impresos son preferidos, o uso do libro electrónico foi crecendo desde a súa comerzialización nos anos 90, sendo ultilizados primeiro como libros de consulta e ratificación, pero esta tendencia foise modificando gracias a disponiblididdes dun maior tipo de dispositivos que facilatan e flexibilizan a experiencia da lectura.(netbook, tabletas, e-reader, móviles)
Nun principio presentronse como solucionadores dalgúns grandes problemas das bibliotecas universitarias: espacio, deterioro, deterioro de materiais e a súa reposición, xestión das coleccións, etc.
Pero isto non resultou ser asi senón que o libro electrónico abriu as portas a novos problemas: variedade de modelos de adquisición; a diversidade de formatos; problemas de normalización, de selección, de xestión, as limitacións establecidas polos editores  a través de sistemas DRM aos que hai que dar resposta.
Ademáis a chegada  do libro electrónico está propiciando busca de novas posibildades de comerzialización, e nas propias editorias e distribuidoras que traballan no ambito científico están plantexando novos modelos de negocio  orientados a facilitara transición do modelo análoxico ao dixital.

Libros electrónicos na BUDC.
Divíndense en dúas categorias: obras de referencia dixital e coleccións temáticas e multidisciplinares, que van acompañadas de guías e tutoriais.

Obras de referencia dixital:
Blackwell Encyclopedia of Sociology
Diccionario Slabý/Grossman español-alemán
Enciclopedia Multimedia Durvan
Espasa Uuniversal
International Encyclopedia Of Communication
Oxford English Dictionary
Palgrave Dictionary of economics
Visión Médica Virtual

Coleccións temáticas e multidisciplinares
 ACM Digital Library (Association for Computing Machinery)
AMS (American Mathematical Society)
Digital Tutors
Ebook collectión (EBSCOhost)
IEE Xplore (Institute of Electrical and Electronics Engineers)
Lion (Literature ONline)
Springer Economía y Empres

Guias e tutoriais

viernes, 11 de marzo de 2016

PROPIEDADE INTELECTUAL (II): USOS DO MATERIAL



Na entrada anterior do blog falabamos dos dereitos de autor e das súas excepcións que a lei establece en favor da docencia, a investigación, a crítica e as actividades de institucións como as bibliotecas. Dicíamos que as excepcións permiten empregar recursos con copyright sen necesidade de obter permiso do titular dos dereitos de propiedade intelectual (autor ou editor).

Nesta entrada imos ver qué recursos pódense utilizar segundo á Lei.

Non podemos esquecer que en todo caso existe a posibilidade de utilizar calquera obra ou recurso, sempre que o titular da obra nos dea permiso (e previo pago dunha remuneración, se nola pide). As excepcións só permiten usar as obras sen necesidade de permiso, pero iso non exclúe en tódolos casos a obriga de aboar unha remuneración.

Se non hai titular polo paso de 70 anos, as obras están no dominio público e poden ser usadas por calquera. Son as obras máis convenientes para o seu uso.

Recursos en dominio público:
Europeana, nas buscas de recursos, distingue á hora de contestar á pregunta  “Podo usalo?”
As obras de dominio publico están no grupo Si Con Atribución. Neste grupo tamén se inclúen obras coas licenzas menos restritivas de Creative Commons.
  • CC BY: permite todo uso sempre que se recoñeza ao autor. En Europeana, iría no mesmo grupo que as obras de dominio público, xa que permite o uso con atribución
  • O autor tamén pode liberar a obra de dereitos mediante unha etiqueta de declaración CC0 Public Domain
As demáis licenzas Creative Commons son más restritivas e Europeana agrúpaas na categoría de Uso Con Restricións

Despois é posible empregar obras con dereitos reservados sen licenzas CC sempre que se verifique algunha das excepcións que establece a lei e das que xa falamos na entrada anterior do blog.
Se hai problemas, o mellor é recorrer a obras de uso público (CC ou dominio público)

Europeana e outras plataformas conteñen obras orfas: isto lles permite incluír no seu repositorio dixital obras sen autor coñecido pese a unha busca dilixente nos seus catálogos, e os usuarios poden empregar as imaxes e sons. Pero se finalmente aparece o autor, será necesario pagarlle una compensación axeitada. Así que tal vez non sexa a mellor opción para dixitalización por parte de pequenas bibliotecas.

Uso de artigos en acceso aberto:
Acceso aberto non quere dicir que os artigos sexan de uso libre e sen restrición. Os autores reservan os seus dereitos (mediante licenzas CC, por exemplo) e o recoñecemento é esencial. Son libremente accesibles pero non poden facerse outros usos. Pero ao empregarse na investigación, non hai problemas de usos comerciais.

Open Data:
Os datos abertos (hai datos con copyright), a diferenza dos artigos en OA, normalmente levan a etiqueta CC0 ou de dominio público, para facilitar o seu uso. Poder ser gobernamentais ou de investigación. Empréganse con fins de investigación e de análise.


viernes, 19 de febrero de 2016

O IMPACTO DA ACTIVIDADE CIENTÍFICA DA UDC: ACTUALIZACIÓN 2016

Nesta entrada do blog medimos a repercusión da produción científica da UDC mediante a análise de citas, non sen antes reiterar a puntualización feita na anterior entrada do blog sobre as variacións debidas a regularización dos datos da filiación dos investigadores da UDC nos últimos anos.
Deste informe de citas relativo á UDC, elaborado automaticamente pola base de datos WOS, pódense extraer os seguintes índices de impacto:
  • Número de citas recibidas polos artigos da UDC indexados nos SCI, SSCI, A&HSCI da WOS: 83876 (61620 no cálculo cos datos de 2015)
  • Media de citas por ítem indizado na WoS: 8,77 (8,14 en 2015) 
  • Índice h: 85 (72 no cálculo cos datos de 2015)
Vemos que xunto ao gráfico de citas é necesario considerar o número de ítems publicados, que ten utilidade para o cálculo da promedio de citas pero, sobre todo, para o do índice h.
Tamén son relevantes os índices h anuais, que establecen un número concreto de artigos publicados nun ano que ao longo do tempo foron citados ese número concreto de veces:


Índice h
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
Año
33
38
33
32
34
35
31
27
21
13
6

Nos últimos anos (2014-2015), o índice h diminúe drásticamente porque foi calculado cando os artigos apenas tiveron tempo de ser citados. Un reconto posterior dos índices ofrecerá valores comparables.

A segunda parte da entrada do ano pasado sobre o impacto da produción científica da UDC estaba dedicada á análise dos datos do Informe 2014 do Observatorio IUNE atinxentes á UDC. Como xa recollimos hai uns meses os datos do Informe 2015 e para no reiterar a información, limitámosnos a ofrecer a ligazón á entrada coa análise do último informe:
http://budcinformacion.blogspot.com.es/2015/07/a-producion-cientifica-da-udc-no_21.html