viernes, 29 de junio de 2012

Netbiblo, nova colección de libros electrónicos


Neste mes a Biblioteca Universitaria adquiriu a colección da editorial galega Netbiblo en soporte electrónico. Trátase de 350 títulos dos que xa tiñamos 268 en soporte papel, ademais 21 forman parte da bibliografía recomendada das bibliotecas dos centros. Destes 350 libros, 284 están incorporados ao catálogo da Biblioteca da UDC, o resto iranse introducindo paulatinamente.
Podedes consultar todos eles desde a páxina web da Biblioteca, premendo na ligazón "libros electrónicos" ou desde o catálogo (aos que xa están nel). As condicións de acceso son multiusuario (poden entrar varios usuarios á vez), e a súa consulta, copia e impresión respectará as leis de propiedade intelectual vixentes.
Se tedes algún problema para consultar calquera destas obras, por favor, poñédevos en contacto coa Sección de Información e Referencia, no correo electrónico informacion.bib@udc.es ou no teléfono 981 167 000, extensións 5663, 5639 ou 5665.

No hay comentarios: