viernes, 30 de abril de 2010

Guías e titoriais na Biblioteca Dixital


O Servizo de Información e Coordinación renova na páxina web da Biblioteca Universitaria da Coruña os recursos destinados a facilitar o uso das bases de datos da súa Biblioteca Dixital.

No índice alfabético podedes atopar da man de cada epígrafe as iconas que vos remiten a guías de uso e titoriais. Estas amosan as pecurialidades de cada base de datos que non se desenrolan nas opcións de axuda de carácter xeral das plataformas. Por exemplo as guias de ASFA , de Business Source Premier, Proquest Dissertations & Theses, Quantor Total ; e os tutoriais de Cinhal, LION ou Tirant on Line, etc...

Algunhas plataformas proporcionan unha amplia oferta de guías específicas como CSA , EBSCO , e de titoriais e cursos en línea como é o caso de ISI Web of Knowledge , outras incluso a consulta a un experto como Engineering Village.

Encabezando cada epígrafe mantemos a información sobre cada recurso i

O resultado das vosas buscas no universo da información electrónica resultará exitoso canto máis coñezades os mecanismos e as utilidades que proporcionan os portales de acceso a dita información, de tal xeito que estos recursos constitúan un instrumento valioso para o voso traballo.

A idea é incrementar o uso do corpus electrónico que conforma a nosa Biblioteca Dixital e conquerir ratios millores de coste/eficacia, proporcionando un servizo de calidade.

No hay comentarios: