As primeiras bibliotecas dixitais xorden como resultado dos proxectos de dixitalización (para a preservación e difusión) dos fondos antigos das bibliotecas nacionais.
Primeiras iniciativas illadas:
Bibliotecas dixitais nacionais:
- A Biblioteca Nacional de España reuniu o resultado de todos os seus proxectos de dixitalización na Biblioteca Digital Hispánica que incorpora máis de 134.000 títulos.
- Gallica é a biblioteca dixital de Francia, dependente de la BnF, que permite o acceso a máis de 2 millóns de documentos.
- A Biblioteca do Congreso reúne nunha opción do menú principal o acceso ás súas 224 coleccións dixitais
A partir das coleccións das bibliotecas nacionais desenvolvéronse iniciativas a nivel europeo, estadounidense e mundial que agrupan as bibliotecas dixitais de cada país; portais que recollen ficheiros de metadatos con referencia á obra na biblioteca orixinal.
- Europeana, colección de 30 millóns de documentos provenientes de 2300 institucións, continúa o proxecto TEL (The European Library); non só agrupa obras escritas dixitalizadas, senón que abarca tódalas artes, ao conter obxectos dixitais como reproducións dixitais de cadros, fotografías, documentos de arquivo, vídeo, música, etc. Os grandes museos e fundacións (Rijksmuseum , Museo del Prado, Louvre, Thyssen) figuran entre os seus provedores de obxectos dixitais. TEL, con 10 millóns de exemplares, é o seu maior provedor, seguido de Hispana.
- Digital Public Library of America, conxunto de bibliotecas e institucións de EE.UU.
- Biblioteca Digital Mundial (creada pola Biblioteca do Congreso e a UNESCO; en funcionamento desde 2009), reúne obras de todo o mundo.
Cumpren funcións análogas ás de Europeana nos seus respectivos ámbitos
como agregadores de contidos das bases de datos
de coleccións dixitais:
- Hispana (2009), ofrece 5 millóns de obxectos dixitais de 512 repositorios.
- Galiciana , xestionada pola Biblioteca de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario