viernes, 6 de mayo de 2011

REFWORKS 2.0


Refworks xa se atopa na súa versión definitiva, ainda que van seguir coexistindo as dúas versións o que resta do ano. Dende a biblioteca
da UDC xa pedimos o acceso dual para os nosos usuarios; que temos dende o luns día 2 de maio.
Os usuarios entrarán en Refworks pola versión clásica, pero terán un botón na marxe superior dereita para poder usar RefWorks 2.0.
Write N Cite e RefGrab-It son as únicas ferramentas que seguirán a ver na versión clásica, pois actualizaranse máis adiante, durante este ano.
O acceso a Refworks 2.0 permite utilizar ás carpetas e a toda a información que xa tiñamos, e a integración con la Plataforma Proquest é completa.
Podedes encontrar máis información na web de Bugalicia e no sitio da empresa,onde dispoñedes de guías, presentacions e seminarios web

No hay comentarios: