lunes, 19 de mayo de 2008

LA VOZ DE GALICIA

O periódico decano da prensa hispana únese tamén á celebración do Día das Letras Galegas, e no seu suplemento Culturas do sábado 17 publica cinco páxinas cunha escolma de obras para conmemorar o 17 de maio.
Os libros son os seguintes: "Eume", de César Antonio Molina; "Obra dramática", de Francisco Taxes; "A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos", de Washington Irving; "Amote", de Xosé Carlos Caneiro; "Santa Matriusca", de Iria López Reixeiro; " Minimaladas", de Carlos López; un clásico: "Memorias dun neno labrego", de Xosé Neira Vilas; "Nos dominios da incerteza", de Manuel Blanco Desar; "Pé das Burgas", de Francisco Álvarez de Nóvoa; outro clásico noso: "Herba aquí ou acolá", de Cunqueiro; "Palabras contadas", de Camilo Franco; "Os ollos de K", de Antón Riveiro Coello; "Sextinario", de Marica Campo; "Arrabaldo do Norte", a primeira novela de Ferrín; "A melancolía dos corpos", do poeta veterano Xulio L. Valcárcel.

Os autores da proposta son: Ana Abelenda, Sandra Faginas, Ramón Nicolás, Xosé Carlos Caneiro, Anxos Sumai, Inma López Silva, Diego Ameixieras, Xurxo Borrazás, María Canosa, César Casal, Tucho Calvo, Miguel Sande, Xesús Fraga, Camilo Franco e Ramón Loureiro. Un pouco endogámica semella.

No hay comentarios: