Mostrando entradas con la etiqueta Traballos de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Traballos de curso. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de noviembre de 2020

Como evitar o plaxio nos traballos académicos


Para que un traballo académico sexa rigoroso é fundamental documentalo mediante a literatura científica existente. Moitas veces o estudantado non é consciente da necesidade de citar as fontes utilizadas e polo tanto descoñece que está a cometer plaxio. Entre as malas prácticas habituais destacan copiar palabras doutro autor sen utilizar comiñas nin citar a fonte, parafrasear un texto sen citar a autoría ou incorporar imaxes e gráficos sen acreditar a súa orixe. Nesta infografía elaborada pola Biblioteca de la Universidad de Cantabria proporciónanse dez consellos para evitar o plaxio.

No Servizo de Biblioteca da UDC consideramos que facer un uso ético da información e respectar os dereitos de autor é fundamental na aprendizaxe do alumnado, polo que ofrecemos unha serie de recursos para axudar nesta tarefa.

O máis destacado é unha completa guía sobre como citar documentos. Sempre que se utiliza información allea (datos, libros, artigos de revistas, gráficos, etc.) débese facer referencia á fonte orixinal mediante a cita e a referencia bibliográfica. Na guía Citas e referencias bibliográficas atoparedes os estilos de cita máis habituais en función do ámbito temático, como o estilo APA ou MLA, entre outros. Ademais, recentemente vimos de engadir unha nova sección sobre como citar documentos electrónicos.

Tamén podedes utilizar ferramentas de apoio para elaborar a bibliografía, como os xestores bibliográficos, que permiten recompilar nun único espazo tódalas fontes de información que utilizades nos vosos traballos e xerar bibliografías automaticamente. A biblioteca está subscrita ao xestor de referencias bibliográficas RefWorks.

Outro aspecto a destacar é a posibilidade que tedes de empregar contidos con licenza Creative Commons para o material multimedia que utilicedes nos vosos traballos (imaxes, vídeos…). Hai seis tipos de licenzas, e a que vos dará máis liberdade nos vosos proxectos é CC BY, porque permitiravos reproducir, distribuír, transformar e difundir publicamente a obra para calquera finalidade, aínda que segue sendo necesario recoñecer a autoría orixinal. Hai moitos portais que ofrecen contidos baixo licenzas Creative Commons ou de dominio público, como por exemplo Flickr Creative Commons, Pixabay, CC Search, etc. Atoparedes máis plataformas na sección Multimedia na web da biblioteca.

Finalmente, tamén é necesario informarvos de que a Universidade da Coruña conta cun reglamento de sancións que inclúe o suspenso na materia e incluso responsabilidades disciplinarias no caso de plaxio. Así, o texto consolidado das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario recolle que “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.”

O control farase mediante o programa de detección de plaxio Turnitin, que é a ferramenta que teñen subscrita as tres universidades galegas e que poñen a disposición dos docentes para detectar o plaxio nos traballos académicos.

viernes, 21 de septiembre de 2018

Teses, TFG e TFM na UDC


Neste novo post falaremos da normativa que rodea ás diferentes tipoloxías de traballos académicos e de investigación da UDC, ben sexan traballos fin de grao (TFG), traballos fin de mestrado (TFM) ou teses.
Comezaremos facendo unha distinción entre eles: os TFG e TFM teñen en común que son traballos realizados na fase final do plan de estudos  e ambos teñen o seguemento dun titor. A principal diferenza está no seu grao de especialización, xa que o TFM é máis específico e profundiza nun campo concreto dunha disciplina. A diferenza das teses, non requiren unha labor de investigación. Pola súa parte, as teses son documentos no que se expoñen os resultados científicos alcanzados polo autor no seu traballo de investigación e requiren un tempo de dedicación considerable.

No que respecta ás teses, todas as teses da UDC lidas a partir de febreiro de 2012,  seguindo a normativa legal, se arquivan e difunden no Repositorio Institucional  da UDC (RUC). Nesta data entrou en vigor o Real Decreto 99/2011, que no seu artigo 14.5 indica que “una vez aprobada la tesis doctoral, la universidad se ocupará de su archivo en formato electrónico abierto en un repositorio institucional”. Exceptúanse desta obrigatoriedade aquelas suxeitas a cláusulas de confidencialidade ou xeración de patentes.
No RUC tamén se recollen as teses anteriores a esta data lidas na UDC e que contan coa autorización dos autores para o acceso ao texto completo. Cabe sinalar que calquera doutor da UDC pode solicitar a inclusión da súa tese no RUC se aínda non figura nel. O único requisito é asinar unha autorización que se lle facilitará no Servizo de Biblioteca.

Polo tanto, na actualidade todas as teses de doutoramento da UDC, logo de ser aprobadas, son depositadas na Biblioteca Universitaria, tanto na súa versión en papel como na súa versión electrónica. A versión electrónica publícase no RUC e está por tanto en acceso aberto en Internet.
Actualmente o RUC conta con 1449 teses, das cales 173 corresponden ao ano 2017. Éstas poden consultarse no apartado de “Investigación” do RUC.
En canto á normativa da UDC para a presentación da teses, temos o documento “Recomendacións UDC para a presentación da tese de doutoramento”, que ten por obxecto indicar os requisitos mínimos de estilo e presentación que debe ter unha tese de doutoramento da UDC. Inclúe tamén normas de presentación da tese en formato electrónico para a súa publicación posterior no RUC.
A biblioteca tamén incorpora os datos das teses de doutoramento no seu catálogo, na base de datos Dialnet ou en Teseo, aínda que neste último caso trátase dunha base de datos que recolle información referencial (non a texto completo) sobre teses lidas en universidades españolas dende 1976.

No que respecta aos TFG e TFM, atópanse no RUC no apartado “Traballos académicos” e están organizados por titulacións. Inclúense aqueles que foron seleccionados para tal efecto polas comisións académicas correspondentes de cada titulación (normalmente os que superan unha determinada nota). Actualmente o RUC conta con 2619 TFG e 535 TFM. Do último ano (2017) constan 542 e 86 respectivamente.
A UDC conta tamén cunha normativa para a presentación destes traballos en versión dixital, que se pode consultar nas seguintes ligazóns:


Ademais, cada escola ou facultade ten aprobados regulamentos propios para a elaboración deste tipo de traballos, que podedes consultar nas súas respectivas páxinas web.

jueves, 4 de abril de 2013

Materiais útiles que ofrece a BUDC para realizar unha tese


Moitos dos nosos usuarios son de terceiro ciclo, polo tanto están a facer a tese de doutoramento. Entre a lexislación que regula as teses atopamos: a Lei 14/2001, de 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, e o Real decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento. Desde a Biblioteca, ademais de formar tamén ofrecemos materiais útiles para realizar unha tese como por exemplo repositorios, páxinas webs e bases de datos.

Na UDC temos o RUC, que é seu o repositorio institucional. Nel encóntrase o texto completo de moitas teses publicadas na nosa institución e tamén dalgúns traballos de fin de grao.

En España atopamos:
- Recolecta: é a plataforma que agrupa todos os repositorios científicos españois.
- Dialnet: base de datos onde se pode consultar información sobre teses e, ás veces, o seu texto completo. Tamén atopamos libros, revistas, etc.
- TDR/TDX (Teses de doutoramento en rede): é un repositorio cooperativo que inclúe teses en formato dixital lidas en universidades catalás e doutras comunidades autónomas.
- Teseo: base de datos que recolle todas as referencias das teses de doutoramento lidas e consideradas aptas nas universidades españolas desde 1976, dalgunhas incorpora o texto completo.

No ámbito europeo existe DART-Europe: portal que inclúe teses publicadas en Europa en formato electrónico.

A nivel mundial destacamos NDLTD (Networked Digital Library of Theses and Dissertations): proxecto de biblioteca dixital de teses no que participan universidades de todo o mundo. Dalgunhas teses hai acceso ao texto completo.

E finalmente, como recurso de pago reseñamos Proquest Dissertations & ThesesA&I: cunha cobertura mundial, inclúe referencias de teses e tesinas lidas desde 1637, con resumo do autor das posteriores a 1980, e o texto completo da maioría das novas incorporacións.

viernes, 28 de septiembre de 2012

A presentación do Traballo de Fin de Grao (TFG)


Case tan importante como realizar o TFG é a súa presentación, por exemplo, no apartado 10.3 do Regulamento dos traballos de fin de grao nos títulos da Facultade de Economía e Empresa, indícase que a valoración do traballo suporá un 50% da cualificación final, e a súa defensa o outro 50%.
Para orientarvos nisto, desde a sección de Recursos para estudantes da web da Biblioteca da UDC, ofrecémosvos unha serie de ligazóns sobre 'presentacións e técnicas de expresión oral' que vos poden axudar á hora de presentar o voso TFG.

viernes, 21 de septiembre de 2012

O Traballo de Fin de Grao na UDC


Como @s alumn@s dos graos sabedes, sobre todo os de último curso, o traballo de fin de grao (TFG) supón a realización por parte de cada estudante de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión dun ou máis directores. Deberá estar orientado a se aplicaren as competencias xerais asociadas ao voso título.
Desde a Biblioteca queremos axudarvos convocando, como levamos a facer os últimos anos, cursos de formación de usuarios sobre como se fai un traballo de grao.
Tamén aproveitamos a ocasión para falarvos do RUC, o Repositorio Institucional da UDC, que é o arquivo dixital da produción científica e académica da UDC, no que será publicado o voso traballo se é seleccionado pola comisión encargada de avaliar os TFG.
Algunhas das vantaxes de publicar os traballos académicos no RUC son que estes terán unha maior visibilidade en internet, xa que os repositorios inflúen no posicionamento web de buscadores como Google e Google Académico, e en recolectores de obxectos dixitais internacionais como OAIster ou Driver; ademais lle dan a cada documento unha dirección URL estable.

viernes, 4 de mayo de 2012

Novos cursos de formación


A Biblioteca da UDC presenta este ano a terceira fase do seu programa de Formación de usuarios, despois das dúas edicións anteriores, correspondentes aos curso 2009-2010 e 2010-2011. Nel afóndase na necesaria ensinanza dos produtos postos a disposición da comunidade universitaria pola biblioteca, co obxectivo principal de conseguir que os usuarios utilizen cada vez máis os nosos recursos. Como resultado do uso destes mellorará a calidade da aprendizaxe do alumnado e a capacidade investigadora do PDI.
Os novos cursos enmárcase nos proxectos do grupo de Traballo de Formación de usuarios da BUDC; un novo elo para acadar o obxectivo da incorporación da formación ofertada pola biblioteca nas competencias nucleares e transversais da Universidade. En 2012 imos organizar novas sesións: "Como se fai un traballo de grao", "Como se fai unha tese de doutoramento e outros traballos académicos" e "Como se mide a información". Dependendo da demanda, faranse cursos nas diferentes bibliotecas dos centros, ademais dos que por parte do Servizo de Biblioteca realizaremos nos campus da Coruña e de Ferrol.

viernes, 13 de abril de 2012

CURSOS DE FORMACIÓN DE USUARIOS



Prepáradevos para facer bos traballos de curso!
A través da páxina da Biblioteca da UDC temos acceso ao catálogo, a bases de datos, a revistas científicas electrónicas e a servizos como o metabuscador de recursos electrónicos Pórtico (para buscar en varios recursos ao mesmo tempo), ou o xestor de citas bibliográficas RefWorks, entre outros materiais. Para aprender a empregar todos estes recursos e como se fai un traballo académico, a Sección de Información e Referencia da Biblioteca Central organiza periódicamente cursos de formación para alumnos nos campus da Coruña e Ferrol, os próximos serán o martes 22 e mércores 23 de maio na Coruña, de 10.30 h a 13.30 h (para os que se apunten na quenda de mañá) e de 17.30 h a 20.30 h (para os que se apunten na quenda da tarde).
Estes cursos impártense por persoal de distintas bibliotecas en modalidade semipresencial e teñen unha duración de 10 horas, 6 presenciais e 4 online a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Os asistentes recibirán un certificado co recoñecemento dun crédito de libre configuración.
Podedes atopar aquí o formulario de inscrición. Animádevos a participar!

viernes, 14 de octubre de 2011

OFERTA DE FORMACION DE USUARIOS



Prepárate para facer bos traballos de curso¡
O Grupo de Traballo de Formación de Usuarios do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña organiza, como nos cursos académicos anteriores, cursos mensuais, nos Campus de A Coruña e de Ferrol, destinados aos usuarios da biblioteca.

Neste ano a demanda está sendo importante, e xa se cubriron as prazas pra as sesións dos días 18 e 19 de ocutubro e tamén para os días 20 e 21 do mesmo mes. Abrese entón o prazo para as sesións de novembro, que serán os días 8 e 9; e que se ampriarán si o número de alumnos o esixe.

Tamén se fará formación nas bibliotecas dos centros da UDC, e para recibir información tedes que poñeros en contacto co persoal bibliotecario da vosa facultade ou escola.

O obxetivo principal de ditas xornadas é a adquisición de competencias no uso dos recursos que dispón a nosa biblioteca universitaria. Nesta ocasión queremos facer especial atención á elaboración dos traballos de curso; por iso nos centraremos nun documento que puxemos na web da BUDC para facilitarvos esta tarefa.
Os asistentes recibirán un certificado co recoñecemento dun crédito de libre configuración.
Podedes atopar o formulario de inscripción na páxina web do Servizo de Biblioteca da UDC.
Para máis información non dubidedes en chamar á Sección de Información e Referencia ós seguintes teléfonos de contacto: 981 167 000, nas extensións 5663 e 5639 (edición A Coruña) e 3602 (edición Ferrol).
O papel dos bibliotecarios como formadores cada vez e máis importante, como podemos ver ata nos diarios.

Animádevos¡

viernes, 25 de febrero de 2011

CURSOS DE FORMACION DE USUARIOS EN MARZO

A biblioteca da UDC continúa facendo cursos de formación de usuarios. Despois das exitosas sesións de febreiro, ás que s eapuntaron mías de 100 persoas, vánse facer novas sesións os días 2 e 3 na Coruña e os días 3 e 4 en Ferrol, en quendas de mañán e tarde no primeiro caso e soio de tarde no segundo. Este curso enfócase sobre todo para a formación nas metodoloxías de traballos de curso, que na UDC xa coménzase a facer desde os primeiros cursos da carreira.
Nos próximos meses vanse impartir tamén cursos enfocados ás necesidades dos alumnos dos últimos anos dos estudos, e tamén cursos específicas para doutornados, estudantes de master e de postgrado.
Seguiremos informando

viernes, 14 de enero de 2011

COMO ELABORAR TRABALLOS DE CURSO


Prepárate para facer bos traballos de curso¡
O Grupo de Traballo de Formación de Usuarios do Servizo de Biblioteca da Universidade da Coruña organiza uns cursos os días 2 e 3 de marzo nos Campus de A Coruña e de Ferrol destinado aos usuarios da biblioteca. Contarase con un mínimo de cinco alumnos para a súa celebración; si non se chegase a ese número, os cursos se anulan.
O obxetivo principal de ditas xornadas é a adquisición de competencias no uso dos recursos que dispón a nosa biblioteca universitaria. Nesta ocasión queremos facer especial atención á elaboración dos traballos de curso; por iso nos centraremos nun documento que puxemos na web da BUDC para facilitarvos esta tarefa.
Impartirase por persoal de distintas bibliotecas en modalidade semipresencial, cunha duración de 10 horas, 6 presencias e 4 horas on-line a través da plataforma Moodle do Campus Virtual. Realizarase na Coruña en quendas de mañá ou de tarde, tres horas cada día das 10.30 ás 13.30 e das 17.30 ás 20.30; para Ferrol teremos unha quenda de tarde dás 16.00 ás 19.00. Si a demanda é moita faranse outras quendas nos días posteriores.
Os asistentes recibirán un certificado co recoñecemento dun crédito de libre configuración.
Podedes atopar o formulario de inscripción na páxina web do Servizo de Biblioteca da UDC.
Para máis información non dubidedes en chamar á Sección de Información e Referencia ós seguintes teléfonos de contacto: 981 167 000, nas extensións 5663 (edición A Coruña) e 3602 (edición Ferrol).
Animádevos¡

viernes, 10 de diciembre de 2010

A APRENDIZAXE


Unha das premisas do EEES é o pasar da educación basada no estudio á centrada na aprendizaxe. Os novos grados se apoian cada vez mais nunha variada tipoloxía de actividades intreactivas feitas polos alumnos, ainda que nos estudios de licenciatura a redacción de traballos de curso sempre foi un clásico.

A biblioteca ven de poñer no seu apartado de Recursos para Estudiantes un documento “Como elaborar un traballo de curso”. Con isto queremos contribuir á millora do estudio, da aprendizaxe, e tamén do nivel cultural da sociedade. Non podemos esquecer que o recente informe PISA fainos pensar na necesidade de aunar esforzos para contribuir á millora da ensinanza, do aprendizaxe e da formación dos futuros traballadores. Os especialistas falan da necesidade de millorar a formación en todos os níveis como unha das medidas de apoio para a saída da crisis.