Mostrando entradas con la etiqueta Calidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Calidade. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de marzo de 2018

Criterios de calidade de monografías



En anteriores post analizabamos os diversos criterios, índices e indicadores que intentan medir a calidade das revistas científicas nas diferentes áreas do coñecemento. Neste novo post centrarémonos nas monografías, xa que publicar en libros en determinadas áreas como as Ciencias Sociais, Humanidades ou Ciencias Xurídicas é tanto ou máis frecuente que a publicación en revistas.
Os indicios de calidade dun libro ou capítulo de libro que propoñen as axencias de avaliación poden ser localizados en diversos recursos, tendo en conta o prestixio da editorial ou o número de citas. No que respecta ao prestixio da editorial, recomendamos a consulta de varios productos bibliométricos elaborados en España: 

- SPI: inclúe un ranking das principales editoriais de libros nas áreas de Humanidades e Ciencias Sociais. Trátase dun recurso indicado na convocatoria de sexenios da CNEAI.
- Bipublishers: baséase no Book Citation Index e recolle indicadores bibliométricos das editoriais indexadas no mesmo.
- Publisher Scholar Metrics: utiliza Google Scholar como fonte de datos. Pretende medir o impacto das editoriais de monografías científicas a partir do reconto de citas dos libros publicados polos profesores e investigadores de universidades públicas españolas, indizados no buscador ata 2012 no ámbito das Humanidades e Ciencias Sociais.
Tamén destaca o Sello de Calidad en Edición Académica (CEA-APQ), distinción que reciben determinadas coleccións editoriais e que acredita un recoñecemento da calidade científica e editorial das obras publicadas nelas, ao haber superado favorablemente os requisitos de calidade informativa, política editorial, procesos editoriais, reputación e prestixio que éste esixe. Trátase dun recurso indicado tanto na convocatoria de sexenios da CNEAI como no programa ACADEMIA da ANECA.

Para a busca de citas remitímonos ás bases de datos Web of Science (WoS) e Scopus. Na primeira intégrase Book Citation Index, que proporciona análises de citas aos libros indexados na propia WoS publicados a partir de 2005. Preséntase dividida en dúas seccións: unha de Ciencias e outra de Ciencias Sociais e Humanidades, e ofrece máis de 60.000 libros, ampliando a cobertura do índice con 10.000 títulos novos cada ano. Os criterios de selección de libros para a inclusión no Book Citation Index pódense consultar nesta ligazón.
Pola súa parte Scopus ofrece máis de 130.000 libros, engadindo cada ano tamén 10.000. Ao igual que na WoS, os libros seleccionados deben cumprir cunha serie de criterios relacionados coa calidade editorial que se poden consultar nesta ligazón

Por último, outros criterios que se teñen en conta son:
- ser obxecto de comentarios ou reseñas en publicacións científicas especializadas
- existencia de edicións traducidas a outras linguas, para o que contamos co Index Translationum, repertorio internacional de libros traducidos en tódolos campos do coñecemento elaborado pola Unesco.
- presenza en bases de datos, catálogos de bibliotecas universitarias ou repositorios.

viernes, 2 de marzo de 2018

Revistas científicas españolas en Ciencias da Saúde: criterios de calidade

 
En anteriores post facíamos referencia aos diversos criterios, índices e indicadores que intentan medir a calidade das revistas científicas nas áreas de Ciencias Sociais e Humanidades, así como en Ciencia e Tecnoloxía. Neste novo post centrarémonos no ámbito das Ciencias da Saúde.
O principal destos indicadores segue sendo o JCR. Así se manifesta por exemplo na última convocatoria de sexenios da CNEAI, na que para o campo de Ciencias Biomédicas afírmase que “se valorarán los artículos publicados en revistas de reconocida valía, aceptándose como tales  las que ocupen posiciones relevantes en el listado correspondiente a su categoría científica  en  el Journal Citation Reports”. Respecto a este indicador, destacamos que Bibliosaúde (Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia), incorpora na súa web unha listaxe das “Revistas Españolas de Ciencias de la Salud con Factor de Impacto 2016”, incluídas no JCR.
Do mesmo xeito que nos outros campos do coñecemento, tamén hai que ter en conta o  SJR, portal que analiza, a partir das revistas incluídas en Scopus, os índices bibliométricos das mesmas. Trátase dunha plataforma de acceso aberto destinada a avaliación do impacto e rendemiento científico de revistas e países. Así mesmo, remitímonos tamén a Latindex, directorio de revistas iberoamericanas cun sistema de clasificación baseado en 33 criterios de calidade, no que se atopan as ciencias médicas.

Ademais destas ferramentas xenéricas que cobren diferentes áreas do coñecemento, existen outros parámetros específicos para detectar a calidade dunha publicación en ciencias da saúde:
Un proxecto destacado para esta área de ciencias da saúde é Scielo, que busca aumentar a visibilidade das publicacións científicas de América Latina, Caribe, España e Portugal. Aínda que é multidisciplinar, no caso das revistas españolas limítase casi exclusivamente as da área biomédica, consecuencia do acordo co Instituto de Salud Carlos III. Ditas revistas son seleccionadas de acordo a uns criterios de calidade preestablecidos, e entre outros módulos conta cun de cálculos bibliométricos. Ditos criterios pódense consultar na seguinte ligazón.
Outro repertorio que ten uso por parte de universidades e axencias avaliadoras é Cuiden Citation, que proporciona información sobre citas, indicadores de impacto, repercusión e actividade das revistas sobre coidados da saúde no espazo científico iberoamericano. No último ranking do 2016 de revistas máis citadas de enfermaría en Iberoamérica, as revistas brasileiras son as máis numerosas (22 títulos), aínda que seguidas moi de preto polas revistas españolas, con 21 títulos, que supoñen a outra gran contribución ao repertorio. 

Aínda que é un recurso sen actualización dende 2005, temos que lembrar o Factor IME, factor de impacto potencial de revistas médicas españolas, elaborado polo Instituto de Historia de la Ciencia y Documentación López Piñero do CSIC, e que comprende estudos bibliométricos para o período 2001-2005.
Tampouco podemos esquecer bases de datos como Medline, a base de datos de ciencias da saúde máis prestixiosa do mundo, que xunto as bases de datos do ISI, ven sendo amplamente utilizada na análise da actividade científica internacional e nos estudos bibliométricos. Como subproducto cabe citar Pubmed, plataforma de busca gratuíta que permite o acceso a Medline e a outras bases de datos compiladas pola National Library of Medicine.

viernes, 23 de febrero de 2018

Revistas científicas españolas en ciencia e tecnoloxía: criterios de calidade



Nun anterior post facíamos un percorrido polos principais criterios que son propios das revistas de calidade, citando os recursos que se teñen en conta para a avaliación de revistas científicas, concretamente no ámbito das ciencias sociais e humanidades. Neste novo post centrarémonos no campo da ciencia e tecnoloxía.
Para coñecer os criterios de calidade editorial que cumpren as revistas e qué clasificación teñen nas distintas listas, remitímonos aos xa explicados no anterior post Latindex e MIAR, xa que ambos recursos teñen en conta os diferentes campos do coñecemento e polo tanto, son aplicables tamén ao ámbito das ciencias. Tamén son de interesante consulta as Revistas científicas españolas acreditadas pola FECYT, avaliadas favorablemente na súa calidade editorial e científica pola FECYT, con selo de calidade.

Para as axencias avaliadoras (ANECA, CNEAI…), o criterio de calidade que máis destaca para os artigos deste ámbito é a súa publicación en revistas  incluidas no Journal Citation Reports (JCR) ou en Scopus.
No que respecta ao JCR, é unha medida de calidade científica para avaliar as revistas académicas. Valórase especialmente en acreditacións da ANECA (programas PEP e ACADEMIA), na convocatoria de sexenios da CNEAI…polo que é de imprescindible consulta para os investigadores. Cabe destacar que presenta un marcado sesgo xeográfico (países anglosaxóns) e lingüístico (publicacións en lingua inglesa).
Por outra banda, para mostrar a visibilidade das revistas contidas en Scopus cóntase co SJR (Scimago Journal & Country Rank), portal gratuito que inclúe as revistas científicas e os indicadores científicos por países que utiliza os datos desta base de datos. 

Hai casos de áreas concretas como a arquitectura, na que a CNEAI ten en conta os artigos publicados en revistas incluidas en bases de datos da especialidade como Avery ou Riba. O mesmo sucede coa enxeñaría, na que poden terse en conta os artigos publicados en revistas recollidas en bases de datos internacionais de enxeñaría como TRIS Electronic Bibliography Data.
Ademais, existen recursos específicos para determinadas disciplinas, como IBRA (Indicadores Bibliométricos de Revistas de Arquitectura), elaborado pola Universidad Politécnica de Cataluña, que aporta indicios de calidade de revistas do ámbito da arquitectura.
En resumen, podemos concluir que figurar nas bases de datos internacionais Web of Science e Scopus é o indicador de calidade máis aceptado para as revistas da área de ciencia e tecnoloxía.

viernes, 2 de febrero de 2018

Revistas científicas españolas: criterios de calidade




Dada a importancia que teñen as revistas científicas como principal medio de reprodución da investigación e da comunicación científica, ademais de constituir o instrumento máis utilizado pola comunidade científica para dar a coñecer os seus traballos, dedicamos este post a facer un percorrido polos principais criterios que son propios das revistas de calidade, concretamente das revistas españolas.

Os máis coñecidos son os de Latindex, sistema de información sobre as revistas de investigación científica, técnico-profesionais e de divulgación científica e cultural que se editan en América Latina, Caribe, España e Portugal. No seu directorio inclúense os datos bibliográficos e de contacto de tódalas revistas rexistradas, publicadas tanto en soporte impreso ou electrónico. No caso de España, constan 4471 revistas rexistradas. Tamén proporciona un catálogo, que inclúe únicamente as revistas (impresas ou electrónicas) que cumpren os criterios de calidade editorial diseñados por Latindex. No caso de revistas españolas, aparecen 2304.
O dato fundamental da avaliación de revistas en Latindex é o número de criterios cumpridos dos 33 criterios de calidade propostos pola base de datos (36 no caso de revistas electrónicas).

Aínda que os criterios de Latindex son os máis destacados, en España desenvolvéronse unha serie de recursos para a avaliación de revistas científicas, especialmente no ámbito das ciencias sociais e humanidades. A maioría destes recursos baséanse no cumprimento dunha serie de criterios formais relacionados coa edición da revista, a súa visibilidade internacional, etc. Os máis destacados son:
- CIRC: clasifica as revistas en 5 grupos (A+, A, B, C, D), integrando os productos de avaliación existentes considerados positivamente polas axencias de avaliación como a CNEAI ou ANECA. Céntrase nas humanidades e ciencias sociais.
- MIAR: considerada unha das plataformas de avaliacion científica máis importantes de España, ofrece información de tódalas disciplinas. Presenta un indicador propio, o ICDS, que mostra a visibilidade das revistas en diversas bases de datos internacionais.
- RESH: integra indicadores de calidade para revistas científicas españolas de ciencias sociais e humanidades, que son, por unha parte, aqueles que CNEAI, ANECA e Latindex teñen en conta nos seus respectivos sistemas de avaliación. 

No apoio á profesionalización e internacionalización das revistas científicas españolas temos que destacar a labor de FECYT, que desenvolve dende o 2006 unha liña de actuación destinada a estes obxectivos a través do proxecto ARCE. Un dos instrumentos fundamentais para articular o mencionado proxecto é a Convocatoria de Evaluación de la Calidad Editorial y Científica de las Revistas Científicas Españolas, que pretende proporcionar un recoñecemento das mesmas, fomentando a súa visibilidade e presenza nas bases de datos internacionais. Así, as revistas que superen con éxito o proceso de avaliación obteñen o Sello de Calidad FECYT. 

Tampouco podemos esquecernos das dúas principais bases de datos multidisciplinares a nivel mundial, Web of Science e Scopus. Da primeira destacamos o Emerging Source Citation Index, que proporciona visibilidade a tódalas revistas de importancia rexional que cumpran cuns criterios básicos de calidade: ter revisión por pares, contidos de interese elevado para a comunidade científica, etc. É importante sinalar que nas últimas convocatorias da CNEAI, a inclusión en ESCI é considerada como referencia de calidade (nos campos 10 e 11). Tamén se incluíu como mérito para as acreditacións da ANECA, en concreto para ciencias sociais.
Pola súa banda Scopus conta cun Comité Asesor de Contidos que cubre as principais disciplinas científicas. Os criterios de avaliación de revistas agrúpanse en 5 categorías: política da revista, calidade de contido, prestixio, dispoñibilidade en liña e regularidade, explicados con máis detalle nesta ligazón.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Intelixencia estratéxica e bibliotecas


