lunes, 5 de diciembre de 2016

O acceso aberto e o Repositorio da Universidade da Coruña


Open access ou accesso aberto é aquel que permite o libre acceso ós recursos dixitais derivados da producción científica ou académica sen barreras económicas ou restriccións derivadas dos dereitos de copyright sobre os mesmos (Peter Suber, 2006).
O seu obxectivo é facilitar a accesibilidade dos  documentos e a visibilidade dos autores.
Os orixes deste movemento fundaméntanse en diversos aspectos: económicos, debido á desproporcionada subida de prezos das revistas científicas, iniciada na década dos 80 e coñecida como serials crisis; tamén ó control dos dereitos de copyright sobre os traballos publicados, ou ás imposicións das editoriais en políticas de acceso e distribución.

As políticas a favor do acceso aberto estanse fomentando por parte dos gobernos, organismos públicos…e é numerosa a normativa que afecta ó desenvolvemento do mesmo. Por exemplo en España, a Ley 14/2011, de 1 de junio, de la Ciencia, la Tecnología y la Innovación recolle no seu artigo 37 os principais aspectos a ter en conta á hora de levar a cabo a difusión en aberto dos resultados da investigación financiada con fondos públicos e aceptados para su publicación.
A nivel da Unión Europea, pódense sinalar como hitos máis importantes:


En canto á Universidade da Coruña é importante citar que en xaneiro de 2006 firma a Declaración de Berlín, un dos documentos máis emblemáticos a favor do Open Access, polo que ratifica públicamente o seu compromiso na defensa e promoción do acceso aberto no que respecta ós resultados da investigación.

Un dos medios a través dos que se materializa o acceso aberto son os repositorios, entendidos como arquivos onde se almacenan recursos dixitais. Poden ser temáticos (se responden a unhas áreas de coñecemento en particular) ou institucionais (responden á producción dunha institución).
Según a 'Guía para la evaluación de repositorios institucionales de investigación', un repositorio institucional de investigación é un "conxunto de servizos prestados polas universidades ou centros de investigación á súa comunidade para recopilar, xestionar, difundir e preservar a súa producción científica dixital a través dunha colección organizada, de acceso aberto e interoperable".

A nivel de Galicia, citaremos os principais repositorios institucionais universitarios, centrándonos no da UDC.

No hay comentarios: