viernes, 16 de mayo de 2008

ESPECIAL DE EL PAÍS SOBRE AS LETRAS GALEGAS

¡El País vístese de largo! co motivo do día das letras galegas publica o suplemento "Luces, Día das letras" co título "A literatura galega baixo o foco" donde diferentes autores dan a súa visión sobre a situación da lingua e literatura galega neste intre.
As aportacións corren a cargo de: Manuel Rivas, Dolores Vilavedra, que nos fala da nova novela e rebate as teses de Vicente Verdú sobre ese asunto; Emilio Pérez Touriño, cita o ano 1963 como hito nas letras galegas con tres acontecementos: a Biblioteca Penzol, o renacemento de "Grial" e a creación de Edicións do Castro.
Do artigo de Suso de Toro, co seu habtual optimismo, facemos unha escolma: " De emigrar pasamos a recibir emigrantes e a sermos envexados por estar na Europa"; "Sen entrar a valorar o resultado artístico, podemos gabarnos de termos conseguido entre todos un público lector real, que fai da Galiza unha comunidade lectora de literatura por riba da media. Os escritores galegos temos lectorews, e libreiros, por riba da media. E cun mérito por riba da media".
Tamén escriben o socio de Xosé María, Darío Xoán Cabana, un artigo ilustrado con imáxenes da web que a UDC ten ao homenaxeado, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, o periodista Xosé Manuel Pereiro, Julio Fernández Gayoso, Henrique Monteagudo e Cesáreo Sánchez Iglesias.
Non podemos deixar de mencionar a extensa entrevista feita á conselleira de cultura Ánxela Bugallo, que destaca "o excelente momento que atravesa a cultura galega", ainda que tamén nos dí que as bibliotecas que funcionan semellan afastadas do concepto moderno de biblioteca.

No hay comentarios: