Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bibliotecas. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de junio de 2024

Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+

O 28 de Xuño celebrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ para reivindicar a dignidade das persoas que pertencen a este colectivo e o dereito a non ser discriminados nin pola sociedade nin polas leis.

Aínda que hoxe en día estas celebracións teñen un carácter bastante lúdico, na súa orixe non o eran. A data elixida, foi na que tiveron lugar violentos enfrontamentos entre a policía e membros da comunidade LGTBIQ+  acontecidos  en Stonewall Inn, Nova York, en 1969. Ese 28 de Xuño foi o comezo da loita polos dereitos do colectivo en todo o mundo, e un ano despois, no 1970 celebrouse por primeira vez o Día do Orgullo.



En España a primeira manifestación tivo lugar na transición, o 26 de Xuño de 1977 en Barcelona. Unha manifestación a que acudiron milleiros de persoas, do colectivo LGTBIG+ pero tamén familiares, representantes sindicais e políticos, a pesares de que aínda estaba vixente a lei sobre peligrosidade e rehabilitación social, que represaliaba tantos os actos como as asociacións ou expresións que supuxeran unha orientación sexual ou de xénero diferente. Unha manifestación que non apareceu na televisión e que acabou en graves disturbios. Un ano despois, o 25 de xuño de 1978 o Frente de Liberación Homosexual de Castilla organizou a primeira marcha do orgullo en Madrid, onde continuou celebrándose, agás no 1980 e no 2020. Nos 90 comezou a ter un carácter máis festivo e a súa sona non deixou de medrar polo que no 2016 o Concello de Madrid declarou a Festa do Orgullo de Madrid (MADO) como Festa de interese xeral.

A primeira celebración do día do orgullo en Galicia tivo lugar en 1981 en Vigo, convocada pola Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CCGG), coa asistencia dunhas cincocentas persoas, segundo recolleu a prensa, e co apoio de asociacións feministas e de partidos políticos. Pero previamente na Coruña xa tiveran lugar actos en defensa dos dereitos do colectivo, como os que se levaron a cabo en protesta pola expulsión de dous mozos homosexuais na cafetería Manhattan Plaza. A Coruña foi tamén onde se fundou a primeira asociación LGTBI galega a finais dos anos 80, Milhomes, e quizais por iso A Coruña é unha das cidades españolas nas que esta data se vive con maior intensidade. Unha data que se celebra na cidade dende principios do século XX e que deu orixe a un gran festival de música e doutras actividades culturais para celebrar e visibilizar a diversidade sexual e de xénero, o ATLANTIC PRIDE. Un festival que enche de música e cor a cidade dende o 2018 grazas a colaboración entre a asociación Orgullo Coruña (ORCO) e o Concello da Coruña.



Este ano o ATLANTIC PRIDE contará coas actuacións estelares de Nebulosa, Chanel e Rosa López na semana do 7 o 14 de Xullo, pero na cidade celebrase xa eventos culturais e lúdicos durante o mes da man do Concello e de  ALAS Coruña.

A Universidade da Coruña, pola súa banda, ten un fondo compromiso coa diversidade afectiva e de xénero, feito que se reflicte tanto na participación na Rede de Universidades pola Diversidade (RUD) e a firma do seu Manifesto polo día Internacional do Orgullo, e a súa Declaración contra a LGTBIfobia, coma na creación da Unidade de atención a comunidade LGTBIQ+,  dentro de Unidade de Atención a Diversidade (ADI) así como de normativas, protocolos e códigos de conducta.


A Unidade de atención a comunidade LGTBIQ+  ten varias líneas de traballo entre as que destacan: velar polos dereitos de toda a comunidade universitaria e de xeito especial polos das persoas deste colectivo; dar formación, visibilizar e fomentar a investigación sobre as realidades LGTBIQ+ e apoiar e acompañar as persoas do colectivo nas diferentes situacións que estean vivindo, e de xeito especial a aquelas que sofren algun tipo de discriminación, violencia ou as que están a vivir un proceso de cambio de nome e xénero.


As bibliotecas e os bibliotecarios, temos a labor social de ofrecer información e coñecemento libre de censuras e prexuízos, que sirva para construír sociedades máis abertas, tolerantes e diversas. Estes principios recoñecidos tanto a nivel internacional como nacional por asociacións profesionais como IFLA ou SEDIC fundamentan, tanto a inclusión de materiais nas coleccións xerais como a creación de coleccións ou servizos especiais para o colectivo LGTBIGQ+,  como por exemplo o fondo especial do Consello da Cultura Galega, as guías de bibliografía As bibliotecas entenden ou o clube de lectura QUEERUÑA, das Bibliotecas municipais da Coruña.


A Biblioteca da Universidade da Coruña conta tamén cun amplo fondo especializado para o colectivo LGTBIQ+ que cubre todas as áreas temáticas e en todo tipo de soportes, e elabora guías e seleccións de recursos sobre o tema. Por exemplo dende CRUNIA, a ferramenta de descubrimento que da acceso os recursos da biblioteca podes acceder a varias coleccións temáticas sobre o colectivo:

Aínda que en todas a bibliotecas contan con fondos sobre o tema, hai que facer unha mención especial á Biblioteca de Socioloxía e Ciencias da Educación, que ten varias guías en Pinterest de recursos sobre o tema. Son:
Tamén a editorial Sage ten unha colección en acceso aberto sobre temática LGTBIQ+
















viernes, 30 de septiembre de 2022

Libros prohibidos en USA




Desde hai 40 anos, durante a última semana de setembro, ven celebrándose a Semana dos libros prohibidos, unha campaña anual de concienciación promovida pola ALA e Amnistía internacional para reivindicar a libertade de lectura, íntimamente ligada ao dereito á liberdade de pensamento e de información. Esta iniciativa proponse chamar a atención sobre os intentos de censura que teñen lugar en todo o mundo.  


As bibliotecas xogan o importante rol na  sociedade de fomentar a lectura e asegurar o acceso á cultura. Pero tamén teñen o deber de poñer en mans dos usuarios a suficiente variedade de documentos para que os lectores poidan formar un xuizo crítico, cualidade imprescindible en calquera sociedade democrática. 


No que levamos de ano, ata o 31 de agosto de 2022, a ALA recolleu en Unite Against Book Bans un total de 681 intentos de prohibir ou restrinxir recursos nas bibliotecas que afectaron a 1651 títulos únicos. Isto supón un aumento das tentativas de veto en máis dun 40% con respecto ao ano anterior e un aumento dun 55% no número de títulos afectados. Este ano ao redor dun 70% das iniciativas censoras tiñan como objecto máis dun libro á vez, mentres que o ano pasado as reclamacións individuais (obra a obra) eran as máis comúns.  


Según PEN América durante o 2022 a censura afectou en USA a 1553 creadores, entre escritores, ilustradores e tradutores. O número de casos rexistrados varía en función de cada estado, sendo esta práctica notablemente máis frecuente nos Estados de Texas e Florida. 


As materias que máis suscitaron a prohibición son as relacionadas con temática LGTBQ+, identidade sexual e de xénero, raza, sexualidade (consellos a adolescentes, embarazo, aborto, agresións sexuais, relacións...), dereitos e activismo, etc. 

Neste marco xurden iniciativas como a campaña Books for All da Biblioteca Pública de Nova York, que tratan de paliar esta situación poñendo á disposición do público de xeito gratuito unha selección de libros retirados ou censurados en Estados de maioría republicana. 


Segundo a presidenta da ALA, Lessa Kananiʻopua Pelayo-Lozada, este aumento dos ataques a categorías enteiras por riba dos libros concretos obedece a un esforzo político coordinado para silenciar voces marxinadas, infrarrepresentadas, disidentes e puntos de vista diversos que de algún modo ten que ver coa polarización cada vez máis exacerbada da opinión pública, non só nos Estados Unidos.  


Nesa mesma líña maniféstase PEN America no seu informe Banned in the USA: Rising School Book Bans Threaten Free Expression and Students’ First Amendment Rights (April 2022) no que, falando dos libros escolares, afírman que “a gran maioría das prohibicións de libros que se levan a cabo hoxe en día non son expresións espontáneas e orgánicas da preocupación dos ciudadáns. Máis bien, reflexan o traballo dun número crecente de grupos de presion que fixeron de esixir a censura de certos libros e ideas nas escolas a súa misión”. 


Esta corrente intolerante ten como fenómeno paralelo nas redes a práctica do boicot, silenciamento e acantoamento de aquelas persoas ou institucións que non satisfán as expectativas do cidadán defendendo os valores consensuados. Este azoute/ castigo dixital é coñecido como “cultura da cancelación” e xera un clima que dificulta o diálogo e o debate sobre problemas éticos ou morais complexos xa que se eliminan os matices e se ignoran os contextos, imposibilitando o labor educativo e a corrección pedagóxica, sobre todo en ámbitos activistas (Garnett Achieng). 


Todos os países, en maior ou menor medida teñen un pasado censor no ámbito literario. A ALA recolle algúns clásicos censurados en USA e tamén podemos consultar na súa web, as listaxes anuais dos 10 libros máis cuestionados (desde o 2001) e os motivos das queixas.   


Algúns deses libros máis recentes os temos na biblioteca da UDC: 


Podes consultar que obras temos na BUDC ao redor a censura literaria no seguinte taboleiro en Pinterest. Cada un dos títulos conducirache ao rexistro do catálogo para que o poidas levar en préstamo ou consultar online no caso de ser posible.