viernes, 18 de mayo de 2012

Libros electrónicos na UDC

A pesares da incerteza que xenera o libro electrónico, que actualmente só supón un 1% do mercado editorial en España, a Biblioteca da UDC, tras unha primeira incorporación de obras de referencia en formato electrónico e unha selección temática deste tipo de material, vén de engadir á colección de libros electrónicos e revistas electrónicas xa existente, e ao catálogo, 92 libros electrónicos que estaban en papel e que son bibliografía recomendada, facilitando desta maneira a súa difusión a través da plataforma virtual de ensinanza Moodle. É destacable a relación da Biblioteca coa editorial galega Netbiblo, de obras científico-técnicas de todas as áreas de coñecemento en castelán, galego e inglés, cuxa actividade se desenvolve fundamentalmente no ámbito universitario e profesional, esta editorial publica obras de moitos profesores e investigadores da UDC, o que axuda á maior visibilidade da Institución. Estase a manter contacto con outras editoriais como Deusto, Bosch e McGraw-Hill para aumentar a nosa colección dixital nun futuro próximo. Esta aposta polo libro electrónico é unha mostra do apoio da UDC aos novos modelos de consumo de información.

No hay comentarios: