Observamos, na seguinte táboa, a evolución da cifra de publicacións nos últimos anos:
En canto ao número de citas, neste gráfico pode verse para cada ano as citas que recibiron os artigos da UDC publicados nese periodo de tempo:
O impacto da actividade científica da UDC: actualización 2022
Neste post imos actualizar os datos do impacto das publicacións científicas da UDC mediante a análise de citas da Web of Science (WoS).
Limitamos a produción aos anos 2016-2022. Neles e segundo a WoS, publicáronse 9.882 documentos:
Observamos que a cifra sobe progresivamente nos últimos anos:
|
Anos |
2016 |
2017 |
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
|
Publicacións |
1.229 |
1.277 |
1.328 |
1.567 |
1.546 |
1.555 |
1.174 |
En canto ao número de
citas anual, é cada vez máis alto. No gráfico pode
verse para cada ano o número de citas que
recibiron os artigos da UDC publicados nese periodo de
tempo:
|
Anos |
2016 |
2017 |
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
|
Citas |
826 |
3.609 |
7.305 |
12.065 |
17.846 |
25.256 |
27.799 |
O número total de citas foi de 101.612
(115.563 na última actualización de 2021); sen citas propias: 92.235.
O número total de artigos nos que se
cita foi de 84.275; sen citas propias: 80.465.
A maior parte das citas proveñen de investigadores das seguintes institucións:
O índice h é 93 (103 na última actualización de 2021).
Por anos, o índice h é o seguinte:
|
Anos |
2016 |
2017 |
2018 |
2019 |
2020 |
2021 |
2022 |
|
Índice h |
59 |
49 |
55 |
52 |
41 |
29 |
12 |
Pode observarse que o índice h descende a medida que nos achegamos á data actual, pero subirá co tempo a medida que se vaian recollendo máis citas.
Filiacións: o persoal investigador da UDC colabora con investigadores das seguintes institucións:
Finaciadores: as súas publicación están maioritariamente financiadas por:
Publicacións: publica principalmente
nas seguintes cabeceiras:
Tipoloxía documental: predominaron os artigos de revista,
seguidos a moita distancia dos resumos de comunicacións:
Editores: a selección de editores resultaría a seguinte:
Areas de investigación: a UDC tén máis presenza en:
Na listaxe de universidades españolas por número de documentos incluídos na WoS no 2022 a UDC ocupa o posto número 32.
A extensión universitaria, xunto
co estudo, a docencia e a investigación, constitúe unha actividade básica da
universidade. Nesta publicación difundimos algunhas das actividades culturais, deportivas
ou lúdicas ás que teñen acceso tanto as persoas que pertencen á comunidade universitaria
como as de fóra dela. Estas actividades, que comprenden exposicións, obradoiros,
rutas, campamentos, deportes, etc., están orientadas a complementar a formación
curricular e difundir os coñecementos culturais ou artísticos a toda a
poboación.
Comezando pola Área de Cultura, ofrece unha oferta
cultural que comprende diversas actividades, entre elas:
- Exposicións, en moitos
casos realizadas en NORMAL, o espazo de intervención cultural da UDC.
- Proxeccións audiovisuais e coloquios
con cineastas
- Actividades musicais, incluíndo
concertos e outros recitais. Cabe salientar que a UDC pon a disposición do seu
alumnado entradas de balde
para concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia.
- Roteiros
- Obradoiros culturais, que
inclúen actividades como danza, fotografía, interpretación, etc. Nestes
obradoiros o alumnado da UDC ten dereito ao recoñecemento de créditos.
Por outra banda, a Área de Deportes oferta numerosas actividades
para fomentar a actividade física e o deporte, e consecuentemente, mellorar a
saúde e a condición física. Entre elas están: adestramento persoal, baloncesto,
Dance Fitness, fútbol, ioga, pilates, xadrez… e moitas máis que se poden
consultar nesta ligazón.
Tamén ofrece pequenas rutas
a pé de dificultade baixa ou moderada polos diferentes concellos das nosas
comarcas. Para poder inscribirse en calquera das actividades é necesario ter o Abono Deporte / Abono
Matrícula.
Ademais de todas estas
actividades para adultos, tamén queremos difundir os campamentos de verán que
ofrece a UDC para nenos e nenas, tanto na Área de Cultura como na Área de Deportes. A primeira oferta
actividades lúdicas en inglés e a segunda actividades multideportivas de
recreación, tempo libre, ocio e lecer (xogos tradicionais galegos, xincanas,
excursións, etc.).
En definitiva, todos os anteriores son exemplos de como a comunidade universitaria ou a poboación en xeral pode gozar destas actividades non académicas dunha forma entretida e enriquecedora. As sinaladas aquí son soamente unha mostra, pero animámosvos a consultar a páxina Sección de Extensión Universitaria para descubrir outras actividades coas que vos poden sorprender.