viernes, 11 de marzo de 2011

SCOPUS


A suscripción á plataforma Scopus, asentada na editora Elsevier, foi renovada para as universidades galegas, despois de mais de un ano si acceso, e con moito interés por parte do PDI.
Como a plataforma ten tido moitos cambios nos últimos meses , persoal de empresa virá á UDC para impartir cursos de formación. Estos faránse o día 18 de marzo en horario de mañán e tarde e con sesións para PDI e para os bibliotecarios.
A demanda é importante e xa o primeiro día se curriron as 40 prazas ofertadas, polo que se ampliou o aforo a 60 persoas. Si fora necesario se buscaría un aula maior para dar acceso a todos os interesados.
SciVerse Scopus ofrece o acceso a máis de 18.000 publicacións científicas, técnicas, médicas e de ciencias sociais procedentes de 5.000 editores internacionais. Preséntase como a maior base de datos individual de resumos e citas xamais construída. Máis completa que calquera outra base de datos xa existente, ofrece un acceso interdisciplinar a máis de 36 millóns de rexistros dende o ano 1823, incluíndo referencias citadas dende o ano 1996 en diante. Actúa, polo tanto, como un sinxelo e único punto de acceso para os usuarios, ofrecendo a porta máis rápida de acceso ao texto completo dos artigos de investigación.

No hay comentarios: