Mostrando entradas con la etiqueta Web social. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Web social. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de abril de 2016

PROS E CONTRAS DAS REDES SOCIAIS DE INVESTIGADORES. NOVOS TIPOS

Mapa parcial de Internet basado en la información obtenida del sitio opte.org el 15 de enero de 2005. Creative Commons Attribution 2.5 Generic license
Nunha entrada anterior do blog falabamos dos novos tipos de revistas en acceso aberto, xurdidas unha vez asentadas as rutas verde -repositorios- e dourada -xornais- do OA; dicíamos que ese novas modalidades viñan da man do cuestionamiento do modelo de negocio das revistas con pago por publicación (article-processing charges, APC), por unha serie de traballos, conferencias e iniciativas que estudan a transición da publicación académica cara o Open Access. E que aparecían así revistas como as overlay journals, xornais  superpostos que engaden valor mediante revisión por pares a artigos publicados en arXiv, revistas como RIO, que recollen todos os produtos da investigación, desde ideas a datos, resultados, etc.

Algo semellante pasa no ámbito da web 2.0 e das redes sociais. Tralo éxito de Facebook, Twitter e LinkedIn, surden as primeiras redes sociales de científicos (Academici, Academia.edu). Ao seguir o modelo de Facebook e as súas técnicas agresivas de venda de datos e de visitas as súas páxinas, comparten vantaxes e inconvenientes. Son vantaxes a gran facilidade para a comunicación entre  investigadores con intereses comúns, de completar un perfil bibliográfico, de crear grupos de traballo colaborativo, o incremento da visibilidade da produción científica. Representan beneficios para estas redes o aumento de usuarios e, sobre todo no caso de Research Gate, do número de artigos a texto completo (19 millóns). 

Críticas as dúas maiores redes socais de científicos:
  • Competencia aos repositorios institucionais:
    • Diminución do número de visitas nestes últimos
    • ResearchGate (RG) é un megarrepositorio, pero sen os controis bibliográficos dos institucionais 
    • Os artigos podense enlazar con DOIs, pero non con handles (salvo en Academia.edu); require que se suba o ficheiro
  • No traballo The End of an Era for Academia.edu and Other Academic Networks? estúdase a demanda por competencia desleal de Elsevier a Academia.edu para a retirada de moitos dos seus artigos
  • As que se reflicten en campañas como #DeleteAcademiaEdu
  • Invitacións automáticas a coautores: se un autor de un artigo o sube a RG, a rede envía automáticamente invitaciones aos coautores desde a conta do autor
  • Incoproración ao seu arquivo mediante descargas automáticas y masivas doutros traballos en acceso aberto dos seus usuarios rexistrados
Ler o artigo completo

viernes, 6 de junio de 2008

¿QUE É A WEB 2.0?

Seguramente esta pregunta fixéstela moitos de vós nos últimos meses, miremos onde miremos atopámonos con este termo, aínda que non saibamos moi ben a que se refire ou mesmo si realmente existe.

A Web 2.0 está de moda, para moitos é tan só iso, unha moda, querer vender servizos xa existentes con outro nome, mentres que moitos outros ven un avance nas redes sociais, que evidentemente repercute e repercutirá, aínda máis, nas bibliotecas…

Para dar unha definición sinxela do que se entende por 2.0 extraerémola da Wikipedia (peza clave deste fenómeno): "todas aquellas utilidades y servicios de Internet que se sustentan en una base de datos, la cual puede ser modificada por los usuarios del servicio, ya sea en su contenido (añadiendo, cambiando o borrando información o asociando datos a la información existente), bien en la forma de presentarlos, o en contenido y forma simultáneamente." (Ribes, 2007).

A web convírtese nunha plataforma que posibilita a interrelación entre os usuarios, que pasan a ter un papel moi activo, xa que non só acceden á información, senón que ademais aportan contidos e coñecementos.
Para os bibliotecarios a web 2.0 tamén supón un avance e un reto, xa que pasamos da biblioteca tradicional onde atopamos as coleccións de libros ou calquer outro tipo de material para ser prestados ou consultados á biblioteca 2.0 na que se produce un cambio nos servizos prestados aos usuarios (servizos en línea, emprego de OPACs e fluxo de información por parte dos usuarios hacia a biblioteca), polo que estes novos servizos están en constante actualización.
Para facer fronte a todos estes retos que nos supón a web 2.0, moitas institucións están levando a cabo cursos de formación para bibliotecarios, documentalistas, e todas aquelas persoas relacionadas coa xestión de información.
Un dos proxectos máis interesantes é o que está desenvolvendo a Asociación Española de Documentación e Información (SEDIC) denominado Comunidad 2.0.
Esta Web Social para Profesionais de la Información baséase nunha comunidade de prácticas que comezou o pasado 21 de abril e rematará o vindeiro 18 de xuño. O que se pretende con ela é dar a coñecer aos profesionais da información o que se entende por web 2.0 e as súas ferramentas.
Non se trata dun curso común, o seu enfoque é totalmente 2.0, mediante un blog cada semana vanse tratando diversos temas coordinados por un tutor e os usuarios inscritos na actividade poden participar a través de comentarios.
E tal o interese q existe por mergullarse na web 2.0 que o número de inscritos para participar no curso superou os 1.500 usuarios.
Os tutores encargados de colgar os post son grandes profesionais, que contán xa cunha destacable presenza na web, referímonos a: José Antonio Merlo, Luis Rodríguez Yunta (coordinadores); Nieves González, Catuxa Seoane, Fernando Juárez, Dídac Margaix, Isabel Fernández, Marcos Ros, Natalia Arroyo, María Jesús Butera Fajardo (tutores) e Julio Igualador (soporte técnico).

Cada un destes profesionais centrase cada semana nun tema concreto, estes son:

web social para profesionais de la información

publicación en blogs

sindicación de contenidos

aplicaciones de escritorio

archivos compartidos

wikis, podcasting y comunicación

etiquetas, favoritos sociales y filtrado de noticias

redes sociales

Como se pode ver o novo concepto de biblioteca e de web 2.0 está evolucionando moi rapidamente, polo que temos que estar pendentes destes avances que están a mudar a nosa maneira de traballar e de relacionarnos cos nosos usuarios.

jueves, 15 de mayo de 2008

O CRECEMENTO DA WEB SOCIAL

Segundo o último informe publicado por Universal McCann “Wave.3”, sobre o impacto mundial dos servizos da web social correspondente ao 2008, o crecemento a nivel global que estes experimentaron nos últimos tres anos é moi importante. O estudo, que se realizou a 29 países, entre os que se atopa España, mediu o uso que os internautas activos fan dos servizos da web.
Con respeto a España, as actividades máis populares son a consulta de vídeos e de blogs, que se consolidan como un importante medio na web, cunha maior participación, os podcasts, a subida de fotos a sitios para compartillalas, a pertenza a unha rede social (unha das actividades que máis creceu) e a suscripción a canles RSS.


SlideShare Link