A intelixencia estratéxica inclúe a vixilancia tecnolóxica, que se utiliza para obter datos a partir dos cales elaborar intelixencia, e inclúe tamén a intelixencia competitiva, un conxunto de técnicas que serven para facer unha análise do noso contorno e observar outras entidades que realizan actividades parecidas ás nosas.
Os beneficios que poden xurdir de aplicar a intelixencia estratéxica nunha biblioteca son, entre outros:
  1. Destacar fronte ás demais.
  2. Garantir o seu posto dentro da sociedade, en competencia con outros servizos.
  3. Saber adaptarse fácilmente e sen traumas aos futuros cambios que irán chegando.
Tedes máis información sobre este tema nos seguintes vídeo e presentación elaborados por Tomás Baiget, o director de El Profesional de la Información, para a conferencia "Inteligencia estratégica para bibliotecas", na "V Jornada profesional de la red de bibliotecas del Instituto Cervantes".

miércoles, 25 de junio de 2008

I XORNADAS SOBRE CALIDADE E BIBLIOTECA

Do 16 ao 19 de xuño de 2008 realizáronse en Huesca as "I Jornadas Universitarias sobre Calidad y Biblioteca", dentro do II Plan Estratégico 2007-2010 da Red de Bibliotecas Universitarias (REBIUN).

As Xornadas tituladas "Los Retos de la Calidad", tiveron como obxetivo os sistemas e políticas de calidade, certificacións e outros asuntos relativos á calidade como instrumento de xestión nas bibliotecas das universidades españolas. O seu programa de sesións de traballo estivo formado por mesas redondas, talleres e presentacións.
As intervencións correron a cargo de especialistas nacionais e internacionais que analizaron os seguintes temas:

- Convergencia europea y políticas de calidad en la universidad española. Purificación Moscoso Castro, Vicerrectora de Comunicación y Políticas de Convergencia, Universidad de Alcalá de Henares
- Los retos de la calidad. María Pinto Molina,Catedrática de Documentación, Universidad de Granada

Mesa redonda I: Las marcas de la calidad. Coordinada por: Encarna Fuentes Melero (Universidad de Almería); participaron: Marisa Claver Barón. Directora, Delegación en Aragón de AENOR / ISO, Miguel Duarte Barrionuevo Club de Excelencia en Gestión / EFQM, Esperanza Álvarez Molina, Jefa de Servicio De Participación Ciudadana y Observatorio para la Calidad de la Dirección General de Administración Electrónica y Calidad de los Servicios, de la Consejería de Justicia y Administración Pública De la Junta de Andalucía

Mesa redonda II: Las agencias de calidad. Coordinada por: José Miguel Múgica, Director de la ACPUA (Agencia de Calidad y Prospectiva Universitaria de Aragón); participou: Albert Basart Capmany. Agencia para la Calidad del Sistema Universitario de Catalunya (AQU Catalunya)

Talleres:
1. Calidad y cartas de servicio (Practica)
Coordinada por : Dra. Carina Rey
2. Calidad y satisfacción del usuario. El modelo Libqual
Material: Teoría Estudios de satisfacción
Coordinada por: Enrique Herrera Viedma; Javier Lopez Gijón.
3. El modelo EFQM de excelencia
Coordinada por: Miguel Duarte y Aurora Márquez.
4. Calidad y personas. Metodología para la participación.
Material: Presentación
Coordinada por: Alfonso Stinus.
5. Indicadores de calidad
Coordinada por: Ricardo González; José Ramón Segarra.
6. La norma de gestión de la calidad ISO 9001: 2000
Coordinada por: Núria Balagué.

- Assessing the value of academic libraries. Roswitha Poll (Alemania). Material: Parte I - Parte II
- Evaluación de bibliotecas y acreditación universitaria en EE.UU. Joan Roca, PhD- Dean of Library Services, Minnesota State University, Mankato (USA)

Mesa Redonda III: REBIUN y la calidad.
La visión de SCONUL. Scott Robertson (University of Chichester, U.K.).
REBIUN y la calidad: pasado, presente y futuro. Vicent Falomir (Universitat Jaume I, Castellón)
Presentación Observatorio de la Calidad. Gregorio García (Universidad de Málaga).

As Xornadas tamén serviron para presentar as actividades de REBIUN relativas á calidade, entre elas o novo Observatorio de Calidad, referencia nestes temas para profesionais e xestores das bibliotecas.