Rematado o repaso aos recursos de pago, pasamos a falar
agora dos recursos
gratuítos integrados por webs de apoio á aprendizaxe e á investigación,
materiais de interese para todas as disciplinas e para materias concretas,
todos eles dirixidos ao estudantado e ao persoal docente e investigador.
- Apoio á aprendizaxe contén:
- Recursos de información por áreas, guías por categorías (de recursos electrónicos e de ferramentas como RefWorks, etc.) e outros catálogos.
- Servizos de apoio con información sobre técnicas de estudo, guías para elaborar e presentar un traballo académico, ligazóns sobre formación, bolsas, currículo e emprego.
- Apoio á investigación contén:
- Recursos
de información por áreas, guías por categorías (de recursos electrónicos e
de ferramentas como RefWorks, etc.) e outros catálogos.
- Servizos
de apoio con información sobre propiedade intelectual e dereitos de autor,
como publicar, como difundir as publicacións, a publicación científica e a súa
avaliación, como editar unha revista científica, sesións formativas, …
- Recursos xerais contén: ligazóns a mapas; bibliotecas virtuais; boletíns oficiais; buscadores; congresos; directorios e catálogos de bibliotecas; enciclopedias, dicionarios e tradutores; normas; patentes e marcas; prensa; e teses de doutoramento.
- Recursos por materias contén: webs multidisciplinares e das ramas de artes e humanidades, ciencias, ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas, e enxeñaría e arquitectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario