viernes, 10 de octubre de 2008

FINANCIACIÓN E INVESTIGACIÓN NAS UNIVERSIDADES

Nos últimos días saíron distintas noticias na prensa e en blogs que trataban os temas da financiación e da investigación nas universidades españolas.
Estas noticias poñen de relieve a situación das universidades nos rankings mundiais, pero tamén podemos observar as diferenzas que hai duns a outros.

Na primeira noticia que lemos en El País, "La falta de competitividad de los centros superiores", vemos como nos rankings internacionais, da Universidade de Shangai ou Times Higher Education QS World University Ranking, a primeira universidade española que aparece é a Universidade de Barcelona, isto é debido á escasa producción científica que se fai nas nosas universidades, á opinión de especialistas internacionais sobre cada unha das universidades, a súa imaxe internacional ou a cantidade de premios nobel que hai entre o seu profesorado. Pero o problema non é só español, senón europeo, xa que entre as mellores 20 universidades do mundo soamente hai dúas europeas.
Noutro artigo, do mesmo diario, publicado por Carlos Pajares, "Financiación de la universidad", expón principalmente a financiación á investigación da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta universidade destinou casi un 30% do presuposto á actividade investigadora, sendo este un bo indicador da calidade da universidade, que a sitúa entre as cinco mellores españolas e ao nivel de boas universidades europeas. Outro indicador da calidade é o número de periodos de actividade investigadora evaluados e aprobados polo seu profesorado. Neste caso, sitúase nos primeiros postos das universidades españolas en canto a número de periodos aprobados por profesor, todos estes parámetros amosan que esta universidade é unha institución dinámica con equipos prestixiosos e competitivos.
Como vemos a financiación vai ligada á investigación, cantos máis cartos haxa para investir nas universidades maiores serán os traballos que se levarán a cabo, por eso non se entende como en algunhas comunidades, neste momento de crise, unha das primeiras institucións en sufrir recortes presupuestarios sexa a universidade.
Seguindo nesta línea, atopamos no blog "As corredorias da ciencia", un post donde se informa dun novo índice, publicado no último número da revista internacional Social Indicators Research, para avaliar cualitativamente as universidades públicas desenvolvido polos investigadores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Santiago de Compostela. Este novo índice ten cinco grandes áreas, docencia, investigación, servizos, movilidade internacional dos estudantes e posgrao; neste novo ranking a USC sitúase no quinto posto, no mentras que no ranking Iberoamericano de Instituciones de Investigación (RI3)referente á producción científica publicada nas bases de datos de Thomson- ISI entre os anos 1990 e 2005, aparece no sétimo posto.
Cada vez máis estes rankings teñen maior importancia para a visibilidade das universidades, a súa financiación e posterior reflectir na producción científica.

No hay comentarios: