Google Académico
(ou Google Scholar) é un buscador de
publicacións científicas enfocado no mundo académico e soportado por unha base
de datos que almacena un amplo conxunto de traballos de investigación
científica de diferentes disciplinas e formatos de publicación.
Apareceu en 2004, e pola
súa exhaustividade e multidisciplinariedade,
poderíamos dicir que é o equivalente gratuíto á Web of Science e Scopus,
e indiza moitos más artigos a non limitarse só ós dunha selección de revistas.
As súas características máis destacadas son:
- Busca
en diversas fontes dende un único sitio.
- Atopa
traballos académicos, artigos, autores, resumos e citas.
- Localiza
o documento a texto completo (se o hai) a través da túa biblioteca ou na rede.
Os recursos electrónicos subscritos pola BUDC están dados de alta en Google
Académico, polo tanto, se entre os resultados da procura hai algún cuxo texto
completo se atopa nela, sairá unha mensaxe que o indicará, sempre que a busca
se faga no dominio udc.es.
- Grazas á posibilidade de crear alertas, mantén
aos investigadores ao día.
Unha das súas funcionalidades a destacar son as análises de citas, a través das que se poden consultar as citas
recibidas polos traballo dun autor. Para acceder a elas, os pasos serían:
- Na opción 'Busca avanzada', combinar os diferentes termos de busca: autor, publicación, data, etc.
- No caso de que o traballo teña citas, aparecerá a ligazón 'Citado por'.
- Ó facer clic en 'Citado por', aparecen os artigos que citaron o traballo.
Unha opción interesante nos resultados da busca é a
de "Artigos relacionados", a través da que Google Académico
presenta unha lista de artigos estreitamente relacionados, a cal se ordea polo
similares que sean estos artigos ó resultado orixinal e tamén tendo en conta a
relevancia de cada documento.
Como conclusión, destacamos
como vantaxes deste buscador a súa utilidade para localizar documentos
dispoñibles en acceso aberto en Internet, a inclusión de moita información de
ámbito español, o seu gran alcance na rede ou a súa focalización no ámbito da
documentación científica. Pola contra, algunha das súas debilidades poderían
ser que o seu sistema de busca é demasiado simple ou a heteroxeneidade dos seus
contidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario