miércoles, 20 de agosto de 2008

RANKING WEB DE UNIVERSIDADES DEL MUNDO

Dende o ano 2004 publícase o Ranking Web de Universidades del Mundo, iniciativa do Laboratorio de Cibermetría pertencente ao CSIC. A presencia web mide a actividade e visibilidade das institucións que é un bo indicador do impacto e prestixio das universidades. O seu fin é apoiar as iniciativas "Open Access" e promover o acceso electrónico ás publicacións científicas e a todos aqueles materiais de tipo académico.

Os datos web son moi útiles para clasificar as universidades porque non só están baseados no número de visitas ou diseño das páxinas, senón tamén teñen en conta a calidade e impacto das universidades. Posúe unha cobertura maior que outros rankings parecidos, non só conta cos resultados de investigación senón que tamén usa outros indicadores que reflexan mellor a calidade global das institucións académicas e de investigación do mundo enteiro. Pretende motivar tanto a institucións como a docentes e investigadores a ter unha presencia na web que reflexe de forma precisa as súas actividades.
Dentro de este ranking de 4.000 universidades as americanas ocupan os primeiros postos, sendo o primeiro o Instituto de Tecnología de Massachussets (MIT), seguido das universidades de Harvard e Stanford. En canto ás europeas sobresae Alemaña por número de universidades entre as mellores, pero son as británicas como Cambridge as que ocupan os primeiros lugares.
Nos 500 primeiros postos encontránse 25 universidades españolas, a primeira delas é a Universidad Complutense de Madrid no posto 140, a de Vigo e Santiago de Compostela tamén se sitúan nesta franxa, mentras que a Universidade da Coruña sitúase no posto 583.

No hay comentarios: