martes, 22 de enero de 2013

Recomendacións para o acceso ao patrimonio moble de Galicia


O Consello da Cultura Galega vén de aprobar e remitir á Consellería de Cultura as "Recomendacións para o acceso ao patrimonio moble de Galicia"
unha serie de directrices que teñen en conta as recomendacións da Unesco ao respecto.

As medidas propostas estrutúranse en catro liñas de acción para garantir o coñecemento, acceso, sensibilización e profesionalización en relación co patrimonio moble. As principais directrices resumidas son as seguintes:

1.- A elaboración dos instrumentos imprescindibles para o coñecemento do patrimonio moble de Galicia por parte da cidadanía.

2.- Accións para facilitar o acceso ao conxunto da cidadanía, harmonizando as obrigas de preservación e conservación dos bens patrimoniais mobles cos dereitos da cidadanía e tendo en conta a variedade de titulares dos bens.

3.- Accións de sensibilización: medidas que os concellos, as institucións patrimoniais, as asociacións culturais e o sistema educativo deberían tomar para que a cidadanía incremente a percepción sobre os valores -identitario, cultural, social e económico- que os bens culturais mobles representan para a nosa Comunidade. Preténdese que as accións propostas cheguen a toda a cidadanía, valorando o potencial das actuais tecnoloxías da información e a comunicación.

4.- Profesionalización da xestión do patrimonio: importancia da formación universitaria e da formación continua das persoas que traballan en actividades relacionadas co patrimonio moble para unha xestión adecuada dos bens patrimonais.


Máis información na páxina do Consello da Cultura Galega.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

We [url=http://www.onlinecasinos.gd]online slots[/url] have a large library of utterly free casino games as a replacement for you to play privilege here in your browser. Whether you want to procedure a mesa encounter plan or just try exposed a few late slots before playing in the direction of real filthy lucre, we possess you covered. These are the claim verbatim at the same time games that you can engage at veritable online casinos and you can part of them all quest of free.

Anónimo dijo...

top [url=http://www.001casino.com/]free casino games[/url] coincide the latest [url=http://www.casinolasvegass.com/]casino online[/url] unshackled no set aside bonus at the foremost [url=http://www.baywatchcasino.com/]casino bonus
[/url].