viernes, 23 de enero de 2015

FIADOR (I): AS GUÍAS TEMÁTICAS


Esta semana integramos no sitio web da Biblioteca da UDC as Guías Temáticas (Fiador), elaboradas polos bibliotecarios da Universidade coa ferramenta open source SubjectsPlus, elixida e implementada polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (CBUG- bugalicia) para a organización dos recursos electrónicos das tres universidades galegas.

Fiador estrutúrase sobre dous elementos fundamentais: as Guías e os Recursos.  

Páxina de busca de guías


Os bibliotecarios especializados das distintas bibliotecas da UDC encargáronse de seleccionar os recursos electrónicos de todo tipo (bases de datos subscritas pola BUDC, recursos web, materiais en acceso aberto) máis importantes e valiosos nos ámbitos científicos aos que se extende a súa colección: resultado de dita selección son as Guías.


Exemplo de guía

As páxinas que Fiador dedica a cada Guía organízanse en: Cabeceira, Lista dos elementos seleccionados agrupados por tipo de recurso, información da biblioteca e datos dos bibliotecarios especializados na materia e outros cadros (de procura, información, consultas e suxestións).

Pero as Guías compoñense fundamentalmente de Recursos; deles falaremos no seguinte post.


No hay comentarios: