lunes, 11 de junio de 2012

Lecturas para o verán 2012


Unha das misións da Universidade da Coruña é a formación dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Por iso desde a Biblioteca queremos impulsar esta misión recomendándovos que aproveitedes este verán para ler. No Facebook da Sección de Información e Coordinación puxemos e colgaremos diversas suxestións; tamén podedes buscar algún libro concreto no catálogo da Biblioteca da UDC, ou botar unha ollada nas seccións BIC (Biblioteca de Interés Cultural) das bibliotecas dos centros, nelas atoparedes lecturas para todos os gustos, como novelas, ensaios, guías de viaxe, cómics

No hay comentarios: