Mostrando entradas con la etiqueta Medline. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Medline. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de enero de 2014

Novidades da Web of Science


Hai uns días que se actualizou a versión da Web of Knowledge. As modificacións son principalmente na estética da interface, que se simplifica para facilitar as buscas.

A nova Web of Science incorpora na súa páxina principal as seguintes ferramentas: InCites (avaliación personalizada na web baseada nas citas das investigacións), o Journal Citation Reports (JCR), o Essential Science Indicators (ESI), o xestor bibliográfico EndNote, e o ResearcherID.

As bases de datos que inclúe son: a colección principal da Web of Science, Current Contents Connect, Derwent Innovation Index e MEDLINE.


Unha das melloras máis destacables é que unha vez realizada unha busca, se entramos nun rexistro bibliográfico podemos acceder ao cuartil ao que pertence a revista nas diferentes categorías e aos datos da revista na que se publicou o artigo. Ademais, se ese artigo ten presenza en ESI ou en Hightly Cited, tamén se pode ver esa información desde o rexistro.


Outras melloras son:
  • Nova sección de refinamento ‘Open Access’, que facilita a localización das revista en acceso aberto.
  • Algunhas funcionalidades cambiaron de sitio para estar máis accesibles. Un exemplo é o botón de ‘Analyze Results’, que atopamos na páxina de resultados de busca.


Algunhas das novidades estarán dispoñibles próximamente, como a nova base de datos de Scielo, a partir da última semana do mes de xaneiro. Tamén está prevista a integración con Google Scholar, pero aínda non hai unha data exacta de cando se fará.

Máis información sobre as novidades desta actualización.

A nova Web of Science (presentación de Thomson Reuters)

Titorial da nova interface 2014 realizado pola Universidade de Córdoba.

lunes, 5 de marzo de 2012

MEDLINE NA FECYT


Medline é unha das bases de datos bibliográficas e de resumos de literatura biomédica máis ampla do mundo, que produce a National Library of Medicine (NLM). Agrupa en versión automatizada tres índice impresos: Index Medicus, Index to Dental Literature e International Nursing Index, e recolle as referencias de máis de 21 millóns de artigos publicados en revistas médicas desde 1966. Unha característica distintiva desta base é que os rexistros son indexados co vocabulario controlado da NLM, o Medical Subject Headings (MeSH)

Medline é o maior componente de PubMed, un sistema de recuperación de información gratuíto que permite buscar, ademáis de nesta, noutras bases de datos compiladas pola NLM. PubMed tamén ofrece acceso a texto completo a numerosos documentos a partir de 1950, a través do seu portal de revistas en acceso aberto PubMed Central

Outras ferramentas de busca en Medline son: Babel MESH, BioMedSearch, Facta+, GoPubMed, iSEEKMedical, MEDIE, novoseek, PubCrawler, PubFocus, PubGet, Quertle, SLIM

A partir do 29 de febreiro de 2012, a FECYT inclúe Medline entre as bases de datos dentro da licenza nacional da Web of Knowledge sen incrementar o custe total desta. A FECYT ofrece esta base de datos por ser moi útil á comunidade investigadora e por complementar positivamente ás outras bases da licenza

Tedes máis información en:
Guía de uso en español de como buscar en Medline con PubMed
PubMed no blog da Biblioteca de Ciencias da Saúde (Oza).