martes, 17 de junio de 2008

BLACKWELL SYNERGY JOURNALS TRASLÁDASE A WILEY INTERSCIENCE

A partir do día 1 de xulloBlackwell Synergy fará un baleirado de todo o seu contido na plataforma Wiley InterScience. Durante o fin de semana do 28 e 29 de xuño os accesos ás revistas de Wiley e de Blackwell non estarán dispoñibles debido á migración do seu contido.

Todo o contido de Blackwell Journal, incluídos os últimos números, arquivos e números que son publicados en liña antes que impresos, estarán dispoñibles en Wiley InterScience, que engadirá todos os artigos a texto copleto html e pdf. O contido dos libros electrónicos de Blackwell en Wiley InterScience xa están dispoñibles na web de Wiley. A integración inicial do contido de ambas plataformas permitirá buscar en 5.000 libros online e 2 millóns de artigos en máis de 1.400 reivstas nunha soa páxina.Engadiranse novas materias ás disciplinas de Wiley co fin de que os usuarios poidan navegar por temas, buscar resultados por materias e filtrar listas de títulos como xa o poden facer agora, pero coa adición das materias en ciencias sociais, humanidades e outras disciplinas porfesionais de Blackwell.Esta fusión das dúas plataformas non provocará ningún problema para o usuario xa que as Url's de Synergy redireccionarán automaticamente hacia o contido de Wiley InterScience.Como plan de lanzamento para a nova plataforma teñen previsto unha nova xeración de servizos de revistas, libros, obras de referencia, bases de datos e outros recursos Wiley-Blackwell dende principios do 2009, que incluirá as mellores características das actuales plataformas e moitos máis servizos que permitirá entregar unha maior capacidade de publicación para o futuro cliente.

No hay comentarios: