viernes, 30 de mayo de 2008

AS UNIVERSIDADES ADÁPTANSE A EUROPA

Nos últimos días tanto a nivel nacional como autonómico estanse levando a cabo varias reunións co motivo da adaptación das diferentes titulacións ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

O Consello de Universidades formado polos rectores e o Ministerio de Ciencia e Innovación, dirixido por Cristina Garmendi, ratificou o día 28 deste mes os informes da
Axencia de Calidade (ANECA), despois dos cales se abrirá un periodo de reclamación. As 138 titulacións xa aprobadas pola Aneca serán as primeiras carreiras adaptadas a Europa que se poderán estudiar en España a partir de setembro.

Desas 138 titulación aprobadas, 5 títulos pertencen as universidades galegas. No vindeiro curso 2008-2009 entrarán en funcionamento na Universidade de Santiago de Compostela os graos de Ciencia Política e da Administración e Matemáticas; na Universidade da Coruña, Socioloxía e Terapia Ocupacional e na Universidade de Vigo, Belas Artes.
Por outro lado, dos 57 títulos rechazados 52 pertencen a universidades privadas.

Este proceso terá que estar totalmente implantado no 2010, para iso nas súas propostas teñen que xustificar os contidos que estudiarán os alumnos e o que terán que saber cando rematen, os profesores dos que dispoñen e os medios materiais cos que contan, ademais dos seus obxetivos de resultados académicos, e os procedementos para garantir a mellora do profesorado.

No referente as universidades galegas, celebrouse unha reunión entre a Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón e o secretario de Estado de Universidades, Marius Rubiralta onde se abordou o proceso de adaptación ao EEES, o finanzamento das universidades (que superará o 1% do PIB) e as novas liñas estratéxicas do novo Ministerio de Ciencia e Innovación. A Conselleira tamén mencionou que no 2007 o Consello Galego de Universidades xa aprobou o documento de Liñas Xerais para a implantación de Estudos de Grao e Posgrao no Sistema Universitario de Galicia, co obxetivo de marcar as pautas para o tránsito ao novo escenario europeo. E destacou que as universidades galegas xa están traballando na adaptación de 75 titulacións para o curso 2009-2010.

No hay comentarios: