Mostrando entradas con la etiqueta Terapia Ocupacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Terapia Ocupacional. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de mayo de 2008

OS PROXECTOS DE FUTURO DA CONSELLERÍA PARA AS UNIVERSIDADES

Nesta entrevista publicada onte en El País, a Conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, deixa claro que pretende que sexa suficente a financiación autonómica para abordar o Espazo Europeo de Educación Superior, aínda que suliña a necesidade de que as empresas amplien a súa relación económica coas universidades. Tamén aclara que o proxecto de futuro máis importante da consellería e a adecuación das carreiras ao Plan Bolonia para o que xa está prevista a adaptación de 75 titulacións para o curso 2009/2010.
No que concerne á nosa Universidade, pódese dicir que os dous novos graos que se presentaron, Socioloxía e Terapia Ocupacional, xa recibiron da ANECA "un informe favorable".

viernes, 9 de mayo de 2008

A UDC NO 17º POSTO DENTRO DO RANKING DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

Segundo o ranking que aparece no suplemento "Documentos" do diario El Mundo do día 7 de maio do 2008, titulado "50 carreras" a Universidade Da Coruña situase no posto 17º dentro das 45 mellores universidades donde se estudian as 50 carreiras máis demandadas, e no 15º dentro das universidades públicas.
A UDC, atendendo a unha serie de criterios preestablecidos, ocupa o 1º lugar nas titulacións de Fisioterapia e Terapia Ocupacional e o 4º en Arquitectura Técnica dentro das 5 mellores universidades donde se imparten estos estudios .
Os criterios que levaron a estas titulacións a ocupar estos postos, están motivadas no caso de Fisioterapia por "una buena combinación entre contenidos teóricos, prácticos y clínicos [...] y unas excelentes instalaciones. Sus lineas investigadoras dan lugar a gran número de publicaciones, además sus alumnos deben pasar por las 21 unidades clínicas con las que cuenta la escuela."; Terapia Ocupacional porque "desde noviembre dispone de un nuevo edificio para el estudio totalmente equipado y sistuado muy cerca de los hospitales donde los alumnos realizan más de 1.000 horas de prácticas clínicas, además de las horas de prácticas especiales [...] en más de 28 empresas colaboradoras. Ya ha recibido el informe favorable de la ANECA para impartir el grado"; e por último Arquitectura Técnica porque "destaca su tasa de inserción laboral: sus alumnos trabajan antes de finalizar sus estudios"