lunes, 17 de febrero de 2014

Xestión dos datos abertos de investigación (open data)


Como xa indicamos noutras ocasións, os datos abertos son datos xerados durante os proxectos de investigación, e a través do programa marco de investigación e innovación da Unión Europea Horizonte 2020, preténdese mellorar e maximizar o acceso e a reutilización destes datos.

Segundo o informe “La conservación y reutilización dos datos científicos en España. Informe del grupo de trabajo de buenas prácticas”, realizado pola FECYT, unha xestión adecuada dos datos require polo menos o seguinte:
  • Políticas, a nivel de axencias de financiamento e institucionais, que definan os papeis e as responsabilidades dos distintos actores.
  • Recursos financeiros a longo prazo, xa que os datos son acumulativos e se preservan.
  • Recursos humanos especializados (para xeración de datos, explotación e preservación).
  • Infraestruturas coordinadas para garantir a súa interoperabilidade. Entre os requisitos das infraestruturas destacar: preservación, acceso, data curation, data processing, distribución. Para isto son necesarios unha formación adecuada, equipamentos, sistemas de almacenamento masivo de datos e redes de alta capacidade.
  • Cambio cultural nos actores involucrados: investigadores/creadores de datos, universidades e centros de investigación, repositorios institucionais, centros de datos, xestores de datos, usuarios que reutilizan os datos, axencias de financiación, editores de publicacións científicas.
A responsabilidade da xestión dos datos corresponde aos investigadores, ás bibliotecas, aos servizos informáticos e ás institucións en xeral. A creación dos datos corresponde aos investigadores, pero a xestión do ciclo vital corresponde aos xestores da información, é dicir, a bibliotecarios especializados. As institucións deben proporcionar o soporte técnico e organizativo, facilitando un modelo de plan de xestión de datos que permita: atopar e comprender os datos cando se necesite utilizalos, garantir a continuidade do proxectos, evitar duplicidades, validar os resultados, compartir, potenciar a visibilidade se é depósito en aberto e o prestixio da investigación ao citar os datos.

É importante destacar que a xestión dos datos de investigación debe realizarse durante todo o proceso investigador: antes da creación dos datos, durante a súa creación e uso, e a través do seu ciclo de vida.

Para saber máis sobre a xestión destes datos, a Asociación Española de Documentación e Información SEDIC, realizará en marzo un curso en liña titulado Gestión de datos científicos: RDM research data management.

No hay comentarios: