Mostrando entradas con la etiqueta Formación de usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formación de usuarios. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de abril de 2017

O servizo de formación de usuarios na biblioteca da UDC


Como comentabamos a semana pasada, un dos servizos que ofrece a biblioteca é o de formación de usuarios. A través deste servizo a biblioteca pretende conseguir que os usuarios coñezan e utilicen cada vez máis os nosos recursos. Como resultado do uso destes mellorará a calidade do aprendizaxe do alumnado e a capacidade  investigadora do persoal docente e investigador. Para iso ofértanse diversos cursos, dende os de iniciación para alumnos ata outros máis avanzados e especializados para doutorandos e PDI.
Ademáis dos cursos ofertados dende o Servizo de Biblioteca, as bibliotecas das facultades e escolas realizan, ao comenzo do curso académico, sesións de presentación, dirixidas principalmente ao novo alumnado, nas que fan unha breve visita guiada á biblioteca, explícase o uso do catálogo e os servizos que se ofrecen, entre outras cosas. Tamén ó longo do curso moitas delas imparten cursos orientados a axudar ao alumnado, por exemplo, co traballo fin de grao no que respecta ás buscas de información, citar no texto e elaborar a bibliografía, etc.
Actualmente, o Servizo de Biblioteca imparte mensualmente os seguintes cursos, os cales teñen unha duración de 10 horas (6 presenciais e 4 online a través da plataforma Moodle). Ademáis, teñen outorgado un crédito por actividades propias no marco do Espacio Europeo de Enseñanza Superior (EEES):

Estes dous últimos son de moito interese para o PDI, xa que neles poderán coñecer como identificarse como investigador, como saber que revistas teñen máis impacto á hora de publicar, etc.
A inscrición a estes cursos realizarase a través da web da biblioteca na seguinte ligazón. Na sección de actualidade da web, así como a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter), damos conta mensualmente das datas de impartición dos mesmos.
Tamén para o PDI e alumnado de doutoramento é de interese o curso Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación, curso teórico-práctico, con talleres aos investigadores en tódolos centros universitarios, que xa vai pola súa terceira edición.
En definitiva, o obxetivo principal destes cursos é a adquisición de competencias no uso dos recursos que dispón a nosa biblioteca universitaria.

jueves, 24 de marzo de 2016

A formación de usuarios na Biblioteca da UDC

Desde a Sección de información da Universidade da Coruña vense desenvolvendo desde hai varios anos un programa de Formación de Usuarios.

Comezouse cun curso titulado "A biblioteca dixital da UDC" con versións para alumnos e para Persoal Docente e Investigador (PDI).

A seguinte actuación foi a constitución dun Grupo de traballo dedicado á formación de usuarios. Froito do seu traballo xurdiu o curso "Formación de usuarios" do que se impartiron múltiples sesións e do que fíxose unha versión adecuada ao PDI.
     
A continuación, e dada a obligatoriedade do traballo de fin de grao para poder egresar, comezáronse a realizar sesións do curso titulado Recursos e utilidades para o traballo de fin de grao, sesións que tamén se adaptaron ao PDI cun curso orientado á dirección destes traballos de fin de grao.

Outro dos aspectos nos que se viu a necesidade de impartir formación foi a preparación das teses doutorais, para o que se organizou o curso "Como se fai unha tese", curso que, como o resto, séguese a realizar. A Escola Internacional de Doutoramento encargounos unha versión ampliado do curso para o seu programa de formación, o cal se titulou "Desde a investigación na tese doutoral ata as políticas de publicación científica".
Pola necesidade de formar ao PDI na medida do impacto da investigación elaborouse o curso ISI vs. Scopus, a métrica da información. Neste curso estúdanse os indicadores que nos ofrecen ambas bases de datos, pero tamén outros indicadores, como as altmetrics e as recentes snowball metrics.

Doutra banda, desde o Servizo de biblioteca da UDC creouse un Grupo de traballo de apoio á investigación co obxectivo de formar ao PDI nestes temas e de implementar nas bibliotecas un
servizo que cubra as necesidades dos investigadores. Preparouse un curso virtual na contorna Moodle, do que se vai realizar a segunda edición, co título Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación. O curso é teórico-práctico, con talleres aos investigadores en tódolos centros universitarios.

Na actualidade desde a sección de información estase a traballar na confección de dous cursos sobre as novas tendencias no apoio á investigación, un é o titulado "A métrica da información: indicadores tradicionais vs. alternativos", e o segundo será o dedicado os Current Research Information Systems e que leva por título "Os Sistemas de Información da Investigación en Curso (CRIS)".

viernes, 13 de noviembre de 2015

SESIÓN DE FORMACIÓN PRESENCIAL SOBRE SCOPUS (NIVEL EXPERTO)


O pasado 10 de septiembre tivo lugar no Edificio de Servizos Centrais de Investigación (Campus de Elviña) unha nova sesión de formación presencial no uso e funcionalizades avanzadas de Scopus, impartido por unha formadora especializados de Elsevier e organizado pola FECYT.

Tras unha introducción sobre Scopus, a súa cobertura (22.000 revistas e 30,000 libros) e os seus proxectos de expansión de libros y conferencias, a sesión centróuse nas funcionalidades avanzadas de Scopus:

Na seguinte ligazón tedes acceso a presentación da xornada.
O sitio web Recursos científicos da FECYT conta cunha sección dedicada aos diferentes ciclos de formación (presencial e en liña) que imparte, na que se recolle o material das distintas sesións.

jueves, 16 de octubre de 2014

CURSOS DE FORMACION 2014-2015

A biblioteca da UDC comenza coas novas quendas de cursos de formación. Celebraránse cada mes e haberá sesións adicadas aos alumnos -con cursos de iniciación e de aproveitamento- e tamén adicadas ao persoal docente e investigador. Para este último impartiráse un curso para axudar a confeccionar a tese doutoral e outro para millorar o impacto dos papers na rede.
Tedes a información sobre os cursos de outubro para alumnos  e tamén para o PDI
Como novidade para o curso 2014-2015, a biblioteca impartirá un módulo de formación sobre os Crises: CRIS, Current Research Information Systems

viernes, 31 de enero de 2014

Recursos de información na Biblioteca da UDC


A Biblioteca da Universidade da Coruña ofrece ás súas, aproximadamente, 27.000 persoas usuarias unha extensa colección de libros e revistas en papel (805.000 e 9000, respectivamente), libros e revistas electrónicas (20.000 e 17.000, respectivamente), 42.000 documentos noutros formatos (películas, arquivos de ordenador, mapas, imaxes, …), 57 bases de datos, etc., repartidos entre a páxina web da Biblioteca e os 17 puntos de servizo.

Destacamos o gasto que se fai anualmente en recursos de información, aínda que nos últimos anos estase a ver reducido a consecuencia dos recortes nos orzamentos das universidades públicas. Según as estatísticas de Rebiun, en 2010 gastáronse 2.570.000 euros e en 2012, esta cantidade diminuiu ata 2.171.996 euros.

A cantidade total que se investiu no Servizo de Biblioteca por usuario en 2012, tendo en conta as ditas estatísticas, foi de 240 euros na UDC, 275 euros na Universidade de Santiago, e tamén 240 euros na Universidade de Vigo.

Agora máis que nunca é necesario que aproveitemos os millóns de euros destinados a estes recursos informativos que a Biblioteca da UDC brinda, utilizándoos o máximo posible.

Para aprender a manexar todos estes materiais podedes apuntarvos aos cursos de formación de usuarios que programamos desde a Biblioteca e anunciamos na sección de ‘actualidade’ da nosa web